AS CUBAS DE MADEIRA

Quero sentir o calor do viño novo,

Do viño novo que ferve no lagar,

Ledicia vella no corazón do pobo,

Meu compañeiro de troula e de ruar

 

Manuel de Dios.

 

http://macendo.blogspot.es/img/bodega02.jpeg 

 

Pasou a vendima, pasaron as espremas e está chegar o San Martiño para beber o viño novo, tamén van pasando dende fai anos as cubas de madeira, para cambialas por depósítos metálicos. Na parroquia de Macendo xa quedan en poucas bodegas, na do Aurelio de Albín, na do Costa nas Bouzas…

 

http://macendo.blogspot.es/img/bodega01.jpeg 

 

Agora xa se perdeu a cerimonia de sacar con arte, a espita da cuba para que o viño vermello e cheo de recendo, que soaba o caer dentro das xarra de pedra, tampouco lle verás o «rosario», nin che saltará os ollos o achegar a cunca os beizos. O viño que se fai agora e diferente, como din «Deus fai que o viño saia das cepas e os químicos están para demostrarlle que non é certo».

 

http://macendo.blogspot.es/img/cuba01.jpeg 

 

Como conquerir que non desaparezcan as vellas cubas de madeira, xa que non se utilizan para o viño, vamos a buscarlle outros usos. Para iso vamos a seguir os seguintes pasos, sempre que teñamos ou levemos as cubas á bodega, colocadas sobre canteiros:

 

1. Buscar un carpinteiro, que non sexa un «chapuzas».

2. Abrir unha porta, xa sexa polas tempas ou pola barriga.

3. Dentro da cuba, colocar estantes o redor e ganchos no teito.

4. Meterlle unha lámpada ou farol.

5. Colocar nos estantes botellas de viño, augardente, licor café, mel, queixo…

6. Colgar do teito xamóns, chourizos, chourizas, longaínzas, calchichón, bacallau, cachuchas, touciños…

 

http://macendo.blogspot.es/img/cuba03.jpeg 

 

Que conseguimos con esto:

1. Manter a bodega co feitizo que tiña antes.

2. Aforrar en armarios, mosquiteros, despensas, neveiras. O sexa que gañamos en espazo e tempo.

 

http://macendo.blogspot.es/img/cuba02.jpeg 

 

Cando a cuba e de moitos moios – de trinta para arriba-, pode poñérselle unha plataforma de madeira na parte baixa da mesma, e enriba dela unha mesiña con dúas ou catro banquetas e ata nunha esquina un pequeno televisor.

 

Din que ten un sabor especial o comer, merendar ou cear dentro da cuba. E din os que xa teñen feito isto que ten moita comodidaded, xa que todo está o alcanced da man, sesn levantarse do asento: que queres comer un chourizo levantas o brazo e cóllelo, que qures unha botella de licor café, estiras o brazo ata unha estantería e cóllelo, e así con tódalas cousas…

 

LUIS DE ALBÍN.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

33 − 31 =