HOXE DÍA 28… FELIZ ANO 2013

O rematar o ano e bo facer un reconto do que pasou ó longo do mesmo, que se espera para o ano vindeiro. Polo que vexo e polo que me contan, expéranse para o ano 2013 importantes novidades. Sobre elas escribirei, facendo comentarios.

 

POMADA ALOE-BOUZAS

 

A directiva da Cooperativa das Bouzas encóntrase con grandes dificultades económicas, os gastos medran e o futuro ponse díficil, debido a competencia e abundancia de viñedos.

http://macendo.blogspot.es/img/aloe01.jpeg 

O futuro din, está en levantar as cepas e no seu lugar facer plantacións dun cardo mediciñal chamado ALOE, do que se saca un zume curativo. No mercado véndese no nome de ALOE VERA, e ten moitas utilidades pois tanto saca as enrugas da cara como as inchazóns do traseiro. O exbanqueiro Mario Conde xa ten plantacións en Canarias e Andalucia onde saca grandes beneficios económicos. Ten tamén moi poucos gastos de explotación, xa que non necesitan nin regalas nin sulfatalas.

Poderíase comercializar con nome de POMADA ALOE-BOUZAS. Os socios non poran dificultades

 

ESPERANZA

 

Estou informado por unha coñecida Axencia de Ourense, en que outra de Madrid, estelle pidindo información, co fin de conquerir uns terreos o carón do náutico de Castrelo. A que está detrás de todo esto é a expolítica madrileña ESPERANZA AGUIRRE, metida agora en actividades empresariais o seu gosto.

 http://macendo.blogspot.es/img/espeaguirre1.jpeg

Todo o mundo sabe que a Dona Esperanza ten paixón pola gandeiría lanar e cabría, e tamén polos deportes náuticos, e xa ten saboreado máis dunha vez o viño do Ribeiro. Súa intención e mercar o alugar un terreo con un mínimo de dez hectáreas para montar unha granxa na que o gando ande solto por ela. Eu ofrecinlle o comunal da Travesa pero é pequeno.

 

O malo é que a cousa leva meses parada, a expolítica parece que alguén soproulle o da explotación mineira que hai intención de facer no COncello. Estando así a cousa SI HAI CANTEIRA NON HAI ESPERANZA.

 

O ALCALDE VAI PARA CURA

 

Inda que non parece a vida dun político é moi dura, e mais cando o Bloque, partido o que pertece o Alcalde, está cada vez máis descomposto, os tempos que vivimos de crise tampouco axudan, cando non hai problemas por un lado aínos por outro. O alcalde Xurxo vese cansado.

 http://macendo.blogspot.es/img/festassanantonio017.jpeg

Nas festas de S. Antón de Albín compartiu mesa con dous recoñecidos curas D. Delmiro e D. Jonatan. O rematar o xantar  ante as súas moitas queixas, e dado que é un alcalde de grandes ideales, indicáronlle que a súa verdadeira vocación non era a política senon o sacerdocio. Así foron e preparáronlle o camiño para ingresar no Seminario Diocesano de Ourense, donde dados os estudios que ten, de seguido saerá Presbitero. Algúns din que súa compañeira dende que se enterou da decidión anda un tanto tristeira.

 http://macendo.blogspot.es/img/curas01.jpeg

Desexámoslle o cura Xurxo, que teña o mesmo éxito no arranxo das almas como tivo cos asuntos do Concello, ten que trocar o mitin polo sermón. Para ocupar o posto de alcalde hai xente que pensa no veciño de Astaríz Horacio, pois patea moito o Concello, fala ben e tamén moito.

 

LUIS DE ALBIN

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

7 + = 11