DIEGO XELMIREZ EN CASTRELO DE M.

O longo da xeografía galega, no verán preferentemente, véñense celebrando representacións mais o menos afortunadas, de feitos históricos que aconteceron en ditos lugares. No ano 1111 en Sta María de Castrelo de Miño aconteceu un feito histórico, no que foron protagonistas relevantes personaxes da Galicia de aqueles tempos. A miña intención é facer una explicación  dos acontecementos que sexa intelexible, e tamén que sexa o menos longa posible con fin de non cansar o lector.

castrelo-de-mino-orense2-dvd-pal-.jpg

IGREXA DE SANTA MARÍA, SITUADA NO CUMIO DUN CASTRO, CONSERVA A TORRE ROMÁNICA, DE TEMPOS DE XELMIREZ. 

Cando se trata dun feito histórico hai que sitúalo no lugar do acontecemento e tamén no tempo en que aconteceu, xa que hoxe entenderíamos e  faríamos as cousas de maneira diferente. O Castrum Minei identificao López Ferreiro «co gracioso Monte Castrelo arrodeado por un fermoso e lento meandro do Miño (hoxe desaparecido co encoro), na paisaxe da veiga de Ventosela, autorizado polo eminente cume de Coto Novelle», Debía de estar arrodeado de una importante fortaleza, tal como se describe na «Compostelana». Tamén concepto que temos hoxe de España como estado e de Galicia como Autonomía , diferénciabanse  con aqueles tempos. Nobres, bispos e abades, nos seus territorios impartían xustiza, cobraban impostos e tiñan exército propio, pelexaban entre eles, e acudían si lles conviña a axudar o rei a cambio de favores.

 

A paisaxe, era unha Galicia de bosques de carballos, castiñeiros e bidueiros (non de piñeiros), con predominio nos vales de cereais de montaña (centeo e trigo). A pataca, millo e tabaco non eran coñecidos, xa que viñeron de América despois do Descubrimento. A gandería era moi importante, xa que as guerras arruinaban a agricultura.

 

Si definimos os personaxes máis importantes, vai a ser máis doado  comprender os acontecementos de Castrum Minei.

 350px-galician-didacus-gelmiri-dvd-pal-.jpg

DIEGO XELMIREZ, arcebispo de Compostela, foi o pernonaxe  máis importante do seu tempo en Galicia. Ademais do poder relixioso, como señor feudal dispuña de grandes propiedades e de exército propio.

bbedb0880b9de8a0056a571355e1a35f-dvd-pal-.jpg

AFONSO RAIMUNDEZ OU ENRIQUEZ, chegou a ser rei de Castela e Galicia co nome de Afonso VII. Era fillo dos condes de Galicia Ramón de Borgoña e Da Urraca. De moi neno foi educado na casa do Conde de Traba. Tiña seis anos cando participou nos acontecementos de Castrum Minei.

urracaregina-tumboa-dvd-pal-.jpg

DONA URRACA, filla do rei de Castela Afonso VI, casou moi nova co conde francés R. de Borgoña. O seu pai concedeulles o Condado de Galicia. Son os país de Afonso Raimúndez. Viúva casou en segundas co rei de Aragón Afonso I o «Batallador», matrimonio que fracasou.

101179937-9f7d67ffab-z-dvd-pal-.jpg

PEDRO FROILAZ, CONDE DE TRABA, o nobre máis poderoso de Galicia. Educou no seu condado o neno Afonso Raimúndez. Mantivo case sempre malas relación con Xelmirez e ca Irmandade.

DONA MAIOR DE TRABA, dona de Pedro Froilaz. Estivo e defendeu o neno A. Raimúndez na fortaleza de Castrum Minei.

IRMANDADE, xuntanza baixo xuramento de homes da nobreza e outros máis, que se oponían o Conde de Traba, entre outras razón polo poder que tiña sobre o neno Afonso. Entrou nela Xelmirez co fin de buscar un acercamento co Conde de Traba.

PEDRO ARIAS PEREZ, nobre e membro importante da Irmandade, xenro e inimigo do Conde de Traba. Fixo prisioneiros en Castrum Minei o arcebispo Xelmirez, a Afonso Raimúndez e a Condesa Maior de Traba.

 

NARRACIÓN DOS ACONTECEMENTOS NO CASTRUM MINEI

 

Afonso Raimúndez quedou axiña orfo de pai. Tiña catro anos cando a súa nai Da. Urraca, agora raiña de Castela,  casou en segundas con Afonso O Batallador, rei de Aragón  e estaba o coidado e educación na corte do Conde de Traba. O saber o Conde do casamento de Da. Urraca, considerou que perderá a soberanía de Galicia, e que deberá pasar o seu fillo, de desta maneira proclamou pola súa conta a Afonso Raimúndez como rei de Galicia. Varios magnates,  entre eles Pedro Arias, vían na acción do Conde o seu propio proveito, e asociáronse baixo o xuramento dunha Irmandade. Xelmirez pasou de neutral a entrar na mesma, coa verdadeira finalidade de convencer a estes para que aceptasen a Afonso Raimúndez como rei, e apoiasen o Conde de Traba nos dereitos do Infante. O saber Da. Urraca e Afonso «O Batallador» a proclamación de Afonso como rei, invadiron Galicia, mais o Conde logrou expulsalos.

 

Durante estas Guerras o neno Afonso Raimúndez, por motivos de seguridade foi agochado de un lado a outro, ata que o Conde decidiu que fose levado a fortaleza de Castrelo de Miño, o coidado de Da. Maior de Traba, dous fillos e nobres. E alí tiveron que defenderse, pois o Conde de Traba, tivo que afastar as tropas do lugar pois os vecinos da comarca negábanlle provisións e encirrados pola Irmandade amolábanas de moitos xeitos. O Code acudíu a León donde tiña que loitar cos outros inimigos. Vamos a facer un alto nos acontecementos, para falar do  pobo.

 

Ante o cansazo das vilas ribeiráns pola ocupación militar e as molestias consguintes (dar comida e cama entre outras), o pobo aínda oscuro intervén nas contendas da época sen xefes e sen outras intencións que a resistencia e o desexo de tranquilidade. Aínda que a dous pasos está Ribadavia, pobación antiga, ilustre e afeita a reis, o seu estilo de vida esténdese as veigas próximas de Miño e do Avia, xente viñateira moi distinta do labrego máis indiferente e arcaico das zonas montañosas. Mais sigamos ca nosa historia.

 

A Irmandade, Pedro Arias e os vecinos cercaron o Castelo, que era moi rexo. Os cercados defendéronse ben, ata detiveron o Conde Ordoñez, pero co tempo empezaron a padecer falta de provisións. Por outro lado a Irmandade tiña medo da volta do Conde Froilaz co seu exército, e o pobo estaba cansado. Xuntadas as dúas partes, chegaron a un acordo, polo cal a Irmandade daba liberdade os do Castelo para volver as súas casas libremente, máis os do Castelo, non se fiaban e puxeron hunha condición, que estivese presente o arcebispo de Santiago Diego Xelmirez, para garantir o acordo.

 

Despois de dubidalo moito, Xelmirez saíu de Compostela coa súa escolta de clérigos e soldados e coa súa capela de viaxe, na que misaba tódalas mañás.. Cando se preparaba para cruzar o río Miño, o chegar a tarde, recomendaronlle que dice a volta xa que rumbaba una conspiración contra del. Algúns dos seus gardas viron voar en dirección contraria una aguía e interpretouse o feito como de mal agoiro. Xelmirez reprendeunos e atravesou o río soamente con tres acompañantes. Os homes da Irmandade pregáronlle que aceptase a súa hospitalidade e pasase a noite con eles, el aceptou. O Bispo debeu de sospeitar pois pasou a noite sin cerrar ollo. A Compostelana rexistra algún insomnios do seu héroe, que «presaxia o futuro».

 

 A Irmandade dubidaba da lealdade de Xelmirez, xa que entrara nesta para que fixesen as paces co Conde de Traba e aceptasen a Afonso Raimúndez como rei de Galicia, e tamén por que a Condesa Maior Froilaz pedirá que el estiverse presente para a rendición do Castelo. Grande oportunidade para se faceren con unha prenda de valía como era o neno Afonso, tendo a Condesa e a Xelmirez como reféns. As negociacións volveron fora das murallas, doce cabaleiros por cada parte acordaron que para o día seguinte se entregaría o Castelo, e sería levada a condesa, xuntamente co Neno e as súas pertencias cabo do seu marido Pedro Froilaz. Vamos a entrar na traxedia.

 

A condesa Da. Maior viu dende a torre do Castelo como entraba Xelmirez no mesmo e conduciu o neno Afonso Raimúndez ata abaixo para atoparse con el. E de súpeto atravesaron a porta do Castelo una multitude de homes para facerse co Neno. A Condesa apresabao fortemente e chorando con amargura foi obrigada a volver a torre como prisioneira co Neno e outros acompañantes, O arcebispo non se poido conter e ficou no chan cheo de tristura.

 

Entanto os homes da Irmandade atravesaron o río Miño e atacaron as tropas de Xelmirez por sorpresa e estas fuxiron. Os asaltantes  entraron na tenda que facía de capela de Xelmirez, esgazaron unha casula e utilizaron as súas orlas de ornamentos para adornaren as súas roupas. Crebaron un cáliz de ouro en tres anacos para repartireno entre tres soldados, e o mesmo co altar de prata e cun crucifixo.

 

FIN DO ACONTECEMENTO

 

Arrestados o arcebispo Xelmirez e demais compañeiros, foron conducidos cos demais apresados bordeando polo Val de Ourense, as costas da Peroxa, os Chaos de Ameiro ata o mosteiro de Ribas de Sil, onde pasaron a noite. Mentras tiñan lugar negociacións foron levados o castelo de S. Xoán de Pena Corneira, logo o Castelo de Lobeira (na ría de Arousa), onde foi liberado Xelmirez. Xa liberado atópase con Pedro Froilaz na Ribeira do Tambre, co fin de discutir a forma de liberar a Afonso Raimúndez e restaurar a paz. Reconciliados, o neno Afonso e os demais presos saíron do Castelo de Pena Corneira, onde os tiña recluidos Pedro Arias, e dicidiuse coroar en Santiago a Afonso Raimúndez, de seis anos de idade, como Rei de Galicia, o 17 de setembro do ano 1111. De aiquí para adiante comeza outra historia.

 

OUTRA VISITA DO ARCEBISPO XELMIREZ A CASTRUM MINEI.

 

No ano 1121, rematada a expedición real a Portugal, o regreso da hoste real verificouse polo vello camino romano de Portela do Home, pola Baixa Limia, montes de Bande e contorna de Celanova, para descender  o Miño por Caretelle. Chegando o Miño, acamparon de noite en Santa Ma. de Castrelo de Miño, lembrando o que lle había acontecido fai dez anos. Por orden da raíña Da. Urraca, as tropas do Arcebispo atravesaron o Miño. A mañá seguinte ela dixo que as había seguir co seu fillo Afonso e con Xelmirez, pero axiña que alcanzaron a ribeira galega os soldados, ordenou que arrestasen o Arcebispo os tres irmáns e os servintes. Xa vemos como eran aqueles tempos.

 

Aproveitamos para facer un comentario da vía da que escribimos, que sería utilizada para ir a Portugal, xa que Castrelo, no Miño medio, competía con Ourense a hora de atravesar o Miño.

 

BIBLIOGRAFÍA UTILIZADA.

 

Cortezón, Daniel.- Xelmirez ou a gloria de Compostela, 1991. Ed. Xunta de Galicia, publicada polo IGAEM (é obra de teatro).

Gordon, Bigg.- Diego Xelmirez. Ed. Xerais de Galicia, 1983.

Otero Perdayo, Ramón.- Xelmirez, xenio do Románico, 1993. Ed. Galaxia S.A.

Pallares, Ma. del Carmen e Portela, Ermelindo.- La reina Urraca, 2006. Ed. Nerea.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

50 − 46 =