FESTAS EN MACENDO

O VERÁN PASA AXIÑA NA PARROQUIA DE MACENDO. VAMOS A NOMEAR  ACONTECEMENTOS (ALGÚN ESQUECERASE):

MES DE XUÑO: S. ANTONIO EN ALBÍN, MÚSICA E COMIDA

MES DE XULLO: SANTIAGO DA HERMIDA, TAMÉN MÚSICA E CEA

MES DE AGOSTO.: COMIDAS DA PEÑA «O CANADEIRO», COMIDA «DO EMIGRANTE» DE ALBÍN,

FESTAS DA ASUNCIÓN E V CEA DO XARRETE, COMIDA DA PEÑA «A ARNELA».

E SUPOÑO QUE QUEDARÁN ALGUNHAS.

COMO TEÑO ALGUNHAS FOTOGRAFÍAS VOU A METELAS, E FAREI O TEMPO ALGÚNS COMENTARIOS.

 

Da festa do San Antonio, baile de noite a media luz, na Aira de Albín.

 

http://macendo.blogspot.es/img/festassanantonio018.jpeg 

 

 

Tivo lugar en Albín, o Primeiro Cumio Católico-bloqueiro, co fin de definir os alicerces nos vindeiros anos, en canto as relcións concello- relixión. Na fotografía vedes os participantes  por cada unha das partes.

 

http://macendo.blogspot.es/img/festassanantonio017.jpeg 

 

 

Momento da procesión do día 15 de agosto. cas imaxes da Asunción de de S. Roque.

 

http://macendo.blogspot.es/img/fiestasmacendo.006.jpeg 

 

 

Nesta fotografía están tódolos «servidores» da V cena do xarrete. Está o mellor de cada casa.

 

http://macendo.blogspot.es/img/xarrete.4.jpeg 

 

 

Un equipo de mozos e mozas devorando xarrete

 

http://macendo.blogspot.es/img/xarrete.5.jpeg 

 

 

 

 

O día 17, tivo lugar no Canadeiro unha representación teatral feita polos veciños do Concello. Estivo moi animada e pasámolo ben. Alí estabamos case todos os de Albin. Como non paran quietos ´non é doado sacarlle unha «foto».

 

http://macendo.blogspot.es/img/festasmacendo.008.jpeg 

 

Os animados veciños de Casardeita, a Hermida e A Bouza celebraron a Festa de Santiago, con cea incluida. como tódolos anos. É unha bagoa que non se decidan a restaurar a imaxe do Santo, tendo cartos como teñen… según dí a xente

 

http://macendo.blogspot.es/img/ermida001.jpeg 

 

 

 

 

 

 

Felicitamos a MANOLO REZA pola xubilación, despois de pasar moitos anos, de sufridos traballos por terras de Navarra. Si queredes felicitalo, podédelo atopar nos bares de Macendo, no BAR SOL de Ourense e outros.

 

http://macendo.blogspot.es/img/manoloreza.01.jpeg 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 + 2 =