MORRER EN MACENDO
A xente antes morría case sempre na súa casa. O doente convivía ca familia ata a morte, e dende alí era a derradeira despedida ata o camposanto. Os vellos ían deixando as terras e capitais en mans dos fillos e fillas, e cando non vivían con eles, estes pagábanlle a «congria», pequenas cantidades en diñeiro ou colleitas. Os galegos de antes sabían tratarse cos mortos, quedan moitas lendas deste trato: aparicións, conversas, «sinais», a Santa Compaña. Cando morría un familiar, non só supoñía uns importantes gastos, tamén eran días en que se soltaban fortes sentimentos e emocións, que duraban , moitas veces, bastante tempo. Nenos e maiores bicaban o defunto e a caixa, había berros e desmaios e a casa familiar era a atención de todo o vecindario da parroquia.
O anuncio da morte comezaba, cando o doente estaba chegando o seu fin. Levábaselle a comuñón, e ca-, ndo ía moi gravde, o Viático. Este último era unha cerimonia: o cura vestido para a ocasión, levaba os «aceites» nunha caxiña de prata, o sancristán ía a súa veira levando un fcarol acendido e tocando continuamente unha campaniña por todo o camiño, que era dende a igrexa a casa do doente, logo detrás deles ían homes, mulleres, beatas, todos rezando. Entraban no carto do enfermo, vían como estaba este e o que facía o cura. O chegar a morte anunciábase a parroquia por toques de campás -unha grave e outra aguda-, que duraban ata o día do enterro.
Para axudar a familia, nestas difíciles horas, facíase unha comisión de veciños -moitas veces catro-, que se encargaba de comprar a caixa en Ribadavia, buscar os curas -algúns o outro lado do Miño-, e todos los preparativos que fosen necesarios.
O defunto, como hoxe en día, non se podía soterrar ata o día seguinte a defunción. Mestras esto non acontecía, quedaba exposto na sala da casa, como o piso non ofrecía seguridade ante tanto peso de visitantes, este se reportaba con troncos de madeira, dende as cadras e bodegas. En torno a caixa, poríase na cabeceira un Cristo e os estandartes e cirios polo aredor. Con todo preparado daban comezo as visitas, o que lle chamaban e chaman Velorio.
Os veciños, despois de cear, acudía a casa do defunto, co fin de acompañar a familia nestes duros momentos. A noite facáse moi longa e viña o sono. Rezábanse oracións e rosarios, servíase café, licor café, agárdente -a veces con mel-, xogábase as cartas, había moita conversa. Pasando a noite íase volvendo a casa de cada un, ata romper o día. A familia tentaba entón descansar unhas horas o acompaña. Viñan familiares e xente de afora, e había que darlle a comida e a cama, como non había cama para todos -acontecía o mesmo polas festas-, durmían xuntos e gastábanse bromas, unha delas consistía en coserlle a saias unhas con outras, o querer levantarse da cama, caían unhas por riba doutras.
O día seguinte tiña lugar o acompañamento do morto. Comezaba ca saída da caixa, acompañada de berros e choros. Logo íase formando unha numerosa «procesión», emprendendo o camiño a pé ata a igrexa, recorrendo a veces quilómetros, como podía ser dende as Bouzas ou a Bouza. Principiaba ca Cruz Procesional e dous ou catro faroles, o morto na caixa, unha grande cruz, dous estandartes, un ou dous pendóns, os curas vestidos para a ocasión, a familia máis achegada, e por último veciños e veciñas. Os camiños en inverno estaban cubertos de lama, polo que había que levar unhas botas altas a ata cambiar o traxecto, e pasar ata por viñas. A choiva e o vento facía moi traballoso os portantes manter en pé pendóns e estandartes. Os catro portantes a caixa íanse turnando, e levaban consigo paus ou andas, para descansar do peso nas moitas paradas. Estas paradas eran moitas, debido os moitos responsos que se cantaban: ó saír da casa do morto, ó pasar diante da casa dos veciños que daban esmola, nos cruces dos camiños, diante do cruceiro, ó entrar na igrexa, ó rematar o funeral, e tamén no cemiterio, antes de soterrar a caixa. Os responsos eran cantados polos curas en lingua latina. A intención dos mesmos era sacar as ánimas do Purgatorio, as que estaban no inferno, non tiñan remedio. Falábase dos seguintes: De Lázaro, O Credo, O Recorderis, De pecante, Ánima, Ánima solfexado, O Vixilia, só o pagaban os ricos, tamén se falaba do Periné e o Salti in Vos.
A misa era o principal acontecemento. A preparación da igrexa era moi complicada, e levaba horas. O pé das escadas que suben o altar, colocábase un monumento de madeira de forma cadrada,que tiña unha porta ou cancela de entrada e saída. Estaba formado por longas pezas con 24 buratos, onde se metían os cirios. Nunha mesa que estaba no medio, colocábase enriba a caixa co cadáver. Canto máis importancia tiña a familia do morto, máis curas viñan, 6, 7, a veces ata 14 ou 15, nalgún enterro ata 25, a veces viñan coros de curas de Ourense. Viñan en cabalerías, aínda que algúns viñan a pé.
Na misa do funeral os asistentes pasaban por momentos de fortes sentimentos, axudaba a elo as moitas circunstancias que se daban. A condición da igrexa era a axeitada: badeladas longas e tristeiras, chan de lousas desgastadas e escuras, o mesmo que as paredes, cubertas en boa parte de retablos e santos, falta de luz eléctrica e cando veu era pouca, cheiros de aceite das lampadas, do inceso, dos asistentes e de cirios e velas, facendo sombras e luces movidas sobre as paredes. Os curas ocupaban a fronte do altar e dos laterales, rezando e cantando con voces potentes de baixos e tenores -non había altofalantes-, un deles dende o alto, no púlpito, predicaba sobre a vida como paso cara á morte. Os asistentes participaban no acontecemento rezando e cantando. A todo esto, lle engadimos que se facía en latín, lingua que non se entendía -que levaba o misterio-, que o defunto estaba presente. Todo esta levaba como xa díxemos a formes emocións . Rematada a misa, había que levar o defunto o cemiterio
Vamos a deixar, de momento, o defunto en paz, e vamos a saber algo sobre o cemiterio de Macendo. Según se le nos antigos libros parroquiales, os defuntos eran soterrados no interior da igrexa, había que pagar un prezo según a posición do enterramento: no lado do evanxeo, da epístola, máis preto ou lonxe do altar o chan – quedan igrexas que o conservan de lousas de pedra-, cando no había sitio para todos, os pobres soterrábanse na terra. No tempo que estamos falando -a mediados do século pasado-, non se soterraba dentro da igrexa, facíase no adro, que era propiedade común -non sendo algúns casos-. Cando había algún defunto, fundíase co pauferro no chan, e se non había nada duro, levantábase a terra e naquel lugar soterrábase, algunhas veces colocaban unha pedra enriba do cadáver, entón no se tiña costume de levantala, estas pedras colocabanse o pe do muro da igrexa. Unha vez apareceu unha caixa completa, pegada a estatua de Santa María, era dunha moza de Ramiras, que había morto facía máis de un ano. Os chamados «corpos santos» eran aqueles que, pasado tempo, cando se abría a caixa seguian sen podrecer. No lugar que hai de paso para o cemiterio novo, o carón da porta lateral da igrexa, foi un lugar honrado, onde nunca se soterrou a ninguen, xa que alí había un «corpo santo», ata os veciños que tiñan á veira as viñas, no nas traballaban por medo a levántalo. O cemiterio era lugar para pasar medo, sobre todo de noite: p «lume» que saía das sepulturas, aparición de ánimas….
As personas que morrían en «pecado mortal», como ían dereitos o inferno, non tiñan dereito a ser soterradas no camposanto. Un home mantiña relacións con unha veciña de Ramiras -era comunista-, eles vivían «concubinos», o cura quería que se casasen, pero eles sempre se negaron. Un día traballando co esterco, espichou unha perna, non foi o médico, e terminou morrendo de gangrena. O cura chamou a Garda Civil para que vixíase e non poideran soterralo no cemiterio, e soterrárono nunha viña, botando s´unhas pedras por riba da caoxa. Pola noite levárono o camposanto. Tamén contan, que había mortos, que lle sacaban os dentes de ouro, e vendíanos, pois a veces roubábanos.
Volvendo o interior da igrexa donde está o defunto, logo de cantar os derradeiros respònsos, a caixa e levada o adro, que tamén fai oficio de cemiterio. Antes de metelo no burato, que xa está feito, rézanse oracións, e o momento de metelo, volvían os choros e berros familiares, e tamén os recordos para os que xa se foron
Fala co meu pai cando chegues alá.
Soaban as últimas padas de terra, despídense os asistentes e a familia volve a casa
Inda quedaban máis que facer. Dar a comida a xente que viñera de afora e tamén a Comisión que se encargara de facer os traballos. Servían unha comida para todos eles, e algunhas veces -como en Fondodevila-, invitábase a todo o pobo. Para os curas, que viñeran o funeral, era unha boa ocasión para xuntarse, falar das súas cousas, e ter unha comida. Os veciños aproveitaban todo esto para «dalle que dalle» o conto. A veces traían unha cociñeira -a criada do cura de Astaríz-, e como tiñan a Bula, podían comer carne todo o ano. Din veciños de Albín -onde está a casa reitoral-, que cando eran rapaces, mataban eles os polos, para o banquete, cortándolles o pescozo, e que ían a pé a un pobo de Cartelle, para traerlles os doces, que eran moi bos. Tamén din que en outros tempos tiñan que levarlle os familiares do defunto a cafrne e o viño. Durante a comida pasábano ben, logo xogaban a partida, había quen xogaba «pouco», de os outros levánvalle os cartos que cobrara polo enterro.
A lembranza do morto non remataba neste día. Na misa do domingo había que facer «as ofrendas», logo habería misas, cabodano….
l LUIS DE ALBIN
CONTINUARÁ