LEMBRANDO

Hoxe é día de facer breves comentarios, sobre acontecementos pasados

 

FESTAS DA ASUNCIÓN E SAN ROQUE

 

http://macendo.blogspot.es/img/fiestasmacendo.002.jpeg 

 

Os veciños do pobo de Ramiras decidíronse a organizalas, seguindo a tradición de que cada ano se toque a un pobo distinto da Parroquia, seguindo unha quenda, que ven de moitos anos atrás. O ano pasado e o vindeiro, levou a responsabilidade e irá levala a Asociación de Veciños, xa que os pobos que lles tocaba, por ser poucos, non se sintiron con forza para organizalas.

 

http://macendo.blogspot.es/img/fiestasmacendo.001.jpeg 

 

Inda que o traballo repartíuse entre tódolos veciños de Ramiras, a decisión e entusiasmo partiu dos mozos e mozas, para que logo digan que os mesmos non queren saber nada das festas. Hai que  darlle oportunidade a xente nova para que a cousa siga.

 

Nas festas pasámolo moi ben.

 

FESTAS DE SANTIAGO E SANTA ANA

 

http://macendo.blogspot.es/img/ermida001.jpeg 

 

Os veciños de Casardeita, Ermida e A Bouza, tiveron a festa anual na honra dos seus santos.

 

http://macendo.blogspot.es/img/ermida005.jpeg 

 

Houbo festa relixiosa con novena, misas e procesións arredor da Capela. A festa laica contou con varias orquestras e unha cea comunitaria.

 

PRIMEIRAS COMUNIÓNS

 

http://macendo.blogspot.es/img/comunion02.jpeg 

 

Temos dous nenos en Albín -un neno e unha nena-, que que moito pedir nestes tempos. As familias dos dous, tiveron a sabía decisión de celebrar a Comuñón conxuntamente na Aira de Albín.

 

http://macendo.blogspot.es/img/comunion03.jpeg 

 

OS ALEGRES COMPOÑENTES DO SERVICIO DE HOSTELERÍA

 

 

Moitos familiares e amigos asistimos as mesmas. Un grupo de gaiteiros, animaron a misa, o xantar e a cea.

 

LUIS DE ALBÍN

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

65 − = 58