COVELAS E SAN PEDRO

DESDE ALBÍN, CAPITAL DE MACENDO, ESCRIBE «O PROFESOR»:

 

(VAN DÚAS FOTOGRAFÍAS AO FINAL)

 

Como este blog está un pouco aburrido, vamos meterlle unhas fotografías. Eu quería ir meténdoas pouco a pouco e facer un bo comentario de cada unha, pero vai pasando o tempo e como tampouco dispoño de moito, vou ir poñéndoas e facendo un comentario sobre a marcha.

 

As fotografías foron tiradas na carretera por onde subía o Rouco (xa falaremos deste home glorioso outro día) desde Astaríz o alto do Couso.

 

Un amigo meu que un día veu invitado a Casardeita, contóume nun entierro -donde se fala de todo-, que Macendo no existía, que o que había eran un montón de pequenos pobos, case pegados uns a outros. Contesteille que si, pero que eran moi bonitos.

 

O pobo de COVELAS está pousado como nunha costa -todo é subir ou baixar- por eso parece que os tellados están apoiandose uns noutros como si fosen chanzos de escaleiras. O nome de Covelas pode entenderse como lugar de pequenas covas. Estas covas podían utilizarse como bodegas como pasa na Ribeira Sacra e Valdeorras ou para outros servicios. A saber.

 

O pobo de SAN PEDRO, está pousado no alto dun outeiro. Imos tentar facer un pouco a historia antiga de S. Pedro.

Foi un castro moi antigo, posiblemente antes de que nacera Cristo. Os castros colocábanse nos altos para mellor defenderse, chegaban a ter ata sete murallas. Se mirades para a fotografía veredes como quedan aínda camiños que van rodeando este outeiro, que serían os lugares onde estarían as antigas murallas. Estes antigos veciños de S. Pedro eran de relixión paganas, adoraban as pedras o sol e algunhos deuses déles.

 

Os cristiáns que ían evanxelizando os pobos topábanse con que os veciños dos castros non querían deixar a súa relixión. E si non era polas boas era pola forza.

 

Os cristiáns asentaron o seu exército noutro outeiro que está cerca, o de Santa Lucía, e dende alí empezaron a atacar os veciños de San Pedro (entón aínda non se chamaba así), e venceromnos, impuxeron a relixión de Cristo e construíron a capela dedicada a San Pedro. Esta capela polo tanto é moi antiga, e o pobo é de seguro, tamén o máis antigo de Macendo.

 

E xa chega ben por hoxe.

http://macendo.blogspot.es/img/covelas1.jpg

http://macendo.blogspot.es/img/sanpedro1.jpg

 

LUIS DE ALBÍN

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

+ 30 = 32