OS VIÑEDOS CAMBIAN A PAISAXE DE…

Pola relación que ten có pobo das Bouzas, copio o que di a páxina do concello de Castrelo de Miño.

http://macendo.blogspot.es/img/bouzas09.jpeg 

 

A paisaxe de Castrelo de Miño está a transformarse. Piñeiros e maleza están a dar paso aos viñedos de variedades autóctonas. O verdor característico do Ribeiro nesta época de vendima impúxose no polígono agrario da Asociación dá Viña das Bouzas, onde xa crecen as cepas nunha extensión de 12 Ha. e outras 15 atópanse acondicionadas para realizar plantación. Os 58 veciños que xuntaron as súas leiras ao redor desta iniciativa esperan a primeira colleita para o 2011.

 

A plantación de 12 Ha. de viñedo no último ano, e o acondicionamiento doutras 15 Ha. de superficie destinadas ao mesmo fin, están a cambiar a paisaxe de Castrelo de Miño. Unha contorna productiva antigamente, que tras un incendio ocurrido fai aproximadamente 20 anos, foise transformando en monte co paso do tempo, no que abundaba a maleza e os piñeiros, recupera agora o seu aspecto orixinal, aínda que coa vantaxe de que as novas cepas son todas de variedades autóctonas.

 

A plantación xa mostra o verdor característico desta época de vendima no Ribeiro, mentras os traballos conclúen nas 15 Ha. restantes, onde xa están listos os socalcos, muros e viarios. O proxecto do polígono agrario da Asociación Viña das Bouzas nacía no 2007, e púñase en marcha no 2008. Un totoal de 58 propietarios, a maioría do pobo das Bouzas, pero tamén de Castrelo, xuntaban as súas pequenas leiras para crear unha gran extensión de viñedo, contando co apoio da Consellería de Medio Rural.

(continúa).

 

MÁIS INFORMACIÓN, NESTE BLOG, NA PÁXINA DO 9-6-9, CO TÍTULO. «O POLÍGINO AGRARIO DAS BOUZAS DE MACENDO.

 

LUIS DE ALBÍN

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

9 + 1 =