CASTRELO F.C.

  Non tiven ata ahora ocasión de ver xogar os mozos do Castrelo FC, que precisamente xogan os partidos de liga no campo «Xan Pereiro» de Macendo.

 

http://macendo.blogspot.es/img/castrelofc01.jpeg 

 

http://macendo.blogspot.es/img/castrelofc03.jpeg 

 

  O Castrelo FC comezou a súa andadura deportiva nesta tempada, militando na 3ª Autonómica, no grupo 15, no qie está tamén o equipo dos nosos veciños de Sande.

 

  O Castrelo FC, é un conxunto formado na totalidade por veciños do Concello, PURA CANTEIRA. E o mesmo se pode dicir dos xiareiros, nos que están amigos e amigas, compañeiras sentimentais, pais, algúns que queren ser sogros e outros máis. Segundo din, pois eu non estiven alí.

 

http://macendo.blogspot.es/img/castrelofc02.jpeg 

 

  No último partido, o Castrelo FC fíxolle un «7» o Arrabaldo, pero iso non desanima os xogadores, que non pensan baixar de categoría.

 

  O adestrador, tamén segundo me contan, ve un equipo con moito futuro, e así lles di entre outras cousas os xogadores, unha vez rematado o partido: «Xogastes coma nunca e perdestes coma sempre».

 

Fora bromas, o futbol vaise a pasalo ben, aínda que se perda.

 

TEMOS QUE IR TODOS E TODAS A ANIMAR OS NOSOS XOGADORES

 

luis  de albín.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

− 3 = 7