XUNTA NA AA VV DE MACENDO

XUNTA DOS MEMBROS DA «ASOCIACION DE VECIÑOS» DE MACENDO.

 

O sábado, día 18, tivo lugar no Centro cultural de Macendo en Fondodevila, unha reunión dos socios co fin de buscar solución o problema que se plantexa este ano para a celebración das Festas de Agosto.

Os veciños de Vilela -neste caso un-, xa fai tempo que fixeron saber da imposibilidade de organizar as Festas, dado a que o Pobo nos dispón de vecindario para facerse cargo das mesmas. A Asociación xa decidira facerse cargo das mesmas con anterioridade, o que se plantexa agora e a forma de levar a cargo esta tarefa. Despois de varias intervencións dos asistentes acordouse que tres directivos se entrevistasen con varias axencias de espectáculos para saber condicións e precios, que logo expoñeran os veciños para tomar un acordo definitivo.

Por último, falóuse de acondicionar o campo do Canadeiro para a cea do día 14 a noite.

Se non se volta atrás para o ano que ven, vaise perder a ilusión que poñían os veciños de cada pobo para organizar as festas o ano que se tocaba.

 

Hoxe vai unha «foto» vista por un «ollo torto».

 

UN SAÚDO: LUIS DE ALBÍN

 

 http://macendo.blogspot.es/img/Igrexadaparroquia.jpg

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

+ 89 = 97