MACENDO. ÁREA COMERCIAL, INDUSTRIAL Y RECREATIVA.
MACENDO. AREA COMERCIAL, INDUSTRIAL E RECREATIVA.
Macendo parroquia
do Concello de Castrelo de Miño, mantivo sempre identidade propia, pode ser
debido –seguindo a historia-, á relación e dependencia que tivo co Mosteiro de
Celanova, diferenciase das comarcas ribeiráns, mantendo o nome de Macendo de
Montes. Fai anos, pero non moitos, nas tabernas da vila de Celanova bebíase
viño de Macendo, e algún macendano que foi por alí a vender o viño da colleita,
rematou montando unha taberna, a cal mantivo ata a xubilación. Nos anos “duros”
tamén se foron a pedir préstamos de diñeiro. Máis a auténtica identidade propia tuvoa fai sobre 200 anos, cando Macendo foi concello -no sei canto tempo sería-, co nome de «Ayuntamiento de Macendo de Montes».
Como entrante no
asunto que vamos a tratar, metámonos cos vendedores ambulantes, que lle podemos
chamar “os das furgonetas”, que nos serven ó pe da casa, que xa quixeran en Ourense. A atención diaria ó pan, empanadas, doces
… vai feita pola panadería de Cartelle y
pola panadería da Bouza. Para o servizo
do peixe está “O Remigio” e outra pescadeira, tan fresco que sabe a marisco e a
moi bo prezo. Tamén veñen o dos “conxelados”, o “froiteiro” e algún que outro.
Vamos a escribir sobre o que lle podemos chamar ÁREA COMERCIAL, INDUSTRIAL E RECREATIVA DE MACENDO
Dando comezo no pobo de San Pedro, temos un antigo bar, parada
obrigada do “Rouco”, que aparte do seu servizo propio, atende o estanco da
Parroquia. No alto do Couso, queda a que foi tenda- bar do “Villar”, de grandes
lembranzas, fechado desde fai anos.
Baixando, á
esquerda, está a casa de Xosé Lois o “Meleiro”. Ten no barrio do Couto, en Ourense,
unha tenda de neumáticos para coches, bo
home e veciño, funciona ó revés, primeiro colócache as rodas no coche, e logo
diche o prezo, da facilidades de pago. É o pioneiro nunha plantación de
oliveiras en Meizo, e no baixo da casa ten un pequeno bar só para invitar ós
amigos. O que nós importa agora aquí é a
industria do mel, que el ten montada con aparellos electrificados, e os centos
de colmeas de que dispón, é moi saborosa e ten un prezo moi razoable. Para este
duro traballo ten a colaboración da súa dona Estrela. Non sei se lembrará facer
a mestura de viño con mel que facían os seus avós, e como fixeron moito antes
os romanos.
CAFÉ BAR ADÁN
Baixamos un pouco
máis e topámonos co bar Adán. Este bar foi montado polo Justo Adán o fontaneiro,
é lugar para botar partidas de cartas e dominó, con unha boa terraza a entrada
para tomar o sol. Os domingos pola mañá pon o posto un pulpeiro podendo
saborealo na terraza acompañado dun bo viño. O que non podemos perder alí son
os partidos de fútbol do Madrid, onde se xuntan tódolos xiareiros poñéndose moita paixón.
Justo Adán, ten o
taller no campo do Canadeiro, herdou do seu pai o oficio e que vai pasando o seu fillo Odilo. Justo atende
tanto a fontanería, como a calefacción, como a electricidade. Estaba eu fora
este verán e chameino o móbil, pois
perdía auga un grifo. Como xa o coñezo fai anos, a conversa foi máis o menos
así:
-Justo, haber si
podes ir pronto a Albín, a arranxar un grifo, a auga xa inundou o patio e esta chegando a
casa do Venerando.
-Si é tan urxente, haber si me dan o xantar, e
logo paso por alí.
-Mira Justo, que
é moita auga a que perde.
-Non se preocupe
tanto profesor, que vostede non vai a morrer afogado.
A tarde foi por
alí, e chameino outra vez o móbil
-Justo, cortaches
a inundación.
-Pero profesor
que me di, si so eran catro gotas.
-O que importa é
que quedou arranxado. Dime canto che debo para levarcho.
-Profesor non se
preocupe que sempre hai tempo de pagar. Vostede e dos que paga.
-Xa che debo non
sei cantas reparacións desde debe facer máis de tres anos, que xa no me lembro
cantas son.
-Non se preocupe
profesor que téñoas todas na miña cabeza.
-Se non me
cobras, vou morrer e ti quedas sen cobrar.
-Non se preocupe,
que xa lle pasarei as contas os seus
herdeiros.
O Adán segue sen cobrar,
e sen dicirme canto é. Xa non sei como facer para pagarlle o que lle debo.
CARNICERIA E BAR-RESTAURANTE «CUCO»
Seguindo cara
abaixo, á dereita está a casa do “Cuco”. O baixo está dividido en dúas partes.
A esquerda un local está ocupado pola Carnicería do Cuco de Luís o Carniceiro, sirve carne saborosa tódolos días da semana e
ata cha leva a casa. A dereita está o
Bar do “Cuco”.
O bar-restaurante
do “Cuco”, ten o servizo das “Quinielas e “Apuestas del Estado”. A atención o
bar lévase no interior do local, e fora nun reservado “verde” que protexe do
sol e do frío. Manolo e Mari son matrimonio que senten paixón pola cociña. Alí
van comensais a diario pola comida saborosa e feita o momento: si é carne váise
mercar o lado o carniceiro. os outros
son produtos cultivados da
súa casa: ovos, pitos, coellos, verzas e ensaladas e ata o viño tinto de mencía, tamén é das viñas da casa. Eu teño
ganas de poder degustar outra vez as “arepas” típicas venezolanas.
Logo esta o CENTRO MÉDICO DE MACENDO
Seguimos a
carretera está a casa de Emilio Alonso, que en sociedade con Manolo, forman a
sociedade “Construcciones Vyalon”, levan
todo tipo de traballos que teñan que ver
ca construción, albañilería e pintura.
UNHA DAS NAVES QUE TEN «ALMACENES GÓMEZ»
Continuando a carretera cara abaixo, á dereita e esquerda, onde antes se
chamaba o Paraño está o “Corte Inglés” de Macendo, o nome oficial e “Almacenes
Gómez”. Ó matrimonio xúntase os fillos, un deles é enxeñeiro agrícola e
infórmache ben e de balde do uso e aplicación dos asuntos do campo. Véndense
produtos fitosanitarios, todo tipo de materiais para a construción,
alimentación de animais, tenda e froitería, e do máis variado: máquina para
cortar leña, cubas para o viño … un sombreiro, cepillo de dentes, pilas para transistor … o que queiras. Tamén
fai servizo de transporte con unha furgoneta. Xa quixera o Corte Inglés ter
tanta variedade.
Temos tamén o
noso mecánico que arranxa todo tipo de máquinas: coches, tractores,
desbrozadoras, cavadoras, o que lle dedicaremos outro día.
Vemos o dinamismo
da parroquia de Macendo, cando boa parte das parroquias da Provincia están
esmorecendo, conségueno a conta dos
veciños que viven aquí, dos que veñen de
afora nas vacacións, pontes, fins de semana e os que traballan fora da
Parroquia, xente que non é da Parroquia … despois de todo temos unha zona
comercial que non teñen nin outras
parroquias do Concello de Castrelo, nin outros Concellos.
NA CARRETERA DA «ÁREA COMERCIAL», PRESENTA TRES GRANDES CURVAS»
A pesares de que
dende o pobo de Astaríz, temos unha carretera estreita e chea de curvas. Pero inda é peor, a parte que ocupa a “zona comercial”, da que falamos,
está feita unha calamidade, onde non se pode camiñar sen perigo de que te colla
un coche, e menos tentar aparcar. Non se trata de pedir un aparcamento baixo
terra, pero que menos o ARREGLO DA
CARRETERA E FAGUER UNHA BEIRARÚA QUE CUBRA ESTA ÁREA COMERCIAL da que estamos falando. Xa é tempo.
En fin, pedirlle
ós veciños de Castrelo, de Cartelle e de outros lugares que veñan a facer unha
visita a AREA COMERCIAL DE MACENDO, non quedarán defraudados. Algúns xa o fan.
LUIS DE
ALBÍN.