FESTAS DE SAN ANTONIO ABADE

As festas de San Antonio, este ano polo que me contan, estiveron moi animadas. O  domingo 16 tocaron os Trobadores da Coruña, e o luns 17 o grupo Aramio. Baixo un carpa os dous días de festa houbo cena a base de lacón, orella e non sei que máis. Tamén houbo novena, misa e procesión.

 

http://macendo.blogspot.es/img/festassanantonio012.jpeg 

 

Como non estiven este ano nestas festas, vou a escribir un pouco das mesmas, tal como se celebraban xa fai uns cantos anos. Hoxe o lugar de festexos e o campo do Canadeiro, pero en tempos tiñan lugar no alpendre que hai a entrada do adro da igrexa, e tamén algunha vez no camiño que vai de Albín a Pousada, onde había unha gran carballeira.

 

Os mordomos ían polos pobos pedindo esmolas e lacóns (din que tamén cachuchas e outras partes do porco), para gastos de festas e para o cura. Algúns destes lacóns eran moi pequenos o que nos dice a miseria que había. Eran para que o Santo coidase dos animales da casa. Todas as pezas  penduraban -o día da festa-, dunha corda no alpendre na entrada do adro. O rematar a misa o sancristán achegabase alí, e dirixía a puxa de tódalas pezas dunha vez, a ela viñan xente de Ourense, particulaeas e de bares- Empezábase polo baixo e iase subindo pouco a pouco ata rematar. Podía ser así:

   Haber, este home ofrece 50 pesetas, quen da máis.

 

Tamén se puxaba -non me souperon dicir como se facía-, o porco de San Antonio. Os mordomos, mercaban meses antes un ranchiño na feira e logo ía paseando de pobo en pobo e de casa en casa como invitado a comer e durmir. A costume desapareceu, uns din que foi perdendose cos anos -o porco non medraba moito- e outros que cando foi o pobo da Bouza, o último ano, os veciños diron boa conta dil.

http://macendo.blogspot.es/img/festassanantonio013.jpeg  

Hoxe case non hai voluntarios para levar o Santo, pero antes había moitos -ata para darlle bicos e pasarlle o pano-, e puxábanse as andas. De volta, o chegar a porta da igrexa a procesión parábase, e o sancristán empezaba a puxa das mesmas. Os afortunados tiñan a fachenda e a devoción de entrar na igrexa levando o santo no seu ombreiro. O prezo das andas  non era o mesmo: máis baratas as de atrás que as de adiante, e tamén a esquerda que a dereita.  Empezábase a puxa polas de atrás e logo pasábase as de adiante. Así o sacristán berraba:

   Vamos pola de adiante da dereita. 25 pesetas. Un, dous tres, quen da máis.

E así o santiño -que é de pau e non cobra nada-, tiña a paciencia de esperar, mentras as andas ían pasando de man en man, a vez que subía o prezo das puxas. Din que esto acabou cando un cura dixo: «O santo non é un becerro para puxalo».

 

http://macendo.blogspot.es/img/festassanantonio014.jpeg 

 

Mantense unha tradición de séculos -haber si dura outro tanto-, a chamada Bendición dos campos. A procesión sae da igrexa e logo de toparse co cruceiro e pasar o campo do Canadeiro, sube o alto, poúsase o santo nun altar, o cura di unhas oracións e collendo o hisopo, vai dando voltas e botando auga bendita o redor, bendicindo campos e animales. Antes había o costume de que cando se estaba celebrando a bendición, os veciños soltaban os animales da casa polo campo da festa, polos camiños, polos campos, polos patios… para que colleran a bendición. Hoxe que case non hai animales  na casa, deberamos -como fan noutros sitios-, unha galiña, un galo, un coello, un gato, un can…

 

Remato contando unha pequena historia, que ten algo que ver coa bendición. No lugar da mesma había unha pedra moi antiga -que facía de altar-, donde se pousaba o Santo. Fai uns anos, chegaron os de un pobo, e como era vella tirárona no monte e puxeron outra nova. O saber o sacrilexo, os veciños de Albín, collérona con moito mimo e a pousaron na Aira, para ser de altar a outro San Antonio, o San Antonio de Padua, e alí está. Por elo teñen unha canción que di así:

 

Benditos os veciños de Albín,

Que souperon darse maña,

Recollendo o altar de San Antonio,

E pousalo alí na Aira.

 

 

 

 http://macendo.blogspot.es/img/albin010.jpeg

 

 

 LUIS DE ALBÍN

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

8 + 2 =