ALLÁ EN LA HABANA

Allá en la Habana, allá en la Habana,

Suceden las mismas cosas, cielito lindo,

que aquí en España.

 

Habanera

 

manuelad99@yahoo.com. escribo o correo por si queredes contarlle algunha cousa ou preguntarlla, escríbeme desde Miami pedíndome noticia do seu avó, emigrante en Cuba, e que lle contaba cando era neno vidas, feitos e outras cousas da parroquia de MACENDO. E intenteino.

 

No rexistro civil do Concello atópase a acta de nacemento: «Manuel Alfredo de Jesús Domínguez y Ruíz, nacido el 14 de agosto de 1877, padres Benito Domínguez López, natural de Albín y Rosa Rodríguez Rodríguez, natural de Covelas.

 

Indagando máis o Pepe da Moreira de Albín -que pasa dos oitenta anos-, contoume que Manuel Alfredo tivo como irmáns a Alfredo -emigrante a Venezuela-, Benito, David de Tallón, Juanito, José, María e Gumersindo. Cóntame que non volveron da emigración nin el nin Alfredo, tamén me di que posiblemente aínda terra algunha propiedade en Valdaguia e que algunha familia lonxana aínda vive por aquí.

 

Da emigración a Cuba e Bos Aires, contábanse antes moitas historias:

Das viaxes en barco a vapor ou a vela, cheos de perigos, e que duraban un mes.

A chegada e saída dos barcos de España, co peirao cheo de galegos que mentras soaba a gaita choraban de emoción e tristura.

Do duro traballo nos «ingenios» de azúcre, cortando caña.

A vida dos negros, mulatos, brancos, criadas, señoritos, con misa a distinta hora para cada raza e categoría.

Dos «Mambises» na Guerra de Cuba e os soldados españoles que quedaron alí mortos e vivos.

E outras moitas cousas.

 

http://macendo.blogspot.es/img/cubanos001.jpeg 

 

O TIO CONSTANTE DE ALBÍN RETRATOUSE NA HABANA

 

O emigrante cubano tornaba a España, pasados anos como home rico, facéndose notar polos invites na taberna e ca familia,na fala e sobretodo na vestimenta:

Saco -chaqueta- longo de cor branco ou negro, pantalón a raias, outras veces o conxunto era todo branco. Tamén brancos eran o chaleco, os zapatos e a camisa, esta con «cuello duro» e puños «duros» -que se conseguía con almidón-, xemelgos de ouro, e botóns a veces tamén, un sombreiro branco, o que lle chamaban «pajilla», sortixa con pedra brilante, e tamén algúns dentes de ouro.

 

A todo isto había que engadirlle o cabelo brilante feito con «brillantina», con raia o  medio da testa, bigote teso cas puntas reviradas hacia arriba. Unha cadea de ouro -este metal era sinal de riqueza- cruzaba o chaleco, da que penduraba unha medalla ou moeda tamén de ouro, no extremo amarrada e metida no peto un reloxo tamén de ouro donde se podía ler «Cuervo y Sobrinos. La Habana».

 

Eran outros tempos e outras maneiras de ver as cousas.

 

De seguro, que como bo galego, que se encherían os ollos e bagoas a Manuel Alfredo, cando lle contaba o seu neto, baixo o calor do trópico, as historias de Macendo.

 

http://macendo.blogspot.es/img/cubanos002.jpeg 

COCHES NA HABANA HOXE

 

FELICES FESTAS DO NADAL E  BO ANINOVO PARA TOD@S.

 

LUIS DE ALBÍN

 

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 + 7 =