VOTACIÓNS AUTONOMICAS EN MACENDO
DESDE ALBÍN, CAPITAL DE MACENDO, ESCRIBE «O PROFESOR»
Aínda que xa pasaron uns días, vou dar información do resultado das Votacións autonómicas, na parroquia de Santa María de Macendo, tamén no concello de Castrelo de MIño, para información dos veciños ausentes e non ausentes.
Na Parroquia de Macendo, os resultados foron os seguintes:
Partido Popular 171 votos.
Bloque Nacionalista Galego 115 votos
Partido socialista de Galicia – PSOE 105 votos
No Concello de Castrelo de Miño, os resultados foron os seguintes:
Partido Popular 625 votos (47,03%).
Bloque Nacionalista Galego 364 votos (27,39%).
Partido socialista de Galicia – PSOE 322 votos (24,33%)
Tamén obtiveron votos. UP Q (4), Tega (3), EU-IU (2), PUM-J (1), NOS – UP (1), FPG (1).
Vai unha fotografía a continuación, que non ten que ver cas eleccións, pero si co concello de Castrelo. Non é de grande calidade, pero si dunha grande beleza paisaxista. É unha vista do Miño dende o Pazo do Conde de Troncoso. Vense as viñas en primeiro lugar, logo o palomar -os pazos tiñan tamen capela e alciprestre-, e no fondo o ancho río.