DEFENDENDO O CENTRO ESCOLAR

 

O último sábado no pasado mes, alá fomos o Centro Escolar de Astaríz, facendo caso da chamada do Alcalde, cá intención de facer unha «Concentración en defensa do CEIP Castrelo de Miño». E alí chegamos pais, nais, rapazas, rapaces, veciños, profesores e algúns concelleiros.

http://macendo.blogspot.es/img/CEIP01.JPEG 

 

Logo das «fotos» correspondentes na entrada do Centro, pasamos o Salón de Actos, onde falaron dúas profesoras, un pai e por último o Alcalde. O problema que se presenta, é que o Goberno seguindo a política de austeridade, depende de para quen, intenta rebaixar u número de profesores suprimindo aulas, e xuntando ós alumnos en grupos mais numerosos. O asunto vai a mais, pois si ata agora, cada aula contiña xuntos alumnos de dous cursos, terán que pasar a tres, cá dificultade do profesorado para atender a xente tan variada.

http://macendo.blogspot.es/img/CEIP02.JPEG 

 

Xa sei, que os que estades entrados en anos, lembrades aqueles mestres que atendían como podían, moitos rapaces de moitas idades o mesmo tempo. Hoxe o ensino complicouse para ben, en moitas materias diferentes, con unha maoir atención dos rapaces, esto fai que «o de antes» sexa agora imposible.

http://macendo.blogspot.es/img/CEIP03.JPEG 

 

Tamén con razón dixo o Alcalde, que a provincia e con ela a xente do campo, está cada vez mais abandoada, van quedando menos servizos, e a xente nova tira para a Capital, e temos  que facer o posible por non perdelos.

 

Aínda que os primeiros en protestar foron os veciños de Castrelo, a cousa vaise extendendo, e hoxe xa hai unha Xuntanza do Rural provincial facendo unha protesta en conxunto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

93 − 83 =