O "PERMITE", PELEXAS E O "CONACHÓN"

Na festa de Porqueirós,

Había un lio de moito sandiós,

Eles a pedras, nós a terróns,

As pedras facían pin, os terróns pof,

Mecago en sos.

 

CANTIGA POPULAR.

 

Fai algún tempo, estabamos un domingo pola tarde, no bar do Adán, falando das cousas que pasaban nos tempos do caldil, do farol e do carburo, cando aínda non chegara a electricidade a Parroquia, a cal veu polos anos cincuenta do século pasado. E como pasa moitas veces acabamos falando das festas. Hoxe escribo sobre algunhas cousas que me chamaron a atención.

 

Non chegara o tempo das orquestras, pero viñan bandas de música, gaiteiros e para cantar na misa coros de Ourense, e ata coengos da catedral, pois o cura «Guntín», invitaba a comer a casa a moita xente.

 

As festas viñan mozos e invitados de Ourense e outros lugares, os da «montaña» chegaban subidos en grandes cabalos, que deixaban o redor do campo da festa. Tamén era costume que as mulleres trouxeran a cea en cestos a cabeza ou a lombo de burras, da que daban boa conta pola noite, os familiares e invitados, nos montes e descampados o redor do campo da festa. Tamén había «taloxos», onde se vendía polvo, carne e viño sacado do pipote.

 

Os músicos, que xantaban esparexidos polas casas dos veciños, tocaban pola mañá e tarde, o chegar a noite paraban, pois non había luz. Nos descansos, os festeiros, e sobre todo os mozos, facían grandes paseos polo arredor do campo e pola carreteira. Colocábanse pequenos postos de vendedoras -case todas viúvas- de rosquillas, froitas e outras cousas, que o chegar a noite alumeábanse con candiles de aceite ou de carburo. O diñeiro que había era pouco. «Un home non debe andar sen un peso no peto, pero si podes volve con el», decáinlle os pais.

 

http://macendo.blogspot.es/img/festas003.jpeg 

 

Pero o que me chamou máis a atención foron algunhas costumes, das que hoxe so quedan na lembranza.

 

O PERMITE, consistía, en que si estaba bailando unha parella, podía chegar calquera veciño e pedirlle ó mozo o «permite». O mozo tiña que soltar a moza para que fose bailar con el unha peza, mentras o seu acompañante ou noivo, tiña que esperar. O problema era que podían presentarse moitos «permites», chegándose o cabreo e incluso as pelexas, ás que os eran moi afeitos, polo que a veces a parella remataba paseando.

http://macendo.blogspot.es/img/gaiteiros01.jpeg 

 

PELEXAS, non faltaban en ningunha festa, onde non as había esta perdía categoría, chegou a haber feridos e nalgún caso mortes, quemaban palleiros, tiraban pedras as casas… Din que os de Prado, os do barrio da Granxa, viñan xa tirando pedras cando subían pola costa cara Albín, na Corredoira tiñan grandes «pedradas» uns cos outros. Pero usábanse máis os paus, algún chegou a levar unha pistola. A veces xuntábanse mozos da Parroquia para ir armar pelexa as festas da comarca de Cartelle, para ela xa os tiñan os paus preparados.

 

E por último, cando a terra tiña moito valor, as fillas e fillos de ricos eran moi considerados, e os pais pobres aconsellábanlle os seus, que tivesen relación cos tales. Cando nas festas  ían pedirlle o baile a algunha delas, si eras pobre, mirábanche por riba e daban media volta poñéndoche o cu. O que pasaba era que moitas delas non eran alá moi ben feitas, e algunhas ata tiñan bigote -o de debaixo do nariz-, por eso decíase «O QUE QUEIRA O TERRÓN TEN QUE LEVAR O CONACHÓN»

 

http://macendo.blogspot.es/img/festas002.jpeg 

 

LUIS  DE  ALBÍN.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

85 − 83 =