A VALENTE CRIADA DO PAZO DA

El Sol detenga sus rayos

Y la luna su luz bella

La mar encrespe sus olas

y entremézcanse las tierras

que va Manuel Casanova

a cantar su historia entera

para instrucción de los hombres

regocijo de las hembras

emoción de ustedes todos

y entusiasmo de la prensa

 

 Así comeza unha cantiga dedicada ó grande bandoleiro galego Manuel Casanova, que foi condeado a morte, perdoada a pena polo rei a petición da súa nai. Saído do cárcere rematou os seus anos como pobre, pedindo limosna polos pobos.

 

http://macendo.blogspot.es/img/bandoleiros01.jpeg 

 

Os ladróns e bandoleiros asaltaban a tódalas xentes que movesen diñeiro: arrieiros, quincalleiros, mandadeiras, tratantes de gando, recaudadores de impostos, paisanos ricos que van e veñen da feira, carromatos, e en veces sucesivas saqueaban pazos, reitorales e grandes casas.

 

O inglés Xurxo Borrow, que andou por Galicia no século XIX, escribiu: «los caminos de Galicia estaban infestados de ladrones y carlistas que cometen todo género de atrocidades». Otero Pedrayo escribe.»en Galicia muchos ladrones gastaban sombrero calañés y traje corto a la andaluza». Como o Curro Jiménez. Bandoleiros célebres foron, por citar algúns Xan Quinto, o «Navallas», Pepa «A loba» e o citado Casanova.

 

Mais a intención de escribir sobre bandas de ladróns, ven a conto de escribir o que me contou unha tardiña, unha veciña de Vide, que a súa vez escoitara os seus pais. Así foi:

 

Antes había moitas bandas de ladróns e moitos roubos, por iso as casas tiñan as ventás con rexas de ferro e as portas grandes trancas.

As bandas estaban formadas por varios homes -cinco, sete- e un deles facía de capitán. Un deles entraba na casa por onde podía, e logo con asubíos avisaba ós demais homes da banda que estaban esperando abaixo, para que entraran. Como a xente escondía os cartos nos buratos das paredes ou noutros sitios secretos, os ladróns ameazaban ós donos das casas con torturas como eran o de meterlle unha estaca por aquel sitio, cocelos vivos nun caldeiro ou pote -de aquí ven a carne o caldeiro- ou meterlles os pes nunha tixola de aceite fervendo.

 

http://macendo.blogspot.es/img/prado01.jpeg 

 

Nunha ocasión os ladróns entraron na reitoral de Prado ou Astaríz -non lembra ben-, e como o cura non lle dicía onde tiña escondidos os cartos, quentaron unha tixola de aceite, logo descalzaron ó cura e foron meténdolle os pes no aceite ata que declarou. El Albín, na casa dos Vidales, que o tempo era do Conde de Gomaríz, a criada botou o aceite quente pola ventá cando querían subir e fuxiron.

 

http://macendo.blogspot.es/img/cavadina01.jpeg 

 

Pero no PAZO DA «CAVADIÑA», a criada, unha noite, encontrouse de súpeto dentro da casa co capitán dunha banda de ladróns, e díxolle para entretelo:

– Capitán, mentras imos a buscar os cartos, voulle  preparar unha boa cea, xa verá como queda satisfeito.

– Si non queres enganarme e te das presa espero. Respondeu o capitán.

A criada puxo a tixola o lume ben chea de aceite e cando este estaba fervendo, nun descuido do capitán, colleu a tixola polo mango e con toda a forza botoullo na cara quedando este cego, logo foi pola machada e de dous golpes cortoulle a testa, logo botouna pola ventá ó patio, onde estaban, agardando o resto da banda, para recibir o aviso para entrar.

– Hai vos vai a testa do voso capitán, haber si tedes c… para entrar na casa.

Os ladróns fuxiron de medo e non se soubo máis deles.

 

EN LEMBRANZA DESTE FEITO HERÓICO, DEBERÍAN OS VECIÑOS DE TRONCOSO POÑER, NO PATIO DO PAZO, UNHA ESTATUA DA ARRISCADA CRIADA CA TIXOLA NA MAN.

 

http://macendo.blogspot.es/img/cavadina05.jpeg 

 

FOTOGRAFÍAS:

– Bandoleiros andaluces

– Escaleira da reitoral de Prado

– Vista do pazo da «Cavadiña»

– Patio interior do Pazo da «Cavadiña»

 

LUIS DE ALBÍN.

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

48 + = 54