UN POUCO SOBRE O POBO DE RAMIRAS

A intención, de cando en vez, é escribir e colgar algunhas fotos dos pobos de Macendo, aínda que sempre queda moito por escribir e tamén fotografías de lugares do pobo importantes por poñer. Máis hoxe non vou escribir eu senón un veciño das Bouzas pero que naceu en Ramiras LUIS A. REY, tal como o pon en «O Canadeiro», revista cultural que publicou a Comisión de Festas das Bouzas no ano 2005. Así escribe Luis A. Rey:

«Situado o sureste, teño uns  700 metros de altitude, o que me fai ser a cota máis alta do concello, tamén xunto tres concellos distintos (Cartelle, Toén e Castrelo de Miño) nun punto chamado Trifinio, está alá por Valdeporco, un pouco máis arriba nace o regato Fregoso.

 

http://macendo.blogspot.es/img/ramirasm4.jpeg 

 

Por parte estou salpicado nunha ladeira que vai dende o campo da malla ata a capela, se seguindo polo descorrer da estrada; casas novas de pedra. E polo outro da capela para abaixo, agrúpome un bo cacho, para rematar nos canastros e na Fonte Vella, que rega o Val das hortas; casas xuntas e mestura de materiais (madeira, ladrillos, pedras soltas…).

 

http://macendo.blogspot.es/img/ramirasm3.jpeg 

 

A capela está adicada a Nosa Sra. das Mercedes, é moi coqueta e pequena, restaurada hai uns anos, obra na que perdeu a tribuna. Antes era privada, xa que estaba metida nunha cerca que pertencía ó Conde de Troncoso e Marqués de Couxíl e Couxiliño, por eso ten dúas portas, unha pequena que daba a finca, e outra  máis grande con un escudo de pedra encima, que daba para fora, pola que se servía o pobo. Agora ten o rousío libre.

 

http://macendo.blogspot.es/img/ramirasm2.jpeg 

 

Alá polo último cuarto do século XIX xurdui entre oe veciños un afán de superación, con respecto a forma de sacarlle o traballo algo máis que os troques que facían normalmente…

A cousa chegou coa chegada dun home -Barreñeiro- que viña do pobo  veciño de San Tomé das Olas (Cartelle), onde primaba facer olas de barro e vendelas, aínda que esa atapa estaba chegando ó seu fin, como tamén sucedera na Bouza, pobo pioneiro, e que apenas tivo unha actividade relevante.

O «Tío Barreñeiro fixo un forno o final a costa… e comenzou o seu labor de facer olas axudado polos veciños… non ía ser empresa fácil… pero foxeron barreños, de aí o alcume do mestre, olas xerras e xerros de dúas asas.

Logo se fixeron máis fornos polo camiño…

SI QUEREDES SABER O INTERESANTE PROCESO DA VIDA E OBRA DOS OLEIROS DE RAMIRAS LEDE O LIBRO, QUE É MOI INTERESANTE.

 

http://macendo.blogspot.es/img/ramirasm1.jpeg 

 

 

VOU REMATAR ENGADINDO ALGO DA MIÑA COLLEITA:

 

Fai 250 anos aproximadamente, o rei de España Fernando VII mandoulle a un dos seus ministros chamado Marqués de Ensenada facer un catrastro ou censo de tódalas propiedades dos españoles para poder así cobrarlle mellor os impostos. En canto ao pobo de Ramiras dí o seguinte:

«Especies de frutos que se cogen: mijo (parecido o millo), maíz menudo, centeno, castañas, algo de vino. Huerta: verdura, algunos guisantes, pocas habichuelas, cebollas, lino y en los monters estrume.»

E sigue: «El número de vecinos es de veinte. Hay 13 maestros olleros y 19 aprendices olleros. Tienen que pagar el diezmo (décima parte) de las ollas que fabrican en dicho lugar…».

OUTRA VEZ ESCRIBIREMOS MÁIS SOBRE RAMIRAS.

 

Luis de Albín

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

+ 12 = 14