ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS
Tiveron lugar estas últimas semanas, reunións de AA. de VV. de Macendo, das cales dou unha pequena información.
AA DE VECIÑOS DE ALBIN
Con asistencia de 20 veciños, celebrouse asamblea, na que o actual presidente expuxo a necesidade, aproveitando o momento das eleccións, de cambiar os membros da Junta Directiva, xa que a maioría levan máis de dez anos sin ser renovados. Ante a negativa dos asistentes a directiva actual renova o mandato por outros catro anos, que é como sigue:
Presidente: Luís López
Vice: Xosé Villamarín,
Secretario: Xosé Méndez
Tesoreiro: Venerando
Vocais: Aurelio Diz, Xosé María Bobadilla, Amelia Martínez e Xosefa Pereiro.
Logo trataronse outros temas como foron:
A creación dunha Comunidade de Montes, asunto que levamos tempo con el e deixandoo pasar.
A organización da festa de S. Antonio, para ter misa, música, foguetes, xantar e cea.
OS VECIÑOS DE ALBÍN DURANTE A ASAMBLEA.
AA. DE VV. DA PARROQUIA DE MACENDO
Con asistencia de 25 veciños, tamén co motivo de eleccións da Xunta
Directiva, tivo lugar unha asamblea de esta asociación.
O secretario deu lectura a acta da sesión anterior a cal foi aprobrada por unanimidade.
O tesoreiro presentou o estado actual de contas, con saldo positivo.
No nome da directiva actual, o presidente Xaime Méndez, presentou a dimisión da totalidade da mesma, e pediu a presentación dunha directiva alternativa, que o non habela, solicitouse polos presentes a continuidade da presente. O presidente considera que haberá unha reunión, dentro dun mes, dos membros da directiva actual, para resolver varios problemas, entre eles o cubrir as vacantes, e que pase a definitiva.
Tamén se falou de:
O tesoreiro Antonio Villar informa que non se presenta a reelección, polo que o seu posto que valeiro.
Unificar o número de vocais por pobo, xa que unha boa parte non asisten as asambleas e non se sabe nada deles.
Pasaranse ao cobro as cuotas dos socios a partir do ano 2013, os que non pagaron anos anteriores quedan perdoadas.
O posto de Vicepresidente queda anulado, seguindo so consellos do Rajoy, que di que hai que aforrar.
Eu, pola miña parte, pídolle a Xunta Directiva que faga algunhas cousas máis que organizar as festas de agosto.
Na Directiva hai boa xente, e que porá o sexa da súa parte para arranxar tódolos problemas.
Sin mais.
LUIS DE ALBIN.
Opinións sobre estas asambleas e outras cousas, pódense escribir neste blog. no apartado de COMENTARIOS.