MITIN DO BLOQUE EN MACENDO

(NO MEDIO VAI FOTOCOPIA)

 

O domingo día 22, as cinco da tarde, tivo lugar no Centro Social de Macendo un mitin con motivo das vindeiras eleccións por parte do B N G.. O local estaba completamente cheo, ocupado por veciños de Macendo e algunha xente que veu apoiar os conferenciantes.

 

Falou en primeiro lugar o alcalde de Castrelo Xurxo Méndez, que con optimismo expuxo os logros conqueridos polo goberno municipal dende que está él de alcalde, no que se sintiu moi satisfeito polo apoio que tivo do goberno galego e de forma sobranceira polos conselleiros do Bloque.

http://macendo.blogspot.es/img/CONCELLO1.JPG

Foi detallando as labouras realizadas: urbanizacións da Santa Maria, entorno a igrexa de Macendo. fontes por tódala parroquia, instalación de Wifi e TNT, banda ancha, o proxecto dun centro de día, unha galescola e outros. Parou máis a expoñer as obras e futuro do Polígono das Bouzas. O rematar foi moi aplaudido polos asistentes.

 

En segundo e último lugar pasou a falar o Delegado Provincial do Medio Rural na provincia de Ourense. Así como Xurxo, dedicou o tempo a falar do concello, o Delegado tratou os logros provinciales e galegos. Falou da importancia do sector primario -agricultura, gandería, pesca, minería- para a economía dun pais, o abandono e desprecio que existe para os traballadores deste sector, a nova política da consellería. Comentou o reparto da enerxia eólica -os «molinillos»-. Rematou facendo un comentario personal: «eu non fago como outros, falo do que facemos, sen falar mal de ninguén». O final foi tamen moi aplaudido.

 

Sirviuse a continuación un viño para os asistentes, no que se comentou o falado polos conferenciantes e outra cousas que teñen que ver coa política.

LUIS DE ALBÍN


NOTA: están invitados tódolos partidos políticos a participar neste blog

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

+ 16 = 25