"O LAZARILLO" EN ALBÍN

O pasado mes de agosto, tivemos a visita dun pequeno grupo de teatro, que representou unha versión moderna da recoñecida obra literaria do Lazarillo de Tormes.

 

http://macendo.blogspot.es/img/teatro07.jpeg 

 

No «marco imcomparable» da remodelada Aira de Albín, a noitiña, pequenos, mozos e maiores, disfrutamos e lembramos das mañas do Lazarillo cos seus amos: o crego, o fidalgo famento e o cego esmoleiro

 

http://macendo.blogspot.es/img/teatro06.jpeg .

 

Os actores, dous mozos e unha moza, son hoxe os erdeiros das antigas compañías ambulates, tamén dos humildes titiriteiros, que ían de pobo en pobo nos carromatos, e vivindo da xenerosidade dos veciños. Os de agora veñen en furgoneta, están subvecionados polo Concello, pero seguen co mesmo espíritu de aventura, hoxe eiquí mañá alá, hoxe hai traballo e mañá non.

 

Deus lle dé sorte, polas horas lnesquecibles que pasamos con eles.

 

FOTOGRAFÍA: Esteban Suarez Méndez

TEXTO. Luís de Albín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

+ 17 = 20