AA DE VV DE MACENDO

Con escasa asistencia de socios, celebrou asamblea, a Asociación de Veciños da parroquia de Macendo. Non se da lectura a acta da sesión anterior.

 

http://macendo.blogspot.es/img/asociaciones003.jpeg 

 Os veciños de Señorín consideran que non poden organizar as festas de agosto por ser poucos. Acórdase formar unha Comisión de veciños de varios pobos, en total oito, que se encargarán de recaudar as cuotas.

 

A continuación o Sr. Tesoreiro, pasa fotocopias, detallando gastos e ingresos das pasadas «festas do xarrete».

 

http://macendo.blogspot.es/img/asociaciones004.jpeg 

 

Por último no capítulo de «Rogos e preguntas» un socio expón a necesidade e dificultades para ampliar a entrada dende a carretera a pista que leva a Igrexa Parroquial.

 

Un veciño de Albín expón a urxencia de colocar sinales no pobo que indiquen a dirección cara a Vide -hai moitos despistados, tamén outras sinales que indiquen limitación de velocidade, xa que pasan a ras das vivendas «lanzados». Tamén facer un estudio, para  unha entrada de vehículos na «Moreira» e outros, pois so se pode pasar a pé.

Tamén explica que débese apoiar, por esta Asociación, a iniciativa do Párroco, para rehabilitar o retábulo da Igrexa Parroquial, que se encontra moi deteriorado. Os asistentes non mostraron moito interés.

 

Por último un veciño de Señorín solicita varia melloras para o seu pobo.

 

LUIS  DE  ALBÍN.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

53 + = 60