SEGADORES DE MACENDO EN CASTELA.

   Non é a miña intención, neste artigo, facer un estudio da vida e obra dos segadores -xa hai abundantes estudios-, que ían a Castela, buscando unha axuda ás súas cativas economías. A intención é só contar as historias dos veciños da parroquia de Santa María de Macendo, nestes acontecementos. A información aquí contida, é o traballo -`por  chamarlle así-, de conversas, en distintos lugares e distintos tempos, cos veciños da Parroquia.

PREPARACIÓN E VIAXE

   Lembran que os segadores de antes, ían a Castela a pé, calzados con chancos, cas súas cousas o lombo, acompañados a veces con un burro vello, que quedaba alá por que xa non servía. Nos anos trinta do século pasado, comezou a facerse a viaxe en camións, onde ían vinte ou trinta homes, un sentados outros de pé, unha viaxe que duraba moito tempo. O comezo da Guerra Civil,  tólolos vehículos de motor foron requisados polo exército, logo veu o tren. Nos anos cincuenta inda recordan ver a segadores,camiñando a pé cara a Castela, con sacos e maletas atados as costas por medio de correas, e cas fouces a vista. A finais desta década, aparecen as máquinas colleiteiras, e con elas o fin dos traballos para os segadores. Un cronista castelán conta: «…como las golondrinas, al llegar el mes de junio, alegrando as plazas de los pueblos de Castilla, iban llegando por grupos los segadores, se  sentaban en el suelo, bebían, comían,  e iban partiendo hacia los campos de trigo». Algúns como o Albino de Señorín, foi a primeira vez cin dez anos.

Compañeiros de viaxe foron, unha saqueta onde levaban algunha muda, un par de fouces, pedra de afiar, dedís, algo de comer, nos anos cincuenta xa se levaban as cousas nunha pequena maleta. Os segadores levaban  os dedís os cales facíanse no pobo, eran de coiro, ocupaban ata a parte alta dos cinco dedos, ían soltos e cosidos polo exterior, a función era a de defensa contra as cortaduras. Os atadores levaban a forca, feita tamén no pobo, consistía nunha vara de madeira dobrada en forma de arco, con elas atábanse as gavelas por medio de cordeles.

   As cuadrillas de segadores, ían facendose nos pobos  ó longo do ano, tratando co maoiral, que recrutaba homes e rapaces. Os veciños de Macendo ían baixo o «mando» de maiorales de Cartelle e da Parroquia. Deste oficio foron o Celso da Hermida e o «Xurelo» de San Pedro, este último chegou a recrutar vinte homes, algún chegou a levar ata trinta, o Gabino de Celeirón levaba máis d cen, nunha ocasión a Paracuellos levou cento cincuenta. Unhas veces recibían, meses antes, carta do patrón castelán -non existía o teléfono-, ou quedaban de acordo, para volver o ano seguinte, a maioría facían o contrato o chegar alí. Contan de un maoiral, que lle dixo o patrón:

  No se preocupe mi amo, que para el año que viene, traeré unos hombres, que se tragarán la tierra. 

O amo contestoulle:

   Hombre no, tampoco es para tanto.

   Polos anos cincuenta do século pasado, facíase a viaxe a Castela en tren. Despois de cruzar a barca por Puga, saíase as doce do mediodía da estación de Barbantes, pra chegar, a veces, o outro día as once da mañá. Era un  tren moi longo, que levaba unha máquina de carbón diante, e outra detrás. Botaban moito fume e moita «carbonilla» -sobre todo ó pasar os túneles-, polo que se chegaba a Madrid, todos sucios e negros. Desde a estación, collíase un autobús, que levaba o destino de traballo.  O Mayoral collía o billete para todos, a veces collía para vinte e logo ían vintecinco, algúns tocáballe esconderse no tren. O Daniel «O Deputado», unha vez fixo a viaxe escondido no tren debaixo dun asiento, por non pagar o billete.

Documento de Antonio «Campante» de Albín, donde fala da compra dunha burra para ir a segar a Castela. Ano 1880

NO TRABALLO. 

A cuadrilla estaba formada polo maioral, segadores, servidores e atadores. O maioral tiña que negociar o contrato co propietario das terras, dando traballo para todos. Cobraba de este, e logo de separar a súa parte, encargábase de repartir os cartos, seguindo de máis a menos: segadores,  servidores e atadores. O maioral traballaba por veces no campo cos segadores, e outras tiña que ir dun lado para outro, vixiando os segadores da cuadrilla que estaban en distintos campos. O servidor -que era un neno ou un mozote-, traía a comida da casa do patrón, nunha gran pota -la «olla»-  agarrada  por unhas cinchas as costas, e outras veces nunha burra ou mula bravas. Tamén se encargaban de traer a auga, moi necesaria debido a forte calor, cargando cos botixos, axudaba a segar pero facía pouco por ser moi novo. O atador – que era un neno- ca forca ía atando as gavelas

En Castela a Vella, ían a segar, entre outros, nos pobos de Santa María de Nieva (Segovia) e Aldea Seca (Salamanca), despois de pasar días en chegar alí. Traballábase normalmente a xornal, durmían en palleiros, e comían na casa do patrón -ca súa familia ou solos-, traíanos e levábanos en carros de mulas, e tamén durmían dúas horas a sesta. O comezar o traballo comíase pan con «algunha cousa», logo o almorzo, que podía ser pan con touciño ou chourizo, na comida carne con touciño e garavanzos, logo merenda e cea lixeira. Outras veces como almorzo servíanlle unha botella de aceite e outra de vinagre de nas perolas tiñan que mollar o pan cada un no seu lado, e tamén no mediodía moitas veces con algunha carne viñan garbanzos.

En Castela a Nova acudíase os pobos de arredor de Madrid, o traballo era por contrato, atendendo as hectáreas segadas. Traballábase de sol a sol, non había sesta, e algunha vez ca luz da lua ata a unha ou as dúas, para logo levantarse as seis, aínda que tamén había cuadrillas que facían o traballo máis a modo. Para durmir facíano no rego, tamén facían un pequeno chamizo de palla, si topaban un pallediro facíano alí. Comíase un cocido a base de fabas, garavanzos, había sitios onde tiñan que deixar carne e pan da comida para merenda e cea -«en Alcobendas, si comes non merendas»-.

Non eran só os homes galegos os que traballaban os campos de Castela, había segadoras galegas, as «luguesas», que traballaban moito e ben, tamén había veciños pobres, que facían a sega pola súa conta, mulleres que ían tan tapadas, que só se lle vía a punta do nariz. Recibían a visita da Garda Civil, que se preocupaba de que o botixo estivese tapado, pola boca grande con un corcho, e pola boca pequena con un guizo, co fin de que non entrase ningún bicho. Non se preocupaban tanto, de que tivesen tapada a cabeza, que os segadores cubrían con un sombreiro, nalgún caso con un pano con nós pola catro esquinas -formando o perecido a unha gorra-, tamén algunha vez usaban o paraugas, que despois de pechado, colgábase na chaqueta por detrás do pescozo.

A tempada de sega viña durando entre 25 e 40 días. Neste tempo só se dispuña dun día de descanso, era o día de San Pedro -si non se facía ata lle parecía mal o patrón-, algúns recordan tamén o día de Santiago e o de Corpus. Era día dedicado a lavar a roupa,recuperar o sono, escribir a cartiña a familia, a única comunicación que había en todo este tempo de ausencia.

OUTROS ACONTECERES

Sempre nos meteron a idea dos galegos tristes e miserentos, que van a sega a Castela, que non levantan a vista da terra, de que veñen negros como chamizos, máis os galegos de Macendo, pasaron tamén por outros aconteceres. Vamos a escribir sobre algúns.

Os que ían a sega nos arredores de Madrid, ían ó Rastro. Alí mercaban pantalóns e outras prendas  usadas, entre elas as abarcas – un tipo de zapatos feitos de gomas vellas de llantas rodas de coches gastadas, ían atadas o pé por unha cinta traseira, e dúas que cruzaban por diante-,  eran as tales para que picasen os bichos na sega. O rastro era tamén lugar de encontro para moitas cuadrillas de segadores, e para gastarse bromas, diante da estatua do «Cascorro». Algúns atrevíanse a ir os touros a San Sebastián dos Reis, outros algúns domingos, os bailes, nos pobos de Castela a Vella.

De contar é o caso que lle aconteceu a dous veciños da Parroquia, segando en Castela a Vella. Estaban na forza da sega, cando veu o fillo do patrón para ver como marchaban os traballos e decirlle as fincas que tiñan que segar. Eles a vez que segaban, ían cantando partes da misa en latín, tal como facían entón os veciños da Macendo. O fillo do patrón  ó oílos quedou abraiado, e contáronlle que na súa Parroquia cantábase a coro en latín. Envitounos a cantar na misa do domingo, despois de moito dudar acabaron aceptando

Na misa cantaba un coro e tocaba un pianiasta. Chegado o momento, un deles que tiña unha voz moi potente fixo «o alto», mentras o outro facía «o baixo». Fíxose un grande silencio, cantaron a Gloria e o Salve, ó rematar tódolos asistentes, que eran moitos pois estaban a igrexa chea, aplaudiron a rabiar, estaban abraiados de que cantasen tan ben e que cantasen en latín. O fillo do patrón invitábaos a comer na casa, mentras os compañeiros comían «la olla», no palleiro. Os domingos pola tarde-noite, celebrábase un baile, e alí eran coñecidos  por todos e por todas, un deles estivo a piques de quedarse alí por unha moza moi guapa. Os compañeiros segadores, que foron algunha vez o baile no no crian, pois eran as miradas de tódalas mozas.

Inda que nos anos da Guerra Civil houbo segadores que foron a Castilla a Vella, os de Macendo, que saíron no verán do ano 36 a Castela a Nova, non poideron  volver ata rematada a Guerra xa no ano 39 . Perdéuse a relación con eles, a familia rezaba, dedicábanlle misas, poñían velas os santos,e enchían as lámpadas da igrexa de aceite -moito de estraperlo-. Dos que morreron nestes ano, alá quedou o seu corpo, só se recorda vir un nunha caixa de cinc. Candro as cuadrillas ían entrando na Parroquia, despois de tres anos acabada as campás da igrexa non paraban de repinicar, e tódolos veciños saían a recibilos con grande ledicia.

¿Que fixeron os segadores nestes tres anos?. Non foron abrigados a ir a Guerra. Algún escondeuse nun pozo por medo. Outro apuntouse como voluntario no exército, no fronte recibiu unha bala que lle cruzou os brazos, curado pasou a traballar en sanidade. Outro andou con unha burra collendo herba polos camiños, e vendéndoa nas vaqueiras das aforas de Madrid, onde lla pagaban ben, dada a escaseza da mesma. Outros parece que traballaron como criados e como xornaleiros -moitos mozos den alí estaban na Guerra-. Outro padecía dunha hernia cando foi para alá, foi operado que quedou ben. Tamén houbo algún que veu cargado cunha maleta chea de billetes da Republica, os cales non poido aproveitar, xa que na España de Franco non tiñan valor.

A  VOLTA

Rematado o traballo o patrón pagáballe o maioral, e este a toda a cuadrilla. Parece ser que Castilla a Vella cobrábase menos. En Alcobendas e a  Moraleja chegaron a cobrar ata a importante cantidade de seis mil pesetas, case todos tiñan por costume  mercar un bo e curado queixo castelán. Os andéns da estación do tren, estaba eses días cheos de segadores. Oíase a veces, berrar o factor da RENFE, chamando os viaxeiros a subir os vagóns.

Viajeros al tren y gallegos también.

Vagóns de madeira, con asentos tamén de madeira na terceira clase, indo uns sentados e outros de pé. En Astorga ofrecían as mantecadas.

A volta dos segadores de fai moitos anos debeu de ser, a pesar de traer os «cartiños, lastimosa, di un vello veciño. «Os segadores viñan feitos unha lástima, as maus esgazadas entre outras cousas polo fío para atar ás gavelas, cas camisas e ca roupa media rota, de calzado as «abarcas»… na tenda existía unha libreta para apuntar os débitos, e a xente pagaba o vender o viño ou o vir da sega…». Cos tempos todo elo foi mellorando.

Rematando o mes de xullo e comezos de agosto, subindo a pé polos camiños, ían chegando as cuadrillas, competindo entre elas a quen chegase dos primeiros, e burlándose das derradeiras. Chegou a hora de cubrir gastos: tocaba pagar na tenda as compras feitas pola familia o fiado, tamén de axudar a casa, de pagar o veciños que prestara os cartos para a viaxe. O Servando «Lucio» de Albín poñíalle como condición, que lle trouxeran de Castela un bo queixo de ovella.

Tódolos anos os días 15 e 16 do mes de agosto, celebrábanse  as festas «Na honra da Nª Sª da Asunción e de San Roque -«líbranos de peste y males Roque Santo y Peregrino»-, que son as festas patronais da Parroquia de Macendo, son días de xuntanza de familias, emigrantes, convidados e naturalmente segadores. Había moito de que falar e festexar.

   

FOTOGRAFÍAS DE GOOGLE.

luis  de  Albín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

91 − = 86