FESTAS DE SAN ANTONIO

http://macendo.blogspot.es/img/festassanantonio003.jpeg  

 San Antonio Abade naceu en Exipto. O ter vinte anos vendeu todo o que tiña, e co que xuntou repartiuno entre os pobres. Retirouse entón o deserto, primeiro con outros eremitas e lo só, onde foi tentado moitas veces polo demo. É considerado como o fundador da tradición monacal cristián. Morreu os cento cinco anos. Non hai que confundilo co San Antonio de Padua que se celebra no mes de Xuño.

http://macendo.blogspot.es/img/festassanantonio002.jpeg 

 

 

San Antonio Abade é o santo patrón dos animais, dos amputados, cesteiros, carniceiros, enterradores, ademais de moitas enfermidades como son: eccema, epilepsia, ergotismo, erisipela e  da pel en xeral.

 

A festividade de San Antonio, levaba consigo na parroquia de Macendo, certas tradicións das cales algunhas se conservan: o porco de San Antonio, a bendición dos campos, a poxa das ofrendas, e tamén a poxa das andas que levan a imaxe do Santo (desto último escribiremos outro día).

http://macendo.blogspot.es/img/festassanantonio001.jpeg 

 

O porco de San Antonio é unha tradición que ven de moi antigo. Xa na Idade Media tíñase a costume de deixar ós porcos soltos polas rúas para que a xente os alimentara, logo vendíanse e co que daban por el dedicábase os hospitais, e tamén para atención os enfermos.

 

Na parroquia de Macendo houbo xa fai anos, a tradición do porco de San Antonio. O porco ía pasando de pobo en pobo e de casa en casa como invitado, logo cando era grande puxábase. Os veciños da Bouza, según contan, foron os culpables da desaparición do porco e polo tanto da tradición, pois un ano entrou alí como invitado e non se soupo máis del, a pesares de que levaba unha correa con unha campaniña o pescozo.

 

A bendición dos campos e animais aínda se celebra na parroquia. A figura de San Antonio en procesión, é levada polos fieis ata o alto do Canadeiro, onde hai un pequeno altar de pedra, dende alí o cura reza oracións cos a sistentes, colle o hisopo e bendice ós campos, logo o rematar vólvese en procesión ata a igrexa.

 

 As ofrendas a San Antonio eran de productos do porco, sobre todo lacóns e cachuchas. A xente prometía unha parte do animal, para que este non collese enfermidades, ou tamén as personas, máis si o porco empezaba a coxear (a veces pola fame), matábase axiña. Debaixo do alpendre estendíase unha corda e dela colgábanse tódalas ofrendas de porco. O terminar a misa tiña lugar a poxa pública, dirixida polo sacristán ou o maoirdomo, de tódolos produtos en conxunto, na que participaban particulares e sobre todo donos de bares e fondas que viñan de Ourense.

http://macendo.blogspot.es/img/festassanantonio004.jpeg 

 

Como aconteceu nas festas da Asunción, a organización das festas de San Antonio foi levada a cabo pola Asociación de Veciños de Macendo. Estiveron moi animadas tanto nos actos relixiosos como nos festivos. Dado o mal tempo non tivo lugar o sábado a bendición dos campos no lugar de costume, pero si o domingo que houbo procesión ata o cruceiro, onde se levou a cabo.

http://macendo.blogspot.es/img/festassanantonio005.jpeg 

 

Houbo actuacións de varias orquestras, unha charanga, e como se leva agora baixo a carpa unha cea moi ben preparada, co seguinte menú: lacón asado, orellas e chourizos en rodaxas. Algúns veciños moi animados saíron a bailar o palco coas cantantes.

 

Este ano os animados mozos de RAMIRAS colleron o «ramo», e van organizar as festas do 2010. MOITA SORTE

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

70 + = 72