OS ALEGRES MÚSICOS DE RAMIRAS

 

Bravo por la música, que nos hace mágicos,

 

Bravo por la gente que está en conexión,

 

Bravo por la música, siete notas clásicas,

 

Forman cualquier clase de combinación,

 

Unas son tristísimas, y otras son muy trágicas

 

Y otras veces son más alegres que el sol

 

 

Juan Pardo (cantante).

 

 

No pasado mes de outubro, nunha tarde de sol, decidín subir ó pobo de Ramiras enriba da miña Peugeot -é unha bicicleta-, coa intención de sacarlle unhas fotogafías os canastros do pobo -a costiña tira do peito-, entrando no pobo escoitábanse  os sons da que parecía unha orquestra, interpretando aquelo de.

 

Vivir en Galicia que bonito é,

Andar de parranda e dormir de pe.

 

http://macendo.blogspot.es/img/musicos01.jpeg 

 

Dirixinme cara alá -non había anunciada ningunha festa-, e cando comezaban a atacar aquela de «tu retratito lo llevo en mi cartera», atópome con catro homes nun patio, tocando cada quen un instrumento. Un deles que recoñecin de inmediato era o Carlos, que fora veciño de Covelas. Alí estaban todos acompañados coas súas mulleres, que aplaudían as interprestacións, o lado unha mesiña onde había pratos onde picar e algunhas botellas de viño e outras cousas.

 

O Carlos comprou non fai moito tempo unha casa con fincas no fondo do pobo, e alí pasa o tempo de xubilado coidando de animais e plantas, ademaís de dedicarse a súa paixón que é a música, eu xa o recordo fai anos, formando parte dun cuarteto chamado «As brisas do Miño», recorrendo os pobos da provincia.

 

http://macendo.blogspot.es/img/musicos02.jpeg 

 

Enseñoume as súas propiedades, invitoume a escoitar algunhas melodías, o tempo que ía probando do que había enriba da mesa.Eu prometinlle darlle unhas fotografías de eiquí e de Venezuela, falamos de moitas cousas importantes, entre as cuales estaba a seguinte.

 

QUE A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MACENDO, SE PREOCUPE DE MONTAR NA PARROQUIA UN CORO, GRUPO MUSICAL OU COUSA PARECIDA, pois hai personal preparado e dabondo.

 

Un saúdo:  LUIS DE ALBÍN.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

43 − 38 =