CUQUEIRA

A  C U Q U E I R A

Mírase o pazo de Ourantes,  a Cabadiña, o Olivar, Alongos, Arrabaldo, a torre de Macendo, mais perto o Priorato (de Prado), da Granxa, Ramiras no seu coto, e o pé a Casa Nova…

OTERO PEDRAYO.


AS  BODEGAS DOS “MONTAÑESES”


O viño foi ata fai pouco un
complemento diario nas comidas das xentes tanto no rural, como nas vilas e
cidades. Para a xente do campo, que realizaba grandes esforzos físicos no seu
traballo diario, o viño era unha fonte de calorías necesaria. Pode ser esta a
razón, entre outras, de que os veciños “da montaña”, os monxes dos mosteiros e
outros que tiñan posibilidade, tivesen en propiedade ou en arrendo unhas viñas
e tamén unhas bodegas para facer e conservar o viño ó longo do ano.


Lugares onde “os montañeses”
tiñan a viña e a bodega, hoxe esborralladas, eran moitos: Pousada, Tallón,
Albín… tiñan 2-3 metros de fachada por 4-6 de fondo, pequenas  bodegas e pequenas viñas, que viñan a
traballar de cando en vez. Cando a vendima viñan en carros, collían grandes borracheiras
e andaban dando tombos… supoño que parte deles…


O “Rúa” de Ramiras, o “Lebres” de
Carballal, o Sr. Jocito de Carballal, o Eloy, os “Requetés” de Valdaríz, O
“Albañil” de Carballal, O Nabor e o Máximo da Bouza, os “Pitoxos” na casa
grande de Pousada, o “tío Caballero” de Cartelle, que tiña casa e bodega en
Albín, o Sr. Xosé “O Carallás”.


Máis onde se daba máis esta
situación era no val da Cuqueira. Fálase de que había alí 112 bodegas, outros
fan unha rebaixa a 80, case todas moi pequenas, as dúas máis grandes eran as da
familia dos “Campantes”. Unha parte delas perdéronse o facer a  carretera, e a maioría están esborralladas.
Como dixemos para a parroquia de Macendo, aquí tamén había moitas pequenas
viñas e bodegas “dos montañeses”, do Carballal, Seara, Sanguñedo, Vilar de
Vacas, Vagullo, Cartelle, Valdaríz, Bouza, e tamén moitas dos das Bouzas e
Prado. Na Cuqueira había  tamén algunhas
vivendas.


A  VENDIMA NA CUQUEIRA

Vendimiar vendimiadores, na vendima do meu pai

O viño vai na cabaza e o pan na cestiña vai

CANTIGA POPULAR.


O longo do ano os donos ían a
facer as faenas da viña: poda, rodriga, cava, renda, sulfata e levando a volta  viño para a casa. Máis as maiores lembranzas
da Cuqueira veñen sempre polas  vendimas.


Ir a elas era unha romaría. Viñan
os “montañeses”  cas familias enteiras
cos nenos percorrendo os camiños cos burros e carros cargados de palla, pasaban
entre outros camiños polas Bouzas, ían polo camiño que pasa o pe do regato, a
esquerda deste, que chega ata a Cuqueira, facendo moito barullo, traían música:
acordeóns, gaitas, ía tamén o sardiñeiro. Os rapaces das Bouzas ían a ver o
espectáculo e barullo que facía toda esta xente o pasar.


Estas duraban  5 ou 6 
días, inda que podían durar ata 20. Era unha gran festa, tamén se facía
algunha pequena festa no inverno, cando a había en Prado, tocábanse acordeóns,
comíase noces con viño e outras cousas.


Na Cuqueira facíase a vendima sen
presas, moito non se podía facer si se pasaba boa noite sen durmir.
Cantábase  e botábanse aturuxos a vez que
se cortaban as uvas, pois esta era tomada máis que nada por unha festa. Algúns
tiñan pouco máis que unha silveira, pero pasaban días alí pola diversión, ata
algunhas mulleres estreaban alí vestido novo.


O chegar a noite aproveitábase
para facer cántigas e bailes nas bodegas, -as grandes dos “Campantes”- gastábanse
bromas, como era que nun cesto de uvas meteran ó mesmo tempo, calcando, o pé
dereito un mozo e o pé esquerdo unha moza, que daba lugar a moitas risas.


Tanta xente non tiña onde durmir,
polo que se aproveitaba a parte alta das bodegas e tamén os fallados, os que
podían colocaban no chan unhas vides e enriba palla. Pero era moita xente e os
sitios non chegaban. Homes e mulleres durmían vestidos e apretuxados, armándose
un grande alboroto e “outras moitas cousas”. A mañá había que volver a vendima,
de lavarse, posiblemente non houbera tempo nin ganas.

A NOVELA DE OTERO PEDRAYO AMBIENTADA NA CUQUEIRA


O gran escritor,  historiador e xeógrafo ourensán D. Ramón Otero
Pedrayo, debeu de pasar algúns días nos pobos da comarca, e posiblemente no
tempo da vendima. Escribe sobre a alta torre da igrexa de Macendo, de Souto do
Río, do Pazo e Casa Grande da Cuqueira.


 A novela “La vocación de Adrián Silva”  trata de un seminarista, o que o seu tío
manda para administrar os bens que ten unha marquesa propietaria de viñas e montes
na Cuqueira. Adrián Silva está alí os días das vendimas… esta é a ocasión que
aproveita D. Ramón para contarnos como eran as xentes e os traballos dos
campesiños. Tamén no xornal “La Noche” de Santiago, dedícalle un interesante
artigo A Cuqueira.

Otero Pedrayo, Ramón: “La
vocación de Adrián Silva”. Atalaya de Galicia, ambientada en La Cuqueira con
tema de mediados del siglo XIX, publicada en La Coruña, año 1949.


Aparece comentada en tres
ocasións no xornal “La Noche” de Santiago


14-7-47: artigo de Otero Pedrayo:
Parladoiro. “A Cuqueira”


12-5-50: artigo de Salvador de
Lorenzana, con un amplo comentario-


1-12-56: Arte y Letras: dos
novelas de Otero Pedrayo: “Adolescencia” y “La vocación de Adrián Silva”, tamén
con amplo comentario.


Escolma da
novela “La Vocación de Adrián Silva”


Patio do Pazo da Cuqueira:
lembranza dos antigos patios das casas, ca parra e as portas das bodegas.


Páx. 164.- Entró en un patio cubierto por la parra más suntuosa y
opulenta…  sustentada por una sola cepa,
antiquísima en su poderoso torso viejísimo… Llenaba el patio la fragancia de la
tierra seca de la bodega cuyas puertas acuarteladas se abrían bajo una solana
de balaustres.


Vendima: o antigo dominio dos
parrales nas viñas, as cestas, os culeiros, os carrexóns


Páx. 212.-


A través de los parrales bajos, el ala colorida de las mujeres avanzando… movidos
ascendiendo a las ramas altas, penetrando en la densidad de las las manos
sarmentosas, activas y avaras de las viejas, las fuertes y graciosamente
moldeadas de las jóvenes, formaban una escala de ritmos pámpanos, descendiendo
al suelo a buscar los racimos desplomados y las uvas sueltas en el entramado de
las viejas maderas de las parras… el brotar de los cantos de la vendimia.


Los racimos caían desde la cestillas en los grandes cestos (culeiros)… que
los hombres esperaban ver llenos que, despues de alzados a sus hombros,
llevaban con un paso rápido y medido hasta la bodega, relevándose de tiempo en
tiempo.


Lagar: alumeado con candiles, os
pisóns, o mosto pasa do lagar de pedra, o pilón e logo a cuba


Páx. 232.- El amplio lagar de recios estantes pétreos, alumbrado por varios
humosos candiles de aceite… era en aquella noche teatro de una representación
antigua, litúrgica … la masa de racimos blancos, dorados y cenizosos,
carretados desde la viñas en los grandes cestos “culeiros” de boca ancha de
crátera, se tendía en grueso, fragante y blando estrato pisado ritmicamente en
tiempos de danza… desnudas las piernas hasta medio muslo, la gracia del racimo
se iba volviendo masa… afinada y acrecida en el pataleo de los hombres, que
para no perder pie se agarraban a cuerdas pendientes o se cogían entre ellos
iniciando grotescas parejas. Poco a poco se a acreció un rumor de líquido. Los
caños del lagar abierto caían en el pilón de la bodega inmediata del que era
transportado el mosto, groseramente fragante el ollas y calderos a las bocas
abiertas de las grandes cubas arcadas de roble.


Traballo das viñas e o medio de
transporte


Páx. 234.- ¿Que sería el mundo sin nosotros los “ribeirans”?… nosotros
podamos, cavamos, binamos, atamos y cuidamos las cepas, atendemos as sueño del
vino y cuando está en lo mejor, nuevo, fresco, se lo llevan los señores para
sus mesas y los arrieros lo carretan  en
pellejos por los caminos de las sierras.


A pesca no el río Miño: outro
modo de alimentos para a xente da Ribeira.


Páx. 213.- No ha perdido el tiempo… viene de buscar los peces para la
comida. Debió levantarse con estrellas.


Páx. 235.- ¡Ánimo “torto” ¿Te vas a asustar de un riacho, tu, pescador de
sábalos en el valiente Miño?.


Priorato: lembranza do Priorato
de Prado, xa desaparecidos os monxes por mor da desamortización. Os monxes
fixeron unha canalización desde o fondo do río da Cuqueira, que ía o Priorato.
Pois aquí en Prado, no regato, collíase ouro peneirando á area.


Páx. 222.- Esta casa, antigua granja del Cister, y una de las mejores de la
opulenta corona de Prioratos del Monasterio de Osera, es la última en esta
dirección de nuestra parroquia y la única que disfruta de la vista del Miño.
Floreció y más aún en buenos administradores. Aunque ya las viñas no rinden su
tributo al Monasterio y ya ni este existe… yo he visto salir a carretadas como
si fuera leño y tojo cortado en los montes, la incomparable documentación del
Monasterio…


Pax. 234.-… más lo sientes cuando se te murió la mujer… se la llevaron
cantando responsos los frailes del Priorato.


ALGO DE HISTORIA DA CUQUEIRA


A revista NÓS, define así a
Cuqueira: B. I. cucaria, de cucus, sitio donde abundan los cucos.


En el Boletín de la Comisión
Provincial de monumentos históricos y artísticos de Orense, tomo nº 17, nov.
1900.


Año 1454: …Granja llamada “Pousa
da Cuqueira”.


En Documentos históricos. Notas a
marxe,  léese:


“Los documentos que se insertan
dieron lugar a protestas y ruidosos pleitos, tramitados en la Audiencia de
Galicia Valladolid, tomando en ellos contra el monasterio y frailes de Sta. Mª
de Oseira, el Cabildo de Santiago de Compostela, al condesa de Fefiñanes y el
marqués de Figueroa, sobre pertenecias de la Granja llamada Pousa de la
Cuqueira y coto y barca de Prado, aforada en contrato enfitéutico a los monjes
del Convento aludidos el año de 1474.


La tramitación de este litigio
duró más de dos siglos y formando parte de él, más o menos las familias más linajudas
de la provincia de Orense y del entonces reino de Galicia, además de ás de los
ya citados, los Puga, Temes, Feijoo, Nóvoa, Varela, Villamarín, Sotomayor,  Sarmiento Ozores, Mugueimes, Bahamonde,
Mosquera, Sadoval, Valladares, Condes de Maceda y otros.


No tomo III, lese: “los vinos que
se vendían en Ribadavia, bajaban en carros por la Cuqueira.


Tamén no AHPOU, caja 9845, páx.
40, en demandas y pleitos.. Macendo. Pleito de la Cuqueira.


Memorial ajustado. Madrid 1778.
Pleito entre Baltasar Manuel Pardo de Figueroa, vecino de Pontevedra y como
marido y conjunta persona de Dña. Ana Jacoba de Valladares sobre pertenencia de
la Granja de la Cuqueira, sita en el coto de Prado y el abad y monjes del
Monasterio de Osera… año 1590 y sentencia del 3-3-1595… remata en el año1778…
pide que dejasen y restituyesen al Monasterio de Osera.


Na publicación “La organización
administrativa territorial de la antigua provincia de Orense, a mediados del
siglo XVIII” de Olga Gallego, B. Auriense, anexo 10. Ourense 1988, lese:


“Prado de Miño: coto de Sta.
María: comprende Couso, Laxa, Cal, Lama, CUQUEIRA y Airoa. 43 vecinos,.


Máis información nos la da o
CATASTRO DE ENSENADA, do ano 1752, danos boa información, que levaría bastante
tempo facer, polo que soamente pararemos a estudiar en parte a obra pía da
Cuqueira, pertencente a feligresía de Santo Estebo.


Nomea dúas capelas: Capilla del
lugar de Olleros y capilla de San Antonio.


Obra Pía, según Wiquipedia es una
fundación, generalmente de carácter benéfico, en la que se establecían una
serie de servicios piadosos- obasistenciales sre una base patrimonial, fijando
las condiciones los beneficiarios y el funcionamiento de bienes que pasaban a
formar parte del patrimonio de la iglesia y no se podían enajenar.


O función quedaba case sempre en
que os veciños pagaban unhas coutas e un cura celebraba misas por eles y
posiblemente tivera uns diestros que se cedían os veciños a cambio de unha
parte da colleita.


… Están gravados los bienes de
esta obra pía con la obligación de mandar decir 12 misas rezadas a dos reales
cada una…


Pasamos a copiar algúns:


…en el término, lugar da
Cuqueira, tiene una casa terrena con su lagar, frente 3 varas y media, fondo 5…
cuyo alquiler se regula 10 reales al año.


Francisco González Casas, tiene
casa en el lugar de la Cuqueira, en este dicho lugar de las Bouzas, terrena,
frente 5 varas ,fondo 4 varas. Paga a la obra pía, 6 ollas y un cuartillo.


Otro, casa en el lugar de las
Bouzas y término de la Cuqueira, terrena, paga Obra Pía, 2 ollas y media, 5
azumbres, dos cuartillos y medio de vino y 1 gallina.


Otro, una bodega con su lagar que
tiene en el término de la Cuqueira… frente 7 varas, fondo 9.


Otro, en el término de la
Cuqueira, un tercio de cavadura de viña… en dicho término dos copelos de
hortaliza.


Vamos citar algúns máis: Otro,
paga 3 ollas de vino, otro paga 4 ollas y media de vino, otro, vecino de
Espinoso, 2 ollas, otro, 4 ollas y 2 cuartillos, otro, 1 olla, otro, 1 canado
de vino, otro, una gallina, otro, 4 ollas y una gallina, otro, una olla y dos
gallinas, otro 4 ollas de vino menos 10 cuartillos…


A Cuqueira é hoxe un fermoso val
en bo estado de abandono, que no ten moito sentido xa pola súa beleza e o bo
viño que sae das cepas. Contan que os rapaces das escolar ían a coller alí
polas uvas xa que eran as primeiras que maduraban na Comarca. Vale a pena dar
unha volta por alí.


POR PEDIR QUE NON QUEDE.


O CONCELLO PODÍA E DEBÍA CELEBRAR
A “FESTA DA VENDIMA” NA CUQUEIRA. OS TURISTAS PODÍAN VIR E TRABALLAR TODO O DÍA
VENDIMANDO E PISANDO E  CARREXANDO,  PARA A 
NOITE TER UNHA GAITEIRADA E BOA CENA.

LUIS  DE 
ALBÍN.

 




Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

− 6 = 2