PRADO "DOS POLÍTICOS"
O pobo de Prado, no Concello de Castrelo de Miño, ten unha longa tradición histórica, co nome de Prado de Miño. Dicían que no Ribeiro sempre houbo moita política e moito viño. Máis de tódolos pobos ninguén lle gaña a este. Para as eleccións do día 24, presentanse, para gobernar o Concello, tres candidaturas polo Partido Popular, polo Partido Socialista e polo Bloque, a novidade é que as tres cabezas de lista, son veciños do dito pobo de Prado.
A candidatura do PP, vai dirixida por BENITO RODRÍGUEZ, co lema TRABALLAR, FACER E CRECER (mellor quedaría medrar), diremos del, según me contan, que estudiou para cura, boa cousa esa dos curas, xa que saben «latín» e moitas «mañas».
A candidatura do PSOE, vai dirixida por CATALINA GONZÁLEZ ÁLVAREZ, co lema GOBERNAR PARA A MAIORÍA. As mulleres saben «catar» o que se «coce», tamén hai que recoñecer que teñen moita máis capacidade de traballo que os homes.
Por último ,a candidatura do BLOQUE, vai dirixida por XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, co lema DEPENDE DE NÓS ( non sei si ten que ver cos políticos ou co pobo), home novo e experimentado con oito anos de goberno.
A quen debemos votar. Eu si poidera votaría os tres. Non debería de haber problemas entre eles, xa que son veciños. Eu hoxe á hora do xantar vou propollerse á familia que repartamos os votos. Quen che di a ti, que unha tarde encontrase no camiño, e di un deles:
– Compañeiros, xa que nos atopamos vinde a miña adega, bebamos unha xerra de viño, asemos uns chourizos, e aproveitemos a ocasión para arranxar os asuntos do Concello. Aforraríase en calefacción, luz, citacións, secretario, gasolina, papel… e de seguro, que se porían todos de acordo.