TÓDOLOS SANTOS

   http://macendo.blogspot.es/img/cemiterio001.jpeg

Com uma sede maior que a própia sede

Um gesto maior que as maos

Uns pés maiores que os passos

Un ruído maior que o infinito

Ela vem dizirme

…………………………………………………….

 

Morre meu amor

Morre mais que a morte

 

TIAGO NENÉ

 

Lembrando o portugués Armindo, soterrado neste cemiterio parroquial, que morreu fai pouco, pobre, sólo e triste.

 

http://macendo.blogspot.es/img/cemiterio002.jpeg 

 

 

   Con mal tempo de vento e choiva, os veciños de Macendo celebraron as festividades de Tódolos Santos e Fieis Difuntos, limpando as sepulturas do cemiterio, e adornandoas con moitas flores, como ven acontecendo tódolos anos por estas datas.

http://macendo.blogspot.es/img/cemiterio003.jpeg 

 

Tivemos visita de xente que vive fora da parroquia, viviron fai anos aquí, o fillos esta xente, facendo unha visita as sepulturas onde estas os restos dos seus seres queridos.

 

Son días que nos acompaña sempre a tristura,a emoción, lembrando tempos e personas do pasado.

http://macendo.blogspot.es/img/cemiterio004.jpeg 

 

 

 

Fixen fotografías, neste cemiterio parroquial, dos sepulcros labrados por bos canteiros, xa fai anos. Son obras de arte nun traballo díficil, nesta roca dura que é o granito. Quedan poucas en comparanza con outras moitas novas e brilantes, de moi baixa calidade.

 

http://macendo.blogspot.es/img/cemiterio005.jpeg 

 

http://macendo.blogspot.es/img/cemiterio007.jpeg 

 

BUSTO, SEPULCRO E LÁPIDA EN PEDRA NO NOSO SEMPRE QUERIDO CORONEL.

 

LUIS DE ALBÍN

 

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 + 6 =