O RALLIE DE OURENSE

   O pasado sábado, día 19, tivemos a ledicia de ver pasar os bólidos, tronando a toda marcha, pola parroquia de Macendo, onde as carreteiras faltaranlle moitas cousas, pero curvas ten de abondo.

 

http://macendo.blogspot.es/img/rally02.jpeg 

 

Houbo dúas «pasadas», a primeira sobre as dez e a segunda sobre a unha da mediodía. Gozamos con emoción cos «derrapes» en Vilela, O Couso, Meizo, Fondo de Vila, As Bouzas, A Cuqueira e Prado. Nas curvas «pronunciadas», numerosos grupos de xente -case toda nova-, comendo e bebendo, animaba os condutores o seu paso, mesturándose o ruxido dos motores cos berros dos xiareiros.

 

http://macendo.blogspot.es/img/rally01.jpeg 

 

A xente que veu de fora -que era maioría- gozou dunha boa maña de sol, coñeceu ou recoñeceu a nosa riqueza natural e artística, e os que tiveron sorte probaron as quentiñas «empanadiñas» do Bar do Manolo, en Fondo de Vila.

 

Vale a pena

 

Texto: Luís de Albín

Fotografías: Diego Dubo

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 + 5 =