AUGAS TERMAIS NO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).


AUGAS  TERMAIS NO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO
(OURENSE).

VISTA  DE  CASTRELO



Na Web do Concello de Castrelo de Miño, atopamos información a través de
varios xornais, da intención que ten , -solicitando á Consellería de Economía
e  Industria- de que sexan declaradas
oficialmente para o seu aproveitamento, as augas termais que afloran no solo
deste Concello. Dos catro mananciais que existiron antes da construción do
encoro, á vista quedan dúas, una delas con augas de temperatura superior os
50º, e unha segunda con máis de 30 º C.


Ampliando información pódese dicir que Ourense é unha provincia termal
–tamén hai outras-, dada a grande cantidade de pozas e mananciais que brotan da
terra. Na veira do río Miño –a parte que nós toca- basta con pasar no inverno
polas veiras para ver ás numerosas “fumarolas” que existen.


O aproveitamento das augas quentes é de tempos inmemoriales, os romanos
construíron numerosas termas –principalmente como lugar de relaxo-, parece ser
que o grande aproveitamento destas augas con intencións de sandar foi nos anos
1800 e na 1ª metade dos 1900, logo entraron en decadencia, e parece que na
actualidade volven á recuperarse. 

O xornal «El Lucense» con data 24-05-1889 dice  «FOI  DECLARADO OFICIAL O BALNEARIO DE CASTRELO DE MIÑO».


Como curiosidade sabemos que a parte das augas que entran nos interiores da
Terra, logo de quentarse alí, volven a superficie despois de pasar entre 22 e
27 anos, así o entenden os xeólogos.


Estou seguro que os técnicos do noso Concello esqueceulles meter dentro
desta solicitude á Consellería de Economía e Industria, ás SANADORAS AUGAS
FERRUXINOSAS DA PARROQUIA DE MACENDO, situadas no monte entre os pobos de
Albín-Tallón e Souto. En tempos bebíanas os veciños pois eran “milagrosas” para
os males da próstata.


Por último, a intención deste artigo é dar información –recorrendo a libros
e xornais-, da importancia de ditos mananciais. Ten posibilidades de
ampliación, entre elas pedindo información os veciños que viviron, beberon e se
mergullaron nos mesmos, cando estaban en utilización.



Anos 1846-1850. Damos comezo á
información co “Dicionario de Madoz”. Pascual Madoz foi un importante político
no seu tempo, máis coñecido nos nosos tempos polo seu dicionario,
importantísimo para coñecer a España do século XIX. Nas voces “Castrelo de
Miño” e “Castrelo de Miño (San Esteban)”, infórmanos do poder curativo  das augas e “estar concurridas por muchos enfermos”,
facendo de notar tamén á falta e necesidade de facer un análise das mesmas.


Madoz, Pascual: “Diccionario geográfico, estadístico, histórico de España y
sus posesiones de ultramar (1834-1850)”.


CASTRELO DE MIÑO: ayto. en la
prov. Y dióc. De Orense, part. Jud. de Rivadabia… sit. A la izq. Del r. Miño en
terreno montuoso, con libre ventilación y clima sano.


Brotan en varios puntos aguas
abundantes y exquisitas, que dan origen a distintos arroyos… también se hallan
en las inmediaciones de este r. (Miño) y l. de San Esteban aguas minerales
termales, a propósito para curar ciertas enfermedades, sin que sea posible
marcar sus cualidadaes y efectos por no haberse analizado, y carecer de
facultativp director…


CASTRELO DE MIÑO (SAN ESTEBAN):
felg., capital del ayuntamiento de su nombre…


También se encuentran en las
inmediaciones de San Estaban a orillas del Miño aguas termales concurridas por
muchos enfermos, pero nada vadea, el primero en tiempo de avenidas y el segundo durante el estio…

se puede decir acerca de sus virtudes…


Antiguamente había sobre él
(Miño), un magnifico puente que daba nombre a la jurisd. De Puente Castrelo,
pero en el día únicamente existe una barca de pasaje perteneciente a propios y llamada de Curbillon y Portomiro, porque estos son los nombres de los dos sitios por donde Ano 1883. No xornal “La
Ilustración Católica” aparece un artigo co título “Un rincón de Galicia”,
asinado por J. Ferreiroa, posiblemente un relixioso que está vivindo
temporalmente en Ribadavia, que aproveita á ocasión para tomar ás augas
salutíferas de Castrelo. Fai unha curiosa descrición da viaxe polo río Miño e
da paisaxe “las aguas termales nacen entre peñascos de las formas más
extrañas…”

RÍO  MIÑO ANTES DE CONSTRUIR O ENCORO

15.3.1883. LA ILUSTRACIÓN CATÓLICA


UN RINCÓN DE GALICIA


“Deliciosa villa de Ribadavia…


Había ido a este punto para
visitar las aguas y baños termales de Santa María de Castrelo de Miño, por
cierto en alto grado salutíferas; y en rústica y desmantelada barquichuela me
dirigí a ellos por el camino.


Era una tarde deliciosa de
setiembre. El sol no brillaba en todo su esplendor, velado con frecuencia por
las nubes; pero ¡cuán suaves, poéticos y dulces eran sus rayos¡.


El río camina encajonado por
estrecha garganta formada por montes elevados. A la derecha escasa vegetación,
pocos arbustos, zarzales, tomillos, algunas rosas; a la izquierda peñascos
numerosos, lanzados unos sobre otros, como un caprichoso juego de la
naturaleza… una fantasía de artistas no hubiera imaginado caprichos más
fantásticos…


Antes de llegar a los baños, el
paisaje se hace más agreste; pero luego al saltar a tierra se dilata y
engrandece.


Las aguas termales nacen entre
peñascos de las formas más extrañas, y parecen arrojadas allí por algún Titan
caprichoso que quiso dar muestras de sus colosales fuerzas. A la derecha, en el
declive de la montaña, verdes viñedos entre los que el melocotonero, la higuera
y el manzano muestran sus frutos apetitosos: enfrente la iglesia de Santa María
con su gallarda torre; a la derecha el Río; y más allá extensas vegas de maiz
coronadas por pueblos rientes .


Cuando subimos a la torre de
Santa María, el sol descendía al ocaso, con majestad incomparable en su trono
de oro ¡que soberbio espectáculo¡ el río serpenteaba por entre fértiles vegas
como serpiente perezosa que lentamente se arrastra a su,  nido…”

AUGAS   TERMALES

Ano 1885. O xornal “Eco de
Galicia” nomea os establecementos balnearios de Galicia, e entre eles sitúa ó
de Castrelo.


1885. ECO DE GALICIA


“A prensa rexional aplaude o nomeamento do enxeñeiro de minas D. Antonio
Elezegui para o estado das augas minerais da Galiza……


Non son os establecementos balnearios de Mondaríz, A Toxa, Caldas de Reis,
Carballo, Arteixo, Lugo, Cortegada, Carballiño, Baños de Molgas, Sousas,
Caldeliñas, Cuntis, Caldelas de Tui e outros oficiais, os que mellores
condicións terapéuticas conteñen, calquera que coñeza e teña estudado ou
analisado mananciais de Castrelo de Miño, Guitiriz, Lucio, Cañas estará
convencido  de que nada teñen que envexar
dos primeiros…”



Ano 1886. O xornal “Eco de
Galicia” envía máis información “edificación dunha fonda no balneario de Santa
Mª de Castrelo de Miño…”, o que parece dicir a existencia de abundantes
bañistas e tamén a importancia salutífera das augas.

12.6.1886. ECO DE GALICIA.


FONDA PARA BAÑISTAS EN SANTA MARÍA DE CASTRELO DE MIÑO.


“En todo o presente mes rematarán as obras de edificación dunha fonda no
balneario de Santa María de Castrelo de Miño (Orense), onde os bañistas que
acudan a procura de alivio ás súas doenzas, nas saudabeis augas, atoparán todo
xénero de comodidades.



Ano 1887. Seguindo co “El Eco de
Galicia”, fai unha relación das augas minerais de Galicia, e no se esquece das
“aguas nitrogenadas de Castrelo de Miño”


20.8.1887. EL ECO DE GALICIA.


EL PAÍS GALLEGO.AGUAS TERMALES.


“Nada hay comparable a la riqueza de las aguas minerales de este país. La
memoria recuerda que en Galicia existen y se explotan los siguientes
manantiales:


Aguas sulfuradas sódicas en Carballino, Partovia, Caldas de Cuntis,
Carballo, Cortegada y Lugo.


Aguas cloradas sódicas en Arteijo y La Toja.


Aguas cloradas sulfurosas en Caldas de Reis y Caldas de Tuy.


Aguas bicarbonatadas sódicas en Molgas, Mondaríz, Sousas y C

24.05.1889. No xornal “El
Lucense” fáise un fermoso comentario sobre a paisaxe “para contemplar as
pintorescas paisaxes de aquel fermosisimo país, regado polo miño e dotado dunha
natureza uneca” e das curacións “tendo xa sandado a varios atacados pola tuberculose
ou picuresia e a cantos padecen afecións pulmonares…”. DECLARACIÓN OFICIAL DO
BALNEARIO DE CASTRELO DE MIÑO.


24.5.1899. (Balneario). EL LUCENSE. Páx. 3


Escreben de Castrelo de Miño, na
provincia de Ourense, participando que se descubriron hai pouco, uns manancial
naquel distrito, cuxas augas segundo o analise practicada, son mui superiores
as renomeadas de Panticosa, tendo xa sandado a varios atacados pola tuberculose
ou picuresia e a cantos padecen afecións pulmonares, sexan daquela ou de outra
clase.


Feitas todalas xestións que
comprían foi declarado oficial o Balneario de Castrelo de Miño, a onde
concorren moitos auguistas, xa para recuperar a súa saude perdida en parte e xa
para contemplar as pintorescas pausaxes de aquel fermosisimo país, regado polo
Miño e dotado dunha natureza uneca. Con tal motivo, os que non viron da Galiza
mais que algunhas bisbarras, terán ocasión de vixiar as fértiles e encantadoras
terras do Avia, aproveitando a prosimidade de éstas ao Balneario de Castrelo de
Miño inmediato a estación de ferrocarril de Ribadavia.


Seá esta unha fonte de riqueza
para aquelas bisbarras?.

POZAS NA ACTUALIDADE

Ano 1900. No “Boletín de Medicina
y Cirugías” encontramos un detallado análise das “augas e baños de Castrelo de
Miño” feito polo Dr. Areses. E de notar que non só son augas de bebida senón
que había charcas e baños para mergullarse, e tamén a alta temperatura das mesmas.

15.3.1900. BOLETÍN DE MEDICINA Y CIRUGÍAS Nº 11.


TEMA: Análise das augas do balneario de Castrelo de Miño.


TEXTO: Augas e baños en Castrelo de Miño.


ANÁLISE: Dr. Areses.


“!Gases que se desprenden espontaneamente: Nitróxeno 92,1 volumes –
Hidróxeno  sulfurado 2,50 – Ácido
carbónico 3,40.


Sustancias fixas nun litro de auga: sulfuro sódico 0,0050 gramos – sulfuro
ferroso o,0020 – cloruro sódico 0,0985 – sulfato sódico 0,0375  – sulfato potásico 0,0060 –carbonato cálcico
0. 0870 – ácido silícico 0,0040 – sustancia orgánica 0,0175.


Temperatura: 18º, 32º, 35º, 49ª.”



Ano 1924. O xornal “El Pueblo
Gallego” fai uns anuncios dos balnearios galegos, de Castrelo nomea catro
lugares.

16.8.1924. EL PUEBLO GALLEGO


Castrelo de
Miño:  D. Joaquín Soto, augas
ferruginosas.


Barral e San Estebo, augas sulfurosas.


Augas sulfurosas no terreo comunal.”



1963. Outra ocasión no “El Pueblo
Gallego”, o corresponsal en Ventosela  Celso S. Viso, escribe un artigo co título “As
augas térmicas serán asolagadas polo encoro” e de seguido “asolagará tamén as
famosas augas térmicas de Barral e Santa Mª de Castrelo, de valor incalculábel…”.
Non fai falla máis explicacións.


22.11.1963. EL PUEBLO GALLEGO. DIARIO DE OURENSE (encoro).


VENTOSELA (do noso corresponsal Celso S. Viso)


AS AUGAS TÉRMICAS SERÁN ASOLAGADAS POLO ENCORO.


“A partires da inundación de este rico val ribeireño, temos que engadir
agora que o encoro que vai ser construido no devandito lugar asolagará tamén as
famosas augas térmicas de Barral e Santa María de Castrelo de Miño e as do
balneario de Santa Eulalia, de valor incalculabel, polas curacións nun sin fin
de casos en persoas que foron salvadas das súas doenzas, mercé a tan saudábeis
augas. E unha mágoa pois agora as persoas humildes terán que desplazarse a
outros balnearios e facer un maior desembolso.”



Estou eu e supoño, que todos
estamos desxeando a posta en funcionamento dos mananciais de Castrelo, para
beber e mergullarse esperando así pasar dos cen anos de vida. E que no se esquezan os gobernantes do
Concello das augas ferruxinosas da Parroquia de Macendo.


LUIS DE ALBÍN. 2017.

FOTOGRAFÍAS TOMADAS DA WEB DE CASTRELO DE MIÑO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 + = 12