FEIRA EN CASTRELO DE MIÑO

Facía xa oitenta anos que desaparecera a feira de Castrelo.

http://macendo.blogspot.es/img/feiracastrelo002.jpeg 

XA non lle queda case nada

O Concello decidiu recuperala, e para elo acordou o celebrala o último domingo de cada mes, mesturando o de antes co de agora. Xa non hai vacas, nin porcos, nin miilo, paseos de mozos e mozas pola tardiña, transportes en coches mixtos, burras e cabalerías, tratantes… pero algo queda.

http://macendo.blogspot.es/img/feiracastrelo001.jpeg 

ISTES VENDES TODO O QUE SE LLE POÑA POR DIANTE, COMA OS POLÍTICOS.

O campo da feira tampouco será o mesmo. A feira celebrase hoxe a veira o Río, de seguido do Club Náutico, alí están na etrada  exposta a maquinaría agrícola moderna, logo o cruzar o Club, están os postos e carpas, onde se pode comer carne, polbo e outros manxares, o chegar a piscina sitúanse os postos de vendedores de roupas e outro material de vestir, case todos de orixe estranxeira.

http://macendo.blogspot.es/img/feiracastrelo005.jpeg 

ESTAN CAVILANDO COMO FACER PARA DESPLUMALOS

 

Pero o que mais me gustou foi no sitio do medio, onde se venden as cousas da casa, ou parte delas. Non podían faltar as rosquillas e melindres das Bouzas e de S. Pedro, as aves vivas metidas en gaiolas, o plantio de tomates, pementos e outros, a vendedora de Ramiras… pero podería haber moita mais variedade.

http://macendo.blogspot.es/img/feiracastrelo003.jpeg 

TODO É ALEGRÍA

O concello sabe que a feira non se vai só a mercar, v aise como se ía antes a `parolar, comer a pasalo ben. Tivo a idea de que en cada feira había que poñer unha novidade que chamase a atención: patinetes eléctricos, globo aerostásatico, rancho portugués, maxia…

http://macendo.blogspot.es/img/feiracastrelo004.jpeg 

HAY MOITO ONDE ESCOLLER

Que se pode mellorar, pois si fai moita calor, coma onte, facer unha plantación de árbores, ou regar o campo, non estaria mal poñerlle un pouco de música antiga e tradicional, para darlle un pouco máis de ambiente. E xa por pedir, unha barca que traia e leve os veciños do outro lado do Río. Isto por hoxe.

 

Vinde a Feira que os precios son baratos.

 

LUÍS DE ALBÍN.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

41 − = 34