SAN BENITIÑO

San Benitiño da Cova do lobo,

ei de ir alá, miña nai, si non morro,

ei de levar un bota de viño

e unha bola de pan pro camiño.

 

San Benito (Bieito), naceu no ano 480 e morreu no 547. Sendo estudante en Roma, trocou a súa vida facéndose monxe, marchou á rexión montañosa de Subiaco, a vivir  nunha cova como penitente durante tres anos. Logo foise para Casino dedicándose a difundir a mensaxe de Cristo, aquí funda un mosteiro, chamado de Montecasino, e a orde Benedictina, poñendo unha regla (regulamento) aos monxes que alí vivian, o principio fundamental dicía ORA E LABORA (reza e traballa). Os monxes debían separarse do mundo acolléndose a unha vida de traballo nos campos e nos escritorios, pois tiñan que sustentarse eles e o mosteiro co seu traballo.

 

http://macendo.blogspot.es/img/monxebenedictino.jpeg 

A devoción en Galicia a San Benito ven desde moi lonxe. San Benito foi un home do campo que calou sempre na xente campesiña, por iso as capelas dedicadas a este Santo son moi numerosas. A festividade celébrese o día 11 de Xullo, tamén hai o San Benito do inverno.

 

Hoxe o San Benito vaise en coche particular, estase a unha misa ou máis, a procesión e logo volta á casa, outros quedarán para comer o pulpo ou outros manxares.

 

http://macendo.blogspot.es/img/sanbenito02.jpeg 

 

Pero tempos atrás, cando non se dispuña de coche, había que ir a pé. Ao romper o día había que partir, e alí ían os romeiros formando grupos de veciños, familias, avós con netos… despois dunha longa camiñata chegábase á capela cansos e suorosos para escoitar unha misa ou máis, dar unha esmola, pasarlle o pano polo corpo á imaxe do Santo, pedirlle intersección para curar enfermidades ou resolver outros asuntos, ao saír da capela ir á procesión, escoitar a banda de música ou aos gaiteiros cando había, mercar rosquillas, e voltar á casa outra vez a pé, uns xa pola maña e outros pola tarde despois de comer e parolar.

 

http://macendo.blogspot.es/img/sanbenito01.jpeg 

 

http://macendo.blogspot.es/img/sanbenito04.jpeg 

 

Pero o San Benito é o avogado das verrugas, eses bultiños que nos saían sobre todo nos dedos das mans, era ir con eles e voltar sen eles, sen darse conta. Para ter os seus favores, levabáselle o santo como esmola: ovos, galiñas, polos… e tamén figuras de cera, que se mercaban na entrada da capela, en forma de bonecos, cabezas, pernas e brazos. Había xente «ofrecida», que facía a promesa de ir tódolos anos por recibiren un favor do Santo, ou dando a volta á capela de xeonllos, ou indo «empanados».

 

http://macendo.blogspot.es/img/sanbenito03.jpeg 

 

Das moitas capelas dedicadas a San Benito en Galicia e tamén na provincia de Ourense, os veciños de Macendo ían e van a tres: a de Cova do Lobo, situada preto de Ourense, pasábase por Ramiras e logo cerca de Toén, a ela acudía e acode tamén moita xente da capital, onde había o costume de que os nenos de pernas «tortas» pasasen o «tangaraño». A de Laias e a de Cuñas; para chegar ás mesmas había que achegarse ao río, coller a barca. Laias queda xa na outra beira do río, pero para ir a Cuñas, aínda quedaba unha boa caminata, pasando por Cenlle ata chegar a Capela.

 

LUIS DE ALBÍN.

 

AS FOTOGRAFÍAS son como segue:

 

– Amanuense (monxe que se dedicaba a escribir libros a man cando non había imprenta).

– Capela de San Benito de Laias (vista exterior).

– Imaxe de San Benito de Laias.

– Devotos pasando o pano pola imaxe de San Benito.

– Ofrendas de figuras de cera, tamén na capela de San Benito de Laias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

− 2 = 4