FESTAS DE SANTA BÁRBARA E SANTA LUCÍA

Despois das novenas, neste mes de decembro tiveron lugar as festividades de Santa Bárbara no pobo de Fondodevila e de Santa Lucía no pobo de Meizo.http://macendo.blogspot.es/img/s.barbara01.jpeg

 

A de Santa Bárbara foi o día catro, na capela que ten a Santa no medio do pobo, nun recuncho con varios canastros, que a fai moi bonita, e que é preciso restaurar.

Esta capela é antiga, pois fíxose no ano 1901, logo cos anos esborrallouse varias veces. En tempos facíase festa con banda de música e orquestra no lugar do Paraño, asistindo moita xente.

http://macendo.blogspot.es/img/s.lucia02.jpeg 

 

 

A festividade de Santa Lucía celebróuse en Meizo, nunha capela nova que fai poucos anis fixeron os veciños, no comunal que queda a veira da carretera que vai a Vilela. Eiquí encontrou acomodo a Santa, despois de pasar por distintos lugares.

A misa que foi no exterior, axistiu moita xente, aínda que daba o sol estaba o tempo frío, e de cando en vez viña un repicote. Tamén axudou a asistencia a que cadrase domingo e que o cura suprimise a misa da igrexa parroquial.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

− 2 = 7