A PONTE MILAGREIRA DE BARXELAS

 Escribe «o profesor» desde Albín, capital de Macendo.



http://macendo.blogspot.es/img/pontebarxelas02.jpeg

A lúa vai pola ponte

A sombra dorme no río,

Máis o corazón da  noite,

Ise, Soio vai conmigo.

 

EUGENIO MONTES.


Fai uns días, encontreime nunha rúa de Ourense co profesor Mandianes, que sae de cando en vez, no programa «Luar» da Televisión Galega, e faleille da historia que me dixeran o Rafael Rúa de Souto e algun máis, e contóume como se facía seguindo a tradición, e falóume así:

«Cando unha muller embarazada non lograba ter fillos,a medianoite poñíase esta no centro da ponte acompañada de dous veciños que se colocaban cada un nun extremo da misma. A primeira persona que pasase pola ponte a medianoite era parada para «bautizar» o neno. Os homes levaban un caldeiro e unha corda e botaban o caldeiro dende o centro da ponte para coller auga con que bautizar o neno».


 

 http://macendo.blogspot.es/img/pontebarxelas01.jpeg

 

 

As dúas «pontes importantes» que hai en Macendo son unha á das Bouzas -que xa escribirei sobre ela noutro momento- e a de Barxelas. Si subimos desde Astaríz a Macendo, pasamos Freás, logo o alto da Cancela e o baixar topámonos con dúas pontes colocadas unha case a carón da outra, logo enseguida xa está Souto. A ponte antiga de pedra -hoxe nun estado de total abandono- é donde aconteceu o milagre do que vamos a falar. Esta ponte foi sustituida pola nova debido a que os choferes tiñan que tomar unha curva non doada, que só o Rouco -do que escribirei tamén outro día- lograba virar como mestre de choferes que era.

Os protagonistas principais foron unha veciña de Souto de Macendo, os fillos da misma viven e beben hoxe, e Xosé «o coxo», que aínda non era coxo, panadeiro que tiña a panaderia dentro do pobo -había e hai outra panadería na carretera-. Nesta panadería do Xosé era onde collían o «racionamiento» do pan os veciños de Macendo, facendo longas colas.

 

IMOS A CONTAR A HISTORIA:

 

Alá polos anos cuarenta do século pasado, vivía na aldea de Souto de Macendo unha muller que non daba tido fillos, pois, despois de quedar embarazada víñalle o aborto, e nunca chegaba a ter nenos. Así lle aconteceu unha e outra vez ata catro.

Un día unha veciña destas as que lles gusta dar consellos, colléuna nun aparte e díxolle:


-Ti quedas preñada pero non chegas a parir o neno, porque unha veciña que non che quere ben botóuche o meigallo. Agora que volves a estar preñada, para que non volvas a ter outra perda, tes que facer o que eu che digo: levántaste sendo noite e poste na ponte, e á primeira persona que pase cóntaslle o teu caso, e dislle qie che bautice o neno.


E así o fixo, levantouse de noite, colleu unha taza grande na cociña, e sentouse esperando o primeiro que cruzase a ponte. O romper o día viu que se estaba achegando un home enriba dunha besta, enseguida reconocéuno, era un dos panadeiros de Astaríz -aínda non estaba en Tallón a María a Panadeira-, había traballado tódala noite no forno facendo as pezas de pan, que agora colgaban en grandes alforxas  na besta. El ía polos pobos de Macendo vendendo as pezas de pan, que viñan aínda quentiñas.


Acercouse a él, e despois de darlle os bos días, contóulle os seus pesares e tamén o remedio que lle aconsellara a veciña. O panadeiro que era moi boa persona e ademais moi relixioso, negouse en redondo a facer aquelo, e repetíalle unha e outra vez:


– Que non e que non, non me fagas facer o que está en contra da relixión de Cristo, o que me pides é un pecado, xa que para bautizar xa están os curas.

Pero a muller insistía e insistía, choraba a mar de chorares, ata que él compadecido terminou cedendo:


– A ver, que teño que facer?. En menudo apuro me metes¡. Non che se ocurra contarllo a ninguén, dixo resignado.Ela puxo entón a barriga o aire e a taza coa auga a súa veira, mentras él se dispoñía a facer o que ela lle mandase. Así o Xosé «O panadeiro mollou os dedos na taza e pasándollos polo ventre facendo unha cruz a vez que  dicia as palabras do bautismo.

Cumpríuse o milagre: a muller de Souto non volveu a perder máis nenos, e tivo catro fillos.

 

O CONCELLO DEBERÍA SENTIRSE NA OBRIGA DE FACERLLE UNHA LÍMPEZA DE CANDO EN VEZ, QUE NON CUSTA TANTO, en lembranza desde acontecemento.

 

Un saúdo: LUIS DE ALBÍN.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

92 − = 84