FORNOS FAMILIARES
(Ao final van 3 fotografías).
Desde Macendo, capital de Albín, escribe «O profesor»:
Nos pobos había, e sigue habendo en parte, dous tipos de fornos: fornos comunitarios ou do pobo, e fornos familiares.
Os primeiros eran usados polos veciños do pobo por turnos, case sempre de un día e unha noite, eran pequenas construccións de planta baixa, dentro da cal se metía a leña e se pasaba a noite cando facía falta, tamén era lugar de xuntaban dos veciños.
Na parroquia de Macendo o que se facía xeralmente nos patios das casas eran fornos familiares. Montados sobre pedras, estaban a certa altura, tiñan o chan tamén de pedra, mentres que as paredes e o teito eran de ladrillo refractario -para conservar a calor-, o teito non era plano, remataba nunha especie de cúpula tamén de ladrillos. Tiña unha pequena porta cuadrada -xeralmente de pedra-, que se tapaba cado o forno estaba quente cunha peza do mesmo tamaño de madeira.
Como única ferramenta dispuña dunha pa de madeira- peza de madeira con un longo rabo-.
A función principal do forno era a de cocer o pan de millo, de centeo,tam misturado -a conocida «bica», que non tgen que ver coa de Trives-. Aqueles grandes pans que se cocían duraban unha semana ou máis. Para eso enchíase o forno de leña onde ardía, logo cando o forno estaba quente sacábase a borralla -ou parte dela-, e metíase a masa do pan levedada, pechando logo o forno onde cocía. Logo sacábase coa pa.
Hoxe están desaparecendo estes fornos porque hai xente que dí que non valen para nada. Non só dan grande beleza aos patios ou outros lugares donde estean, senón que aínda se poden utilizar. Probade a facer o pan, xa notaredes a diferencia. É mais probade a asar un «carruxo» ou peixe, volvo repetir, xa notaredes a diferencia.
LUIS DE ALBIN
Nas dúas primeiras fotografías do exterior notaredes que lle falta a parte alta, pois está en reparación.
A terceira fotografía é do interior. O fondo é de pedra e as paredes, salvo a dianteira, é de ladrillo.