O ANXO, VECIÑO DO COUSO

 Polas noitiñas, o pasar a porta de entrada do Bar Adán, atopaba con un brazo ou os dous apoiados na barra, meditando, o Anxo do Couso. O ver que os meus pasos ían directo hacia el, espetábame de golpe sen darme tempo a que lle dirixira a palabra.

 

-¿A que ves? ¿Que queres?.

 

El sabía de sobra o que eu quería, eu quería que me falase de cousas «de antes», e tirando con suavidade do «fío», íalle sacando o que eu quería.

 

-Pero mira que pagas ti a consumición?

 

-Iso está feito. Carme ¿Canto é isto?.

 

Pero a veces remataba pagando el.

 

Así uns días tras outros foime contando cousas de Cuba, onde había nacido, da sega en Castela, dos valeiróns de Fondo de Vila, dos entroidos de antes, e moitas cousas mais.

 

 O Anxo, veciño do Couso, tiña boa memoria e era boa persoa, a vida habíao levado dun sitio para outro buscando a maneira de mellorar. O que pasa desde fai uns días, é que terá que contarme as cousas de «antes», cando nos vexamos no outro mundo.

 

 Na súa lembranza vou a escribir unha das historias que me contou, a que lle poño o título de «O cigarro e o chisqueiro». É unha pequena historia da inventiva e habilidade que tiñan que ter os fumadores, nos anos malos que se viviron despois da Guerra, para manter o vicio do tabaco.

 

http://macendo.blogspot.es/img/tabaco01.jpeg 

 

Non había cartos, os alimentos e o tabaco estaban racionados, había que andar o contrabando ou o estraperlo, ou as habilidades, como as que me contou o Anxo do Couso. El contóumo así:

 

O TABACO E O CHISQUEIRO

 

 Recordo, polo racionamiento, dous tipos de tabaco a venta, o «macillo» que eran uns vinte cigarros que non viñan en cajetilla, senon atados con un lazo, e tabaco para liar -que no viña feito en cigarrillos-, de 125 gr. e de 250 gr., tamén de liar eran os Ideales -case tódolos de entonces quedaban en fume-.

http://macendo.blogspot.es/img/tabaco02.jpeg 

 

 Os fumadores levaban consigo no peto: petaca, «librito» e chisqueiro.

 A petaca era unha pequena caixa ou bolsa de coiro, onde se ía trasvasando unha parte do tabaco cda cajetilla, o librito era un pequeno libro de papeis moi finos necesarios para liar os cigarrillos, e o chisqueiro, por último, era para acender o cigarrillo.

 

 O facer o cigarro era unha cerimonia. O fumador tiraba dun papeliño do librito e pegábao na punta do beizo, logo habría por unha veira a petaca e botaba unha pequena porción de tabaco na palma da man, cos dedos collía o pepel do beizo, logo botaba o tabaco dca man no medio do papel, logo ía envolvendo e apresando e remataba mollando coa lingua a veira do papeliño, que tiña cola,para quer quedase o cigarro disposto para chupar. Así había tantos tipos de cigarros como fumadores.

http://macendo.blogspot.es/img/tabaco03.jpeg 

 

 Mais esto era para quen podía compralo, os demais inventaban o seguinte:

 

Para facer o tabaco collíanse follas secas de figueira -algunhas veces-, e a maioría de fallas e ramas de patatas, esfregábase entre as palmas das mans ata quedar en po, logo envolvíase en follas ded millo finas -as follas mais finas eran as que envolvían a unha espiga que non se desenrolaba. Tamén se utilizaban as raices das cepas, o arder na punta quedan ocas polo medio, ademais arden moi ben.

http://macendo.blogspot.es/img/tabaco04.jpeg 

 

Para acender o cigarro utilizábase o chisqueiro de mecha con pedra para el. Como había poucas traíase de contrabando de Portugal. A solución dos pobres era a seguinte:

 

 Collíase unha mecha e cando non había esta un trapo, encima colocábase un cristal, este rascábase con unha pedra dura, tendo suerte saltaba a chispa e acendía a mecha ou o trapo. Outras veces o sistema era golpear un ferro con unha pedra dura, ou duas pedras duras.

 

Din que as necesidades fan traballar as mañas e o inxeño.

 

LUIS DE ALBIN

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

73 − = 63