ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MACENDO

http://macendo.blogspot.es/img/asociacion002.jpeg   

 

Con asistencia de pouco máis de vinte socios, celebrou asemblea a «Asociación de veciños socio-cultural de Macendo», na que se trataron varios temas, que tratarei de resumir.

 

Comenza o Sr. Presidente invitando os asistentes a varias conferencias, ás que está invitada a Asociación.

 

Sen lerse a acta da sesión anterior, o Sr. Tesoreiro da unha detallada información sobre o estado de contas.

 

 No apartado de rogos e preguntas un dos asistentes, felicita a directiva pola «Festa do Xerrote» pasada. Volveu a xurdir a polémica, sobre si se debe recadar fondos, para a Festa fora da Parroquia. Tamén houbo diferencias en como organizar as festas, para o vindeiro ano 2011, que lle toca os veciños de Señorín. Alguén sinalou que a Asociación debe de intentar conquerir subvencións. Tamén se falou das baixas de socios, que se están producindo.

 

Por último o Sr. Secretario opina que a Asociación debería atender outras actividades, sen deixar por elo de atender as comidas. Opinan varios asistentes, sobre diversas melloras que podían conquerirse.

 

E nada mais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

42 − = 35