UN PORCO MOI AGUDO

Despois de botar unha sesta e ler un anaco, saín da casa para dar unha volta e beber unha cerveciña, se viña ao caso. Pasaba o Tanatorio, cando me topei de frente con tres mulleres que ían cara Fondodevila; paráronme e unha delas díxome:

 

– Luís, a ti que che gustan os contos, vouche contar un que nos econteceu cando viviamos en Souto. Este conto díxenllo á miña neta, escribiuno nunha folla e presentouno nun concurso no colexio de Astaríz, onde estudia, e déronlle un premio. A maestra riuse moito cando o contou.

 

– Pois cóntao xa, se non lle é moita molestia, e non levades moita présa.

E tal como mo contaron, cóntovolo:

 

http://macendo.blogspot.es/img/porco1.jpeg 

 

A cociña da casa onde vivíamos en Souto -era daquelas casas pobres de antes- tiña un parecido a un «pasadizo» con unha trampa de madeira, que se abría para que pasase o porco a cuadra desde fora. Tamén servía este «pasadizo para sacar e meter o esterco. O porco como xa dixen entraba e saía por eiquí, pero como era moi agudo tiña a costume o entrar na cociña de levantar a tapa da pota que estaba na lareira, e comer as verzas que estaban dentro dela.

 

Intentamos de tódalas maneiras que o porco collera as boas costumes, pero como non facíamos bo del acordamos ir a vendelo a feira. o día sete marchamos  a  Ourense e conseguimos vendelo. Pasados uns días díxome o meu home:

 

-Erundina, temos que mercar un marrau, pois é unha necesidade para comer todo o ano-.

 

E deste xeito partimos o 17 a maña moi cedo cara Ourense, e de contado dimos con un que nos agradaba,despois de  rexistralo, e vendo que o que pedían por el non era moito, decidimos compralo. Voltando para a casa o marrau parecía que sabía o camiño, e o chegar a casa e pasar pola cociña levantou a tapa da pota coma o porco que venderamos, entón o meu home moi serio díxome:

 

– Mira Erundina, fíxate no porco, fíxate ben, non che se parece este porco e o que vendimos na pasada feira.

 

– Pois é certo, contestéille eu, lavaronno e fregaronno tanto e tambén, que nos diu o camelo.

 

O porco pasóuse de agudo, xa que seguía levantando a tapa de pota e non había forma de dominalo,e decidimos matalo axiña. E así se fixo.

 

E con esto acaba este conto verdadeiro.

 

UN SAÚDO: LUIS DE ALBIN

 

http://macendo.blogspot.es/img/porco2.jpeg 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

33 − = 29