A CANTEIRA NON CONVÉN.

http://macendo.blogspot.es/img/embalse001.jpeg 

 

 

A principios do ano 2010, por certa empresa intentouse unha explotación mineira nos montes de Santa Lucia. Por motivos xustificados non foi para adiante.

Volven agora, e parece que contan co apoio do goberno de Feijóo. Eu pendo que co teñen que contar e co apoio dos veciños, xa que os terreos a explotar, xa como Montes de Man Común, xa de propiedade particular, son os titulares dos mesmos, e a canteira non unha obra de ben público senon para beneficio privado.

 

O meu parecer a dita canteira, non supón beneficios para o concello de Castrelo e vou expoñer as razóns:

Aínda que teñen a pbriga de deixalo acondicionado o rematar a explotación, hai que pensar que esta vai durar de dez anos para arriba, e non quedará o mesmo.

Esto vai traer consecuencias -aínda que o neguen-, que viñedos, hortas, vivendas perderan valor… e os nosos pulmons cubriranse de po que vai vir da canteira. Vai afectar menos, pero tamén o Complexo Náutico, que debe ser o alicerce do desenrolo turístico do Concello.

Tamén se perderán as presentes e futuras explotacións vitivinicolas e forestais.

Postos de traballo, poucos ou ningún, xa que se traballa con maquinaria e virán de afora.

Impostos tampouco pagarán ó Concello, e as pistas e carreteras, polo moito peso dos camións, quedarán inútiles.

MAÑÁ MARTES HAI, AS SETE DA TARDE, UNHA REUNIÓN NO CENTRO DE ASTARÍZ, á que debemos asistir todos.

 

De estar os veciños en contra da canteira, concelleiros e outros que puxeron tódolo tempo e entusiasmo cando estabamos nas eleccións o Concello, deben de comezar a traballar axiña.

 

FAI MAIS QUEN QUERE QUE QUEN PODE

 

LUIS DE ALBÍN

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

37 − = 33