D. DELMIRO

D. DELMIRO ENSINA A PLACA OS VECIÑOS.

O pasado domingo, día 10 de agosto, foi un día especial para a parroquia de Santa María de Macendo. Celebrábase as vodas de ouro sacerdotales, do párroco de esta fegresía D. Delmiro, e tamén os 23 anos que leva nesta Parroquia – parece que inda foi onte-.

VECIÑOS DE SOUTO. ENTRE POUCOS FIXERON UN GRAN TRABALLO E ORGANIZARON AS FESTAS DE AGOSTO.

Co gallo do acontecemento, publicouse un «folleto» en castelán, do que saco os seguintes apartados:

OLÉ, OLÉ ……… OLÉ.

«Hoy es un día importante en nuestra comunidad parroquial. Celebramos la eucaristía con un distintivo especial, pues nuestro querido párroco D.Delmiro, celebra sus bodas de oro sacerdotales… queremos celebrarlo todos juntos, así solemnemente. Hace 23 años que llegó procedente de la comarca de Celanova a esta zona del Ribeiro a presidir las parroquias de Prado de Miño, Santo Estebo y Macendo. Y aquí continua con nosotros». «… con él hemos contado en tantos momentos íntimos y decisivos de nuestras vidas»

PARTE DOS ASISTENTES A PROCESIÓN ATA O CRUCEIRO.


A festividade comezou a unha da mediodia, con unha misa solemne -durou tres horas-, a que asistiron varios sacerdotes e numerosos veciños. Houbo novena, procesión e canto a cargo de dúas voces e órgano por Xoán Antón Vázquez Casas, director da Coral da Ruada, e da magnífica Coral «Alecrín». Case o finalizar fixolle entrega a D. Delmiro, dunha placa de recoñecemento dos veciños de Macendo, na que reza:

MUSECOS E OUTROS NO XANTAR.

«Co gallo do 50 aniversario, das vodas de ouro da ordenación sacerdotal, do noso querido párroco, a parroquia de Macendo con gratitude, cariño e recoñecemento. D. Delmiro Armada Díaz 1964-2014»

ALBIN E S. PEDRO NO XANTAR.


Pasadas as 4 da tarde, alá nos desplazamos a un restaurante de Santa Cruz, donde dimos conta dun bo xantar, e donde se lle fixo obxeto de outro obsequio, por parte dos veciños das Bouzas, co fin de que non se lle esqueza a hora.

dondelmiro-044-dvd-pal-.jpg

Entre os asistentes, estaba  D. Ramiro Cougil, coengo da Catedral de Ourense, e natural de Albín, que estando de pelegrín en Lourdes, topouse cunha señora de 85 anos, que nesto da conversa, fora mestra en Macendo, e gardaba unha fotografía dos nenos da primeira comuñón, a cal vou a colgar aquí.

¡¡¡OS NENOS ANDARAN HOXE POLOS 60-70 ANOS¡¡¡. Haber si dades con eles.

LUIS DE ALBIN.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 − 17 =