ESCRIBINDO SOBRE VIDE  DE MIÑO

Vamos a facer un pouco de historia, e tamén uns pequenos comentarios da vida naqueles tempos de mediados do século pasado.

I N D I CE

1.- O Casar de Vide

2.- Contando dos traballos de antes

3.- Personaxe importante da Familia Armada

4.- Foros xenealoxía dos Armada

5.- Santa Margarida de Vide

6.- Pazo da Torre

7.- Reitoral de Vide

8.- Igrexa Parroquial

9.- Capelas do pobo de Prado.

10.- Un dos contos.

O CASAR DE SAN SALVADOR DE VIDE.

Quero escribir sobre a familia dos Armada, na relación que esta ten co  Casar en San Salvador de Vide, xa que viviu d foi vivenda familiar un veciño que foi do pobo de Albín,  Delmiro. Emigrante como moitos, á volta  mercoulle ó Marqués de Santa Cruz o citado Pazo xunto  fincas. O marqués levou consigo o escudo de armas familiar. Delmiro tentou restaurar o pazo dentro das súas limitadas posibilidades económicas,  como principio facer  unha copia do escudo de armas para poñelo no lugar orixinal.

CASA DO CASAR E ANEXOS

Tamén coñecida como a “Casa do Marqués”, edificación arquitectónica histórica catalogada e situada na parroquia de Vide de Miña (San Salvador). Atópase no catálogo do Patrimonio Cultural Galego polas características da arquitectura civil tradicional galega.

CARACTERÍSTICAS DA EDIFICACIÓN.

ESTRUCTURA: edificación de dous andares, construída con perpiaño (cantería) y cachotería granítica.

PLANTA: presenta una distribución en forma de L, ou de escuadra, cuberta con un tellado a tres augas.

Merece destacar unha das súas SOLAINAS, cuberta sobre un conxunto de piares de construción rústica, tamén unha CHIMENEA rematada en acróteras.

Dentro da propiedade existen varios hórreos de madeira con pes de cantería, un con dous corpos, e outros tres na contorna da casa. Existe unha capela e unha pequena cruz.

CRUZ DA CASA DO CASAR.

Cronoloxía descoñecida. O carón da casa do Casar, tres chanzos de sección  cadrada, base cúbica de arestas rebaixadas da paso a un pequeno varal de sección cadrada.

O conxunto remata con unha pequena cruz.

CAPILLA DA CASA DO CASAR

Cronoloxía descoñecida. Situada cerca da Casa do Casar.

Edificación feita a base de cantería granítica, planta rectangular e cuberta a dúas augas. Fachada principal, porta de aceso con arco de medio punto, unha espadana dun so oco parcialmente derruída.

CONTANDO DOS TRABALLOS DE ANTES.

Delmiro e súa muller é xente moi faladeira e de animada conversa,  fálanme de cousas de antes cando as terras  estaban todas ben traballadas e en plena produción.

Para a xente humilde de Macendo e da montaña de Cartelle, os “ricos de Vide”: O Sr. Santiago, o de Casar, o Sr. Benigno, o Sr. Maximino, era a maneira de sacar algún diñeiro co xornal, que facían tamén o oficio de banqueiros facendo préstamos os veciños. Por elo había o dito dende Macendo “Vide brilla, vive de rentas”

Alí había traballo case todo o ano: rozar os toxos, abrir as gabias, esfollar, enramar, sulfatar…

Había necesidade de ir o xornal: a Hermenegilda, a Josefa ían diariamente, a Amparo do Cesar de moza, o Monteiro, a Etelvina. O rematar o traballo do día, volvían para a casa falando e cantando a Albin, a Lola do Bota,  a Benilde do Canitrot tamén ían a Vide a levar toxos o lombo, abrir as gabias, esfollar, enramar,  sulfatar.

 O mantemento e produción do Casar era delegada polo marqués nun administrador, Edelmiro recorda ata tres, o primeiro era Asturiano.

 Recorda  Edelmiro, que houbo ata tres administradores. O primeiro era asturiano. A xente chegaba a mañá cedo para traballar o xornal. No patio comíase un anaco de bica e un pouco de augardente e repartíanse as ferramentas,  a veces non había traballo e tiñan que voltar para a casa. O que non chegaba a tempo quedaba sin o vaso de augardente e volta para a casa. Contan que no camiño antes de chegar había que coller feixes e levalos o lombo o Casar. O marchar a xente a Europa, xa non quedaba xente para traballar, e as terras do Casar fóronse  abandonando

Todo esto foi desaparecendo cando se abriu a emigración a Suiza e

Alemaña. O non haber xornaleiros, as terras non eran rendibles, e o Marqués decidiu vender as propiedades e o Casar de Vide.

Os donos da “Cabadiña” estaban emparentados con xente de Valladolid, donde tiñan un gran capital, o verán viñano pasar a Cabadiña”. O “señorito” Jaime, matou unha muller en Ourense durante o “Movimiento” e tuvo que fuxir. Na capela da Cabadiña había moitos santos.

No pazo do Olivar había duas hermás.

Nunha entrevista que lle fixeron non fai moitos anos A D. ALFONSO ARMADA (o de 23 F), conta con nostalxia de cando de neno, onde alí viviu, os tempos alegres da vendima cos cánticos e aturuxos das mulleres e homes.

Outro día contáronme algunhas historias de antes, que se contaban o carón do lume nas noites de inverno.

PERSOAXES IMPORTANTES DA FAMILIA ARMADA

D. Gonzalo de Armada y Araújo, deán da Catedral de Orense

Pero a historia do Casar, esta unida a un dos personaxes mais famosos da historia de Ourense D. Gonzalo de Armada y Araújo, deán da Catedral de Ourense, que ven sendo o cóengo que preside o cabido dunha catedral, o posto máis importante despois do bispo, e para elo vai un resume do  libro “Historia da muller. Mulleres ourensáns dos séculos XIV-XVIII”, do que é autora Olga Gallego Domínguez.

Pertencía este clérigo a unha familia fidalga oriúnda da freguesía ourensá de S. Salvador de Vide, hoxe concello de Castrelo de Miño, onde aínda se conserva a Casa do Casar, seu pazo patrucial.

En 1637 era cóengo coadxutor da Catedral, en onde levou unha carreira ascendente ata chegar a Deán en 1646. O doado era o cargo máis elevado dentro da xerarquía da Igrexa Catedral.

En 1653, D. Gonzalo compra ó Cabido a capela do trascoro con tódalas sepulturas que lle correspondían ata a parede da capela maior da catedral por mil ducados. Esta capela logo se chamaría de S. Pablo ou de Armada. Busca os mellores artistas de Galicia, ante os intentos fracasados, o fin encárgalle a obra do retablo a Bernardo Cabrera mestre de arquitectura, e a Mateo de Prado, mestre de escultura, veciños ambos de Santiago. O  primeiro introduce nesta capela a innovación da columna salomónica e ambos a súa formación manierista.

A capela leva a advocación da Conversión de San Pablo, representada no alto releve do altar e como unha alusión ou lembranza da descontrolada vida e o arrepentimento tardío do deán.

As  formas de vida deste clero estaban moi achegadas as comúns do medio en que vivían. O concubinato dos clérigos estaba  tan arraigado en Galicia.

D. Gonzalo de carácter difícil e soberbio, tivo unha vida que non foi un modelo de virtude. Foi un home poderoso polo estamento social a que pertencía, polo cargo acadado na igrexa e polo importante patrimonio que posuíu.

Pese a todo, foi un bo pai. Seis fillos parece que procreou e a todos lle procurou con que vivir. En 1652, consigue unha cédula real de lexitimación dos seus fillos varóns, habidos da mesma nai, ós que tiña no seu poder e alimentaba e ós que lle da seus apelidos.

Fai un primeiro testamento con data 1661, no que dispón que o enterren na capela de S. Pablo, no nicho do lado do evanxeo no que non se enterraría ninguén máis. Non se esquece dos seus fillos Luís Antonio, José e Francisco Armada Araujo, e fillas Bernarda, Francisca e Úrsula, por habelos procreado sendo crego, légalles mil ducados a cada un e outros moitos bens.

No 1676, situados xa os seus fillos, fai novo testamento, sen lembrar as nais dos mesmos, e ratifica o vínculo (conxunto de bens de herdar familiar), non a algún dos fillos, senón a un dos seus irmáns e logo o fillo de este, entre os bens estará o pazo d Vide.

Declara que a súa nai, Dª Francisca de Araujo, está enterrada en S. Salvador de Vide.

Foi propietario de casas  na rúa do Vilar,  na rúa da Obra e no Tendal da Figueira onde se conserva o escudo da familia.

FLORENTINO L. CUEVILLAS. “COSAS DE ORENSE”

PÁX. 57: Un deán de medidados del siglo XVII, el deán Armada y Araujo, fue el que ofrendó la capilla  en que aparece tratada de un modo pintoresco y enérgico la escena de la Coronación de San Pablo en el camino de Damasco, y en la que puede contemplarse uno de los primeros fustes salomónicos con adornos de hojas de vid, que se labraron en España.

PÁX.   :“HIDALGOS”: había una especie de barrio aristocrático, que se situaba a lo largo de lo que hoy se llama Plazuela del Cid, calle de los Hermanos Villar, casas con escudos con armas de los Puga, los Lemos, los Armada, los Gayoso y otros.

FOROSXENEALOXÍA.ORG, DOS ARMADA

Armada y Guerra I xeración. Juan Ignacio de Armada Caamaño y Mondragón (para a súa linaxe ver “Armada, Vide de Miño, Castrelo), gobernador de Maracaibo, houbo de casar en primeiras nupcias con Petra Guerra Briones, filla de Victoriano Guerra e de Lucía Briones.

Alfonso Armada… no ano 1683 por Carlos II, Isabel Salgado de Mondagrón casou con Pedro Manuel de Armada e Taboada de familia fidalga ourensá establecida en Vide e desde aquela consérvase o apelido Armada. O pazo ten unha traza austera e está unido a capela por un arco. Na fachada hay dous escudos con blasóns.

Condado de BORRAXEIROS… No 19 de xuño de 1678 outorgou o seu codicilo en San Xusto, no 1696, enlazou por matrimonio novamente cunha linaxe ourensá (de San Salvador de Vide), sendo a súa muller Dona Leonor Armada. Deles naceron Don Tomás que poseía o morgado e falleceu sen descendencia, o seu irmán e herdeiro

Foro linaxes, tema: Condado de Borraxeiros.

Crónicas de Celanova: Rosendo y los hombres de la misma, le concede también los hombres que el obispo había tener en Caldelas, Trives, y Limia, los colmeneros de Macendo, ”Raucis”, Monterredondo y “Sallare”. Todos los hombres que estaban bajo la jurisdicción del monasterio, los Bangueses y los que…

Foro historia. Tema Crónicas de Celanova.

SANTA MARGARIDA.

Os veciños de Vide  contan que no pobo había dous conventos, un masculino hacia o fondo do pobo e outro feminino no camiño que sube para Albín. Contan que alí había unha capela a Santa Margarida, que as mozas ían alí a levarlle flores para que as favorecesen para o casamento.

Van quedando restos de esta capela: ferros fundidos, pedras labradas en viñas e montes, un cristo crucificado bastante rústico, unha lapida sepulcral que debeu ser dun abade..

PAZO DA TORRE

Cronoloxía moderna (séculos XVI-XVIII). Pequeno pazo feito a base de cantería granítica de dous andares e tres augas.

Fachada  principal apilastrada e situada o norte, destaca un pequeno balcón sobre ménsulas, e con balaustrada de pedra. Escudo nobiliario, con unha cheminea con remates de pináculos de bolas. Un portalón adintelado da aceso a un patio interior no que podemos ver unha solaina cuberta.

Este pequeno balcón do pazo, nas dúas es esquinas exteriores pódense ver esculpidas, dúas cabezas feitas en  granito ca boca aberta representando a FAME E A SEDE. Nun artigo publicado e macendo.es, tentando darlle unha explicación relixiosa, pola necesidade que necesita o home, asegundo a representación que se fai na misa sobre o corpo e a sangue de Cristo. Estas esculturas localiceinas nos Milagres e na illa de Menorca.

REITORAL DE SAN SALVADOR DE VIDE.

Restos da antiga reitoral feita a base de cantería e cachotería granítica con planta irregular a dúas augas. Conxunto moi deteriorado, a bibliografía fala dunha solaina de madeira situada o carón da igrexa parroquial.

IGREXA PARROQUIAL

Descoñecese a antigüidade da mesma, pola aparencia debe ser relativamente recente. Debeu de haber outra antiga xa que aparece documentado o traballo de un entallador de Ourense “Salgado Roque, entallador vecino de Orense hizo un retablo en 1597, para la iglesia e Sam Salvador de Vide”4. Debemos ter en conta a importancia que debeu ter o pobo de Vide polas aparicións de restos romanos e o documento do ano 900 sobre a plantación de viñedos.

CAPELAS DE PRADO

Pola relación co pobo de Prado, lembro o que está escrito no Catastro de Ensenada (ano 1750), sobre as ermidas.

C. de E (1750): ermitas de Prado:

Santa Águeda, que está muy indecente (carretera da Cuqueira a Vide, o redor da finca do Casar, calzada de pedra que sube da finca do Casar a Albín, a un lado quedan restos).

Buen Jesús, que cuidan de ella los priores del partido de Prado, monjes bernardos del m. de Oseira.

S. Se Bastián: que está la mediana decencia, que esta y la primera deben cuidar los feligreses.

UN DOS CONTO QUE ME CONTARON DELMIRO E A SÚA DONA

En tempos pasados había moitas bandas de ladróns, por ela as portas tiñan trancas e as ventás reixas. Na casa entraba primeiro o capitán e logo ía chamandoa xente da banda.

Os ladróns foron a roubar o pazo  da   “Cavadiña”, subiu a casa o capitán e os demais quedaron abaixo. O capitán da banda encontrouse coa criada, que o invitou a comer e puxo a sartén chea de aceite o lume, el preguntoulle porque facía esto, díxolle que era para facer unha boa cena. Cando o aceite da sartén estaba ben quente nun descuido do capitán botoullo na cara deixándoo cego, logo cortoulle a cabeza con unha machada e botouna pola ventá, os que estaban abaixo esperando fuxiron de medo.

Noutra ocasión foron a reitoral de Vide ou  de Astariz, non recorda, conseguiron entrar,  e como o cura non lle dicía onde estaban os cartos, foron o sistema de tortura, quentaban unha tixola de aceite e logo descalzaban o cura, si non declaraba o escondite metíanlle as plantas dos pes no aceite quente ata que declarase. En Albín na casa dos Vidales, tamén entrou o capitán, e tamén o queimaron con aceite, o resto da banda esperaba alí escondida para entrar a roubar.

LUIS  DE  ALBÍN