VENDIMA E CHAMPAGNE EN CASTRELO

As vendimas son días de ledicia -sempre que non chova-, pois é a colleita do froito conquerido co traballo de todo o ano.

Este ano comezou cedo, polos días 27 2 28 de agosto. Millóns de quilos entraron nas bodegas con un aumento de uva entre un 20 e un 30% con respecto o ano anterior. E unha uva de calidade e sen enfermidades.

http://macendo.blogspot.es/img/vendima05.jpeg 

 

Poucos veciños encuban  ás uvas -como non sexa unha pequena parte para consumo propio-, están van para bodegas industriales e cooperativas. Como pasa sempre Consellos, sindicatos, bodegueiros e uotros de mando, non se poñen de acordo, e como sempre o prexudicado é o agricultor, que cobra tarde e mal.

Parece que volve a solicitarse o alicante e o xerez, coa intención de darlle cor e acidez o viño.

 

NON SÓ DO VIÑO VIVIRON SEMPRE OS VECIÑOS DE CASTRELO.

 

E con esto, vamos facer un pouco de historia.

Sábese polo testimuño do xeógrafo  grego Estrabon, que alá  polo século II antes de que nacera Cristo, xa se elaboraba viño no Ribeiro, e que moito máis tarde o Champán galego compitui co francés e o catalán. Polos anos 20 e 30 do século pasado, xa s.e precuraba o Champagne Gulías, anos máis tarde tamén o Champan Galego. A nós o que importa, e o CHAMPAN DE CASTRELO, procurado polas BODEGAS RAMOS.

 

No ano 1958, no xornal «El pueblo Gallego», aparece o seguinte anuncio: «BEBA CHAMPÁN GALLEGO. La delicia burbujeante de este riquisimo vino achampanado y su perfecta graduación, se obtiene en las bien acondicionadas cavas que, EN CASTRELO DE MIÑO, POSEEN LAS BODEGAS RAMOS….». iNTENTAREI SABER QUE FOI DEL.

 

http://macendo.blogspot.es/img/vendima06.jpeg 

 

Vamos 200 anos atrás, no diccionario de Madoz, podemos ler: «las riberas miñotas de Ourense y Ribadavia y algunos valles abrigados del Sil se hallaban coronados de NARANJOS Y LIMONEROS. E según Manuel Murguía: «en el siglo XVI zarpaban de Pontevedra y Marín hacia Italia, navios con ricos cargamentos de sardina, VINO DEL RIBEIRO, lienzos, encajes y AGRIOS» (laranxas e limóns.

«A INGLATERRA se exportaban vino, AGRIOS del Valle del Salnés, VIÑEDOS DEL RIBEIRO y las campiñas de Pontevedra.

 

Pero aínda hai máis, pois os OLIVARES ocuparon boas extensións nas zonas temperadas de Galicia. Quedan de entonces moitos topóminos como o barrio da Oliveira en Ribadavia, o Olivar en Puga.

 

Agora que o troco climático nos favorece neste senso. Pode ter máis importancia económica, poñer plantación de laranxas e limóns e de olivares, e tamén facer champán.

Por iso en Macendo, que está sempre un chanzo por riba co Concello, xa ten en Meizo, unha PLANTACIÓN DE OLIVEIRAS. O propietario, emprendedor e home de moitas luces, é Xosé Lois «Meleiro».

 

http://macendo.blogspot.es/img/vendima07.jpeg 

 

Eu pola miña parte, estou convencendo os veciños de Albín, para que poñan unha plantación de agrios no comunal da FIGADOÑA, outras de OLIVEIRAS no comunal da TRAVESA. O CHAMPÁN, farase la BODEGA DO AURELIO, que ten bocois de carballo dos de antes.

 

LUIS DE ALBÍN

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

+ 30 = 35