COMPOSTAXE NA CASA

No Centro Social de Macendo, tivo lugar unha charla divulgativa co título «Compostaxe na Casa», a intención da mesma e de que fagamos unha agricultura ecolóxica, evitando así a contaminación por fertilizantes e pesticidas.

 

http://macendo.blogspot.es/img/compostaxe04.jpeg 

 

DOUS VECIÑOS DE MACENDO FACENDO UN DEPÓSITO PARA COMPOSTAXE

 

 O rematar díronnos un libriño, onde se len cousas moi interesantes, que os vellos xa sabían, tales como:

Os allos non deben cultivarse nin con legumes, nin cebolas.

A lavanda, macela, menta, papoula, xarxa e outra plantas, curan moitas enfermidades.

A cenoria asocia moi ben con cebolas, allos e leitugas

As coles asociadas cos tomates prevén as eirugas.

Contra os fungos nos tomates cravar un fío de cobre na parte baixa do talo.

Que nos pementos é importante rotar, non repetir na http://macendo.blogspot.es/img/compostaxe03.jpeg

Cuba para facer o compostaxe

 

 

mesma parcela en tres anos.

E moito máis.

 

http://macendo.blogspot.es/img/compostaxe05.jpeg 

O QUE PODEMOS BOTAR PARA FACER COMPOSTAXE

 

O rematar déronnos unha cuba grande de plástico,  para facer na tal o compostaxe. Nela hai que botar desperdicios de moitas cousas, tamén caracois e miñocas.

Eu xa o estou facendo. A cuba polos carteis que ten parece que é Alemana, as miñocas e caracois que lle metín dentro son galegos.

 

LUIS DE ALBÍN

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

84 − 78 =