¿TES CAÍDA A PALETILLA?

Dios se las vuelva a su lugar,

Así como el agua va al mar,

La paloma al palomar,

Y el cura da vuelta al altar,

Con el poder de Dios,

Y la Virgen María,

Un padrenuestro,

Y un Ave María,

Espinilla, paletilla,

Tente a ti,

Como Dios se tuvo en si.

 

VICENTE RISCO(rezo que se facía).

 

http://macendo.blogspot.es/img/paletilla01.jpeg 

 

A xente antes tiña que facer moitos esforzos: turrar e levantar pesos, levalos a cabeza, ombros, brazos. Istos traía consigo que os osos e outras partes do corpo sufriran e descolocábanse do seu sitio. Un dos máis comúns destes casos eran o que lle chamaban a caída da PALETILLA e a caída da ESPIÑELA, que non é o mesmo. A paletilla é un oso plano que está situado o nivel dos ombros, aínda que tamén chamábanlle así  os osos que articulan os ombros cos brazos. A espiñela ou esterno é un oso que baixa polo peito  donde se xuntan as costelas, e que remata nun ápéndice, xa preto do estómago. Os que tiñan estas enfermidades atopábanse moi mal: dor de costas, de cabeza, anemia, desgana…

 

As probas para saber si o enfermo ten algún destes males, faise da seguinte maneira: deitar o doente no chan, xuntarlle as pernas e os pes, collerlle os brazos e estirarllos, cara a cabeza por igual, ata que se xunten as palmas das mans. Si unha man saobresae da outra -aínda que só sexan parte dos dedos-, é sinal de que os osos non están no seu sitio, entón hai que poñelos.

 

http://macendo.blogspot.es/img/paletilla02.jpeg 

 

Unha veciña de Albín contoume o arranxo da paletilla, que pode ser de dúas maneiras:

1. Unha persona «forzuda» colle o enfermo polos costados, abrazandoo a altura do peito, o enfermo ten colocados os brazos en posición de rezar, o «forzudo» levántao dun tiron e logo vaino baixando moi a modiño. Trátase neste caso de quitar o dor das costas.

2. O enfermo pon os brazos pegados os costados e estendidos en posición de rezar,o «forzudo» poñéndose polas costas, pon as palmas das mans por debaixo dos cóbados do doente, e desde esta posición vai turrando de embaixo arriba, levantando o enfermo, para logo baixalo moi a modiño. Trátase de colocar a paletilla no seu sitio.

 

Un veciño de Tallón contoume que o seu avó colocaba a paletilla, pero neste caso non se trata da paletilla senón da ESPIÑELA. Esta remata en punta, e esta punta debido o esforzo dóbrase para dentro, e hai que endereitala. O avó o enfermo, despois de botarlle os aceites debidos, ía moi a modiño cos dedos da man endereitándolla, xa que lle causaba moita dor, traballo que duraba varios días. Conta que unha vez veu visitalo un veciño do outro lado do río, atraído pola fama do seu avó, e que estivo en Tallón quince días, ata que conseguiu deixalo ben.

 

PRACTICÁDEO NA CASA E XA VEREDES.

 

LUIS  DE  ALBÍN

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − 7 =