2 DE CAL, 1 DE AREA

LA PIZARRA DE XIZ

O xornal «La Voz de Galicia», levou a cabo un concurso escolar entre os colexios da Cominudade Galega, e nel participou o CEIP CASTRELO DE MIÑO, que ten o edificio escolar no pobo de Astariz.

http://macendo.blogspot.es/img/actuacions001.jpeg 

Dous rapaces representaron o Colexio, Ismael Rodríguez e Lucas Hermida, un deles veciño da Parroquia de Macendo. Chegaron ata o final provincial.

Boa parte dos veciños e veciñas do Concello, seguiron pola televisión ás competicións escolares. A importancia foi tal, que ata os candidatos dos partidos políticos, na campaña electoral pasada, nomearon as fazaña dos nosos rapaces.

Noraboa a Ismael e Lucas. Os profesores e profesoras, pois eu ben sei, que insinar e educar non é traballo de días, senon de anos.

 

SAN ANTONIO EN ALBIN

Non me gusta escribir sobre tantas festas-parece que non facemos outras cousas-, pero pedíumo algún que outro, e vamos a facer un comentario.

Houbo tres días de festa con misas, bailes, cánticos e comidas, o cal foi posible pola colaboración xdenerosa dos membros da Asociación e tamén de algúns outros.

http://macendo.blogspot.es/img/albin011.jpeg 

OS DE PRADO, VIÑERON A FESTA

 

Venerando encargouse de contratar a música, Pepe da Xosefa dos foguetes e da «vinoteca», Pepe da Mª Xesús da pulpeira e das contas, Aurelio axudando e levando a «licorteca», e todos eles tamén montando o complicado «taloxo» ou comedor e servindo as mesas.

 

http://macendo.blogspot.es/img/albin012.jpeg 

OS TRABALLADORESCOMERON A HORA DA MERENDA.

 

As  mulleres -Xosefa, Mª Xesús, Alicia, Rosa, Marisa e outras- moi organizadas, como nuha fábrica, arranxaron comidas, postres, cafés e máis. O Presidente cargou ca CRUZ… na procesión.

 

UN MAGO NO CANADEIRO

 

Dentro do programa OS CAMIÑOS DA CULTURA, un MAGO, entretívonos co seu espectáculo, a tardiña do sábado, mostrando os seus xogos e habilidades.

 

Aquí o que toca non é CAL SENÓN AREA, porque aquilo deixou moito que desexar. Un escenario-si se pode chamar así-, posto apresa e mal, un son que non funcionaba, sen luz, algunhas cadeiras por alí colocadas e como público un grupo de nenos, algúns pais e nais e un par de despistados que por alí pasabamos.

As cousas hai que facelas ben, ou non sei si é mellor non facelas. E con esto non trato de botarlle as culpa o Concello, que fixo o esforzo de traer o espectáculo, senon as «autoridades» de Macendo: teñen que dar unha boa información nos pobos, animar a xente, o Canadeiro debe estar cheo, a organizacióm perfecta…  Non sei para que temos unha «Asociación de Veciños» en Macendo.

O que poido ser unha NOITE MÁXICA, QUEDOU NUN HUMILDE ESPECTÁCULO.

Quedanos a pequena satisfacción de que os nenos pasaronno ben. Nestes asuntos, conformánse con pouco.

 

http://macendo.blogspot.es/img/actuacions002.jpeg 

 

LUIS DE ALBIN

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

73 + = 75