VOLVEMOS
VOLVEMOS.
DESPOIS DE MAS DE UN MES VOLVEMOS A CONTINUAR CON INFOERMACIÓN, COMENTARIOS E «FOTOS» DA PARROQUIA.
As causas desta paradiña foron varias:
GAS NATURAL – UNIÓN PENOSA (pois dá pena), queimou o meu equipo informàtico con un «golpe de electricidade», reclama o «maestro armero». Tiven que mercar un novo «portatil», novos programas, e aínda hoxe non me aclaro ben. Xa falta pouco. Por outro lado o verán a bo para festas, pero o traballo vai a modiño, salvo a sulfata.
Vou facer uns comentarios, para dar comezo o novo «curso», diremos que:
O Castrelo F. C., perdeu por 0-1, no noso campo de Xan Pereiro, pásalle como o Barça. Hai que animalos, haber si este ano lles vai mellor a Liga.
As veciñas de Meizo que viven en Madrid, ou tamén as veciñas de Madrid que son de Meizo están alporizadas. Din que neste Blog escríbese e fotografíase de tódolos pobos da Parroquia, menos ó delas. Esperamos complacelas e escribir sobre «O Mariano».
Por último:
A saída da misa parroquial do domingo, as mulleres andaban cabreadas. Queren que o coro musical, que apenas deu comezo fai uns meses, que se leve adiante. A xente pregúntase para que están a Asociación de veciños, para que están os concelleiros, uns e outros que, non se cansan, de traballar pola Parroquia. Que non se cansan é seguro.
Vai por último a «foto» dun que se parece moito a min, e que ten gana de «dar guerra».
UNHA APERTA
LUIS DE ALBÍN