D. XOSÉ

De D. Xosé «O Escaleira» dicían que viñera de Bos Aires, e así debía de ser polo modo de falar, e que viña rico, por que alí unha viúva da cal fora «pai espiritual», nomearao herdeiro dos seus bens, e así debeu ser pois a pouco de vir para Macendo, mercou unhas propiedades e unha casa no concello de Toén.

 

  Tamén dicían, que chegado da Arxentina presentouse o bispo de Ourense, buscando traballo, mais o verlle as «novidades» que traía de alá, non soubo que facer con el, e para que se curase de esas «enfermidades» e non lle causara problemas, mandouno a parroquia de Santa María de Macendo, entón afastada e esquecida.

 

D. Manuel Cabo Soto fora ata fai pouco o abade sda Parroquia, estivera como tal máis de trinta anos, ultimamente andaba doente e mal axeitado polos moitos anos que tiña enriba. Alí no cemiterio parroquial, despois de pasar por onde había unha oliveira e un alciprés, está a lápida de ferro enferruxado da data das mortes de D. Manuel e a súa irmá, lápida feita na Fundación Malingre de Ourense, que fundía potes, prensas e de todo o que fose ferro.

 

D. MANUEL CABO SOTO (ANO 1944)

 

http://macendo.blogspot.es/img/curamacendo01.jpeg 

 

 

A chegada do «Escaleira» foi toda unha novidade: pequeno, moi movido, faladeiro e moi dado cos veciños, e tamén por traer consigo «O Pichichi». A herdanza que lle deixara a viúva, tiña a condición, de que coidase ata a morte do seu compañeiro, e así o cumpriu. Un canciño pequeno e moi bonito, de pelo rizo branco: tratábao con moito mimo, dáballe de comer, faláballe como a unha persona e tiñalle para durmir uhna cestiña de mimbre.

 

D. Xose pasou a vivir donde viviron sempre os curas, na casa reitoral, que está no pobo de Albín. Dación de D. Manuel Galdón, abade da parroquia no século XVI, que tamén mandou construir  a capela de S. Antonio na entrada do Pobo e o retúbulo renacentista, donou terras para o seu mantemento, e ata fai poucos anos tíñanlle una misa pola súa alma o día da Santa Cruz. A reitoral con grosos e altos muros, bodega, patio, solaina, escalinata, forno, foi un espléndido edificio, hoxe en estado de abandono.

 

O troco na vida deste novo abade debeu de ser moi dura, de vivir nunha grande cidade como é Bos Aires, a pasar a unha parroquia pobre, con camiños cheos de lama, alumeado con candiles, sen estrada, e aillada. Os homes case só saían para emigrar ou ir a sega a Castela.

 

De como vivían as mulleres, vémolo por esta pequena historia da Leonisa de Tallón. Como era moza pobre, como case todas, foi a traballar de criada a casa do «Campante» das Bouzas. Homes e mulleres ían traballar o xornal a casa dos «ricos» de Vide, Troncoso e Macendo. Estes «ricos» tiñan una boa casa, moitas, terras, muíños que lles valía para moer, de aserradeiro e tamén para facer electricidade. A Leonisa nunca saíra da parroquia como moitas mulleres. Xa entrada a noite o amo díxolle:

 

-Leonisa cando acabes o que estás facendo, apaga a luz e vaite á cama, que mañá hai moito que facer.

Pasou máis de unha hora, o amo dende a cama vía que a luz non se pagaba, e barroulle

– Leonisa que fas, apaga a luz e vaite a cama dunha vez

 

A Leonisa toda sulfurada contestoulle

-Haber como fago mi amo, levo máis de unha hora soprándolle por riba, por baixo e por tódolos lados e non se apaga.

 

Ven isto a conto, de como D. Xosé arranxou o asunto da falta de electricidade, pois ningún regato pasa por Albín, e polo tanto sen muiño para conseguila. Terá a o merecemento de ser un precursor da enerxía eólica.

 

Seguindo a petición do Sr. Abade, os mozos foron o monte comunal e trouxeron un piñeiro longo, amarrárono como poideron no exterior da parede da reitoral, e no alto suxetaron unha veleta tamén de madeira, que xiraba a esquerda ou a dereita seguindo a dirección do vento, tamén dispuña dunha corda que facía a función de freno. O asunto empezou a fallar, por un lado o piñeiro, mal amarrado, desprendíase da parede, o por outro a veleta facía moito ruído e espertaba os veciños. D. Xosé non se desanimou, cuns ferros amarrou outro piñeiro e trocou por outra a veleta. E a luz chegou.

 

http://macendo.blogspot.es/img/rectoral001.jpeg 

 

 REITORAL  DE ALBÍN (mACENDO)

 

Dentro dos baúis que viñeron de Bos Aires, viña un grande aparello de radio -como un televisor de hoxe-, e escoitándose unhas veces si e outras non, invitaba a escoitala a tódolos veciños, que nunca viran tal cousa. Estendendo un arame o longo do tellado que facía as veces de antena, escoitábanse as poucas emisoras que entonces se collían: Radio Nacional -que daba o parte-, Radio Andorra, con música e dedicatorias, e outras prohibidas polo Goberno de Franco, como a BBC de Londres, e sobre todo a Radio España Independiente, mais coñecida pola «Pirenaica», emisora dos exilados españoles, que atacaba duro o goberno, e que escoitala podía un acabar no cárcere. Alí. na reitoral, con moitos berros escoítouse o gol do bilbaíno Zarra, naquel encontro celebrado en Bos Aires, que gañou ESpaña a Inglaterra para o Campionato do mundo. Estamos no ano 1950.

 

Na reitoral gardábanse dende non se saba cando, unha ampla biblioteca. D. Xosé buscoulle uso. Nas longas noites do Inverno, cando case paraba o traballo no campo, prestaba os libros entre os veciños, uns eran en latín e outros en español, uns sabían ler e outros non, pero el explicáballe como sabía o que eles querían dicir. Din que o bispo non lle gustou a idea, e mandounos recoller e levalos para Ourense, e así acabou o asunto.

 

 

 Naqueles tempos tódalas funcións relixiosas facíanse en latín. Na misa os curas poñíanlle e facían as lecturas en latín  ás costas os fieis, estes cantaban a misa polo «cantollano» ou polo «de angelis»,  o rosario e mesmo pasaba cos responsos-ata cantaba o sacristán cando faltaba algún cura-. Todos sabían de memoría tódalas lecturas e cántigos da igrexa pero ninguén entendía «nin ren»   Don Xosé que era moi culto,   ata sabía o arameo a lingua en que falaba Cristo, quixo rachar con todo esto, e xa tiña prohibido pasar as lecturas e cánticos o castelán ou o galego, intentaba, falando cos veciños,  darlle explicación e entendemento a tódolos «misterios» da Relixión. 

 

http://macendo.blogspot.es/img/procesion001.jpeg 

 PROCESIÓN DO QUINCE DE AGOSTO, NO PRINCIPIO DOS ANOS SESENTA.

Nas cousas da materia, non tivo tanto éxito coma nas do espíritu.

Tal pasóulle na agricultura. Sementou centeo e millo, e sentíase felíz, pois dicía «cada pajita tiene su espiguita», o mesmo  cas patacas. Nin sabía mondar o millo, nen mantear as patacas. Os inicios na «agricultura  biolóxica», tuvo que deixalos para mais adiante.

 

Tamén intentou trocos na «liturxía». Había que sacar os santos da igrexa de costas para non poñerllas o altar. Tamén cando morrían os curas, tiñan que entrar na igrexa «polos pés» e sacalo «pola cabeza», e o mesmo cando se metían no sartego, metelos «polos pés».

 

Quédanos por último  saber porque lle puxeran de sobrenome «O Escaleira». Os sobrenomes  son moitas veces herdanza que ven de pais, avós ou máis alá, neste caso non é así. Unha tempada estivo con el unha sobriña, que non debía de ter moitos coñecementos da arte da perruquería, facía na cabeza do tío «experimentos», deixándolle no cocote uns chanzos no pelo, de ahí o sobrenome.

 

Un día D. Xosé marchou non sabe donde. Non se tivo noticias dil. Un veciño díxome que o vira, xa de vello polas terras de Toén, bastante decepcionado. Non eran aqueles tempos de trocos.

 

Náqueles anos negros de miseria e represión non só do corpo senén tamén das ideas, uns aires bos e novos saían da reitoral de Albín… quen abría as fiestras era D. XOSÉ «O ESCALEIRA»

 

LUIS DE ALBÍN.

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

98 − 88 =