50 HISTORIAS DE MACENDO

HISTORIAS  DE MACENDO

O  PERMITE

  • O Permite practicábase nas festas de antes, cando tocaban as bandas de música e bailábase o “Agarrado”. Si estaba bailando unha parella, podía chegar calquera veciño e dicirlle ó mozo “permite”. O mozo tiña a obriga de soltar á moza para que fose bailar con el unha peza, mentres o seu acompañante ou noivo tiña que esperar. O problema era cando había moitos “permites” chegándose ó cabreo e ata ás pelexas, polo que a veces a parella quería mellor pasear. Había que ter en conta tamén que as pezas eran largas e que pasaba certo tempo entre unhas e outras.

LUIS  DE  ALBÍN

HISTORIAS  DE  MACENDO

AS OLEIRAS DE RAMIRAS

Fai máis de cincuenta anos as veciñas do pobo de Ramiras dedicábanse á venda de olas e pezas de barro que tiñan  cor negro –a cerámica negra de Ramiras-. Partían á mañá cedo levando enriba da cabeza toda a mercancía. Para agarrala levaban un tipo de folleiro que se estendía por riba dos ombros, tamén levaban na cabeza como  unha rolla moi ben atadas con unha corda, que non se sabe como non lle caían.

Eran mulleres que ían vendendo polos pobos ,feiras e cruzando e río nas barcas.

O pobo de Ramiras facía moito tempo que se dedicaba o traballo da  cerámica. O Catastro de Ensenada do ano 1750, xa fala dun numeroso grupo de persoas –oficiales e aprendices- dedicados a este oficio.

LUIS  DE  ALBÍN

HISTORIAS  DE  MACENDO

DOMINGO DE RAMOS.

O DOMINGO DE RAMOS é o comezo da Semana Santa, o día da bendición dos ramos, que logo á volta poñíanse nas portas e nos balcóns das casas durante todo o ano. Tamén se queimaban as follas os días de tormenta e poñíanse enriba das cubas para que non se voltease o viño.

Os mozos levaban á igrexa árbores moi altos de loureiro e ían colocándose á veira do altar e o pe dos muros na parte alta da igrexa. Dentro da igrexa ou na porta da mesma, o cura co hisopo ía bendicindo esparexendo auga bendita  O entrar e saír había que baixar os loureiros xa que non cabían pola porta, tocaban nas lámpadas e os que estaban na tribuna ó pasar turrábanlle polas puntas. Viñan os veciños de Souto cos ramos floridos xa que alí as árbores florecen antes, os veciños de Ramiras traíanos adornados con distintas flores atadas nas ramas. Facíase unha procesión dando volta no cruceiro.

Virá logo unha semana dedicada a oración, non comer carne, a predicación ameazando os curas de ir “O inferno e o fogo eterno”, tal como vemos no retablo da igrexa de Astaríz.

Imágenes bendición de ramos na actualidade

Documentos retablo da igrexa de astariz e estandarte das procesións.

LUIS  DE  ALBÍN

 

HISTORIAS  DE  MACENDO

“CASTRELITO”, o gran toureiro de Castrelo de Miño.

Galicia, que no é terra de Toureiros, deu ó mundo dos famosos: o coruñés “Celita”, e o veciño de Castrelo “Castrelito”.

Manuel Rodríguez Trabazos, nace en Santa María o 29 de xuño de 1901, fillo de familia de comerciantes en viños e augardentes. Os 21 anos fai escapadas a provincia de Salamanca para entrenarse nos terradoiros e nas tentas, con gran éxito.

Toma o nome de “Castrelito”, levando así o nome e a lembranza do seu pobo polos camiños de España. Tourea en Salamanca, Madrid, Barcelona –onde leva unha grave collida-, Asturias, Zaragoza, Andalucia… e Ourense en moitas corridas. Sorprende a todos pola valentía e temeridade a tamén por ser galego.

A Guerra civil española corta a súa carreira. No ano 1940 decide abandonar o toureo e dedicarse os negocios con gran proveito. Morre en Madrid os 95 anos de idade, na esquela que vai no xornal ABC lese “Manuel Rodríguez Trabazos, el que fue importante torero gallego”.

Ven merece que o Concello lle dedique unha estatua.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

Dodge Broters 1926 matrícula OR-1698 de Nicasio Díaz de Cartelle.

O coche do “Sinxeito” e tamén chamado “O Nunca Chega”  non cumpría os horarios, tiña unha carrocería feita de táboas recortadas e cravadas con puntas, uns buratos facían de ventás. O motor non gastaba gasóleo, nin  gasolina, era a carbón ou madeira –como os trens de antes-  para facer ferver a caldeira, que levaba na parte traseira, por onde tamén  entraban os viaxeiros como nos camións.  Entre outros viaxes levaba a traía veciños de Macendo as feiras de Ribadavia. Cabía pouca xente, tamén era moi lento. Animaba polo camiño so veciños a subir, eles a veces contestábanlle: “non, non subo,  vou a pé, que hoxe levo presa”.

Quen polo pode contar é José Puga Alonso en “Historias de Ribadavia, contadas por un vendedor de zapatos, que escribía noticias”. La Región, febrero 1981:

“…. Los “Atravesados” pretenden comenzar el Carnaval el próximo domingo de “corredoira” reviviendo así ancestrales costumbres locales perdidas desde 1937. La guagua… será un omnibús de pasajeros… como correspondía a los años cincuenta,  cuando prestaba sus servicios y con matrícula OR-1698. La vieja reliquia es un Dodge Broters que cubrió el polvoriento camino Cartelle-Ribadavia durante muchos años y fue, y es, propiedad de la conocida familia Hijos de Nicasio Díaz, llamados “Los Sinxeito”.

LUIS  DE  ALBÍN

 

HISTORIAS  DE  MACENDOI.

O QUE QUEIRA Ó TERRÓN TEN QUE LEVAR ó COCÓN

Fai anos,  sobre todo, antes da emigración ós países de Europa nos anos sesenta, o beneficio das terras eran o mais importante, e case única, fonte de ingresos para as familias, de aí que se tiñan por ricos os que tiñan moitas propiedades, prestaban diñeiro, tiñan vacas e terras “a medias”… Valorándose en boa parte os mozos e sobre todo as mozas tendo en conta as herdanzas máis que a fermosura –  os pais dos dous xa viñan preparando o matrimonio desde facía tempo- . De onde ven o dito “O que queira ó terrón…

Fotografías da Cuqueira.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO

O XOLDRES.

So falamos estos días de desgracias, para alegrar o corpo vai o que foi unha canción popular na Parroquia de Macendo. A nosa “Ermorga”.

O Xoldres, o fillo e mais o Marañas.  –  Beberon tres moios con dúas castañas – dixo o vinaxeiro, eu pouco bebín. – Vamos ver O Xoldres, que arde nun candil – De alí se marcharon con grandes temblores – deixaron temblando trinta e seis pipotes – a pola mañá levántase todos – foron beber auga a fonte dos coiros – de alí marcharon con grande reserva – foron durmir a praza da herba.

Vaia co Xoldres, tiña tanto alcohol no corpo, que ata se podía prender nel un candil.

Fotografía do museo do viño de Verín.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

TEATRO NO MARCO INCOMPARABLE DA AIRA DE ALBIN.

Fará uns 10 anos, Venerando, Esteban –que foi alcalde- e mais eu, montamos un bo escenario e bancadas, unha tardiña calorosa do mes de Agosto. A pesar de que moita xente da Parroquia fuxira a comer o polbo ó Carballiño, un bo servicio de información fixo que moita da que quedara viñera a pasar unhas horas agradables, vendo a magnífica representación teatral do Lazarillo de Tormes.

Só tivo un fallo, un dos actores – eran tres-, erguendo o brazo dixo: “ allí a lo lejos veis la ciudad de Salamanca””, cando en realidade o que se vía era o pobo de Xestosa.

Temos tres concelleiros na Parroquia esperamos que fagan algo por ela. Que se repita.

LUIS  DE  ALBÍB.

 

HISTORIAS  DE  ,ACENDO

DOMINGO  DE  MANDÍS.

Reinando Xurxo na alcaldía de Castrelo, levaba pola Parroquia de Macendo pequenas cousas pero moi agradables: teatro, música, reciclados caseiros e algo máis.

Unha mañá de domingo ó saír da misa topámonos no alpendre –está a entrada do adro-, con varias mesas enriba das cales había comidas e bebidas ecolóxicas, invitando a probalas á vez que informaban das súas bondades.

Outra novidade foi que trouxeron tamén un feixe de mandís, os cales ían entregando un a un só ós homes para que alí os puxesen. Botándolle valor Puxémolos- mentres as mulleres rían-  e sacamos logo unhas fotografías do acto.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

O   MES  DE   MAIO.

Este mes era o renacer dos campos o remate do inverno e había celebracións en toda a Parroquia.

Uns refráns dicían os veciños da parroquia de Macendo para o mes de Maio

Maio sen trombóns é como home sen collóns

Maio mes da amargura, cando pensei que era día era noite escura

O queixo no maio pouco e malo.

En abril déixame durmir que en maio eu me caio (ou me encargo).

Neste mes florido e fermoso, celebrábase en Macendo principalmente de dúas maneiras, que podían ser ó mesmo tempo:

 No pobo de Albín, Meizo e Ramiras os mozos facían un meco e unha meca de flores e xestas que eran colocados cada un no alto dun pau, tamén os mozos ían o monte comunal e traían o piñeiro mais alto. En Ramiras e Albín pousado no penso (peza dos antigos lagares), que estaba colocado no medio da aira, era amarrado ós muros e ós balcóns das casas. No alto dos piñeiros tamén se poñían bonecos

Alí permanecían  do un ó trinta e un de todo o mes de maio, vixiándose noite e día polos mozos, pois podían ser roubados polos mozos doutros pobos e ser causa de burla e bromas. Rematado o mes tiña lugar unha festa animada por unha gaiteirada.

Cada ano o día 3 de maio, festividade de Santa Cruz, celebrábase ata fai poucos anos, na capela de Albín unha misa, por D. Antonio Galdón, cura benfeitor da parroquia, seguindo o seu testamento de fai mais de catro centos anos.

A ermida de San Trocado está nun alto situado na parroquia de Laias, a  festividade celébrase o día 15 de maio día tamén do San Isidro. Dende a parroquia de Macendo, que está a outra ladeira do Miño, víase como ían subindo en procesión ós veciños das parroquias detrás do seu estandarte. Como tiña fama de curandeiro para as persoas con problemas da fala, acudían os devotos levándolle como ofrenda a lingua do porco.

FOTOGRAFÍAS: Vista desde San Trocado (goolgle), Macendo está ó outro lado do Miño, Aira de Albín, capela, penso e meco (google)

LUIS DE ALBÍN.

HISTORIAS DE MACENDO.

SI CÁ MOZA QUERES CASAR   A AVINZA AS DE PAGAR.

Para María Villamarín e Carme Alvarez Estévez, que senten  paixón polas cousas antigas da parroquia de Macendo.

A avinza ou congrua era a cuota que tiña que pagar un mozo cando casaba con unha moza  doutro pobo. Como se tiña como a perdida de algo que era seu  – “Róubanola” -, o mozo casadeiro, debía pagar ós mozos do pobo da moza a cantidade de vinte pesos – cen pesetas – din uns, outros din unha ola de viño, outros din que as dúas cousas. Co recollido cá avinza ían á taberna- entón non había bares nin restaurantes – onde comían conservas e bebían, – o que había entón-, moitas veces non chegaba e tiñan que poñer eles o resto.

Si  o mozo casadeiro non pagaba a avinza, nas noites  do casoiro ían á casa da parella – chegaron ata quince noites – tocábanlle as carracas, o corno e outras ferramentas que fixeran moito ruído, cortándolle o novo matrimonio a durmida e o desfrute.

O chegar o entroido na Parroquia facíanse os entremeses – coplas feitas en verso -, contando con risas e burlas as cousas acontecidas no ano,  entre eles contra os casados  que non quixeron pagar a avinza. Un deles dicía así:

Barbas tristes, raspuñeiro

Neste pobo de Covelas

Róubachenos o rico amor ( a moza)

E no nos deches tres cadelas (moeda).

LUIS  DE ALBÍN.

HISTORIAS DE MACENDO.

CANDO  OS  FILLOS  TIÑAN  QUE DAR A  CONGRUA OS PAIS.

Nun enterro no pobo de San Pedro – xa fai tempo-, unha velliña acercóuseme e díxome: “xa morreu, agora os fillos no teñen que darlle a “congrua”

En tempos, cando os vellos non tiñan Seguridade Social, nin ningún tipo de  axuda do Estado, ó chegar a certa idade acordaban deixarlle a herdanza  ós fillos coa condición de que eles lle dirán os medios necesarios para o seu sustento. Podía ser en diñeiro, pero case sempre era en produtos do campo: patacas, viño, cousas da horta…

Este acordo entre pais e fillos  chamábanlle  Congrua

FOTOGRAFÍAS: Veciñas na lareira

Cociña galega Ruth Endersen fotografía do  ano 1930.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

CANDO OS VECIÑOS DE SAN PEDRO BAÑABAN Ó SANTO.

Cando mo contaron non cría a pesares de que me insistiron que fora verdade. Logo pasado algún tempo, lendo libros sobre a cultura tradicional galega estaba entre as nosas costumes, fai pouco un programa da TVG. Tamén falaba disto. 

Os santos estaban para pedirlles favores, e facíase por oracións, esmolas, misas, novenas…, se non facía caso ás peticións dos veciños, estes castigábano   -en certo pobo de Lugo poñían ó San Antonio sete noites ó sereno-, logo o santo moitas veces   vingábase.

Houbo un ano de moita seca, os veciños de San Pedro despois de moitas rogativas pedíndolle ó Santo que mandase chover, viron que pasaba o tempo e  non facía caso, e decidiron facer unha procesión ata a fonte do pobo para castigalo, e así fixeron, chegaron ata á fonte e collendo ó santo polas pernas déronlle  volta e metéronlle a cabeza moitas veces na auga. Pero o santo tomou a vinganza,- “si auga queredes, auga teredes”-, de alí a poucos días mandou unhas tormentas que fixeron moitas desfeitas. Os veciños  decidiron desde entón no volver castigar ó San Pedro.

Contáronme tamén –non sei si será certo- que os veciños de Casardeita e a Hermida, tamén lle pediron o Santiago que chovese, e como no fixo caso, metérono nun pozo durante oito días.

FOTOS: Capela  e fonte de San Pedro.

Santiago da Hermida.

LUIS  DE  ALBÍN

HISTORIÁS  DE  FREÁS.

ANTONIO NOVOA, UN HEROE DA GUERRA DE ÁFRICA.

Dende Bos Aires na Arxentina unha descendente de Antonio Novoa (Noemi), envíame información sobre o seu bisabó, e con algunha que eu conseguín, síntome na obriga de publicar un resume

retirado, con sueldo de comandante D. Antonio Novoa Casares, le ha sido concedida la pensión anual de 1126 ptas.

Don Antonio Novoa Casares naceu no pobo de Freás no ano 1833, de familia nobre, emparentado co Marqués de Santa Cruz do Casar de Vide. Sendo novo entra no exército, despois d exercer en distintos lugares embarca, participando na 1ª Guerra de África (1859-1860), destacando pola valentía e temeridade nas batallas de Tetuán e Was-Ras. Sonlle concedidas por estes feitos as dúas medallas militares mais importantes: Cruz de San Hermenegildo e Laureada de San Fernando. Tamén hoxe, unha sala da escola de suboficiales  leva o seu nome. “re Retirado con sueldo de comandante, le ha sido concedida la pensión anual de 1126 ptas.  Que seguirá cobrando su viuda.

D. Antonio Novoa vive logo entre Ourense e Freás, nunha casa situada  a veira da estrada hoxe en estado de abandono, onde morre os 75 anos. Tivo nove fillos, parte deles emigraron a Bos Aires ( o avó de Noemi) e parte quedou aquí. Descendentes foron  Pepita e Carmiña Novoa  (dedícolle un artigo) e o profesor Padilla.

FOTOGRAFÍAS: Antonio Novoa, lápida no cemiterio de Astaríz, laureada de San Fernando, batalla de Wad- Ras.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

CANDO OS FUMADORES FACÍAN TABACO CAS RAMAS DAS PATACAS E FOLLAS DAS FIGUEIRAS.

“O que non fuma nin bebe non é home completo”, dicíase entón. Os homes fumaban moito: nas viñas, na casa, na taberna… na cama. Se acababan o tabaco obrigaban os fillos e as mulleres a ir a  compralo a hora que fose, ou lonxe que fora.

Nos “anos da fame”, o rematar a “Guerra”, o tabaco estaba racionado – vou a escribir sobre este asunto, noutro momento-, e había que  buscar outras solucións para matar ó “vicio”, sobre todo para os pobres.

As ramas e as follas das patacas despois de estar ben secas, frotábanse ben ata que se puxeran como  polvo, logo este polvo de patacas íase envolvendo con moito xeito, nunha folla de espiga que fose delgada –esas que non se desenrolan tanto-, e quedaba feito o cigarro . Parece que a folla das figueiras tamén se chegou a aproveitar neste uso. E tamén se chegou a utilizar as raíces das cepas, están ocas polo medio, préndese pola punta –arde moi ben-, o fume vai por dentro do tubo, e a  chupar.  Así as follas da  da pataca  da figueira tiñan dous aproveitamentos: o froito e as follas.

No pobo de San Pedro había un veciño  que tiña unha pequena plantación de tabaco, que cultivaba e logo poñía as follas colgadas para que secasen. Supoño que estaría en Cuba onde aprendería  este oficio.

FOTOGRAFÍAS: CHISQUEIRO ANTIGO

TRABALLANDO AS PATACAS NO EIDO.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

SAN  XOAN  NA  PARROQUIA  DE  MACENDO.

A noite de San Xoán é a mais pequena do ano. É unha noite máxica.

Na parroquia de Macendo a noite de San Xoán seguíase á tradición: poñer as mantas e as colchas ó róceo, rodear os troncos das árbores con xestas, deixar unha palangana con flores, “roubar” os carros…

Sacábanse da arca as mantas e as colchas –aquelas brillantes que regalaban os mozos nas bodas-, e poñíanse a “sollar” á noite co róceo e á mañá ó sol.  Este día tamén pola mañá, rodeábanse ós troncos das árbores froiteiros de xestas atados con unha baraza, cá intención de que non subisen as formigas, polo San Antón tamén se poñían cortizas cá mesma intención. Tamén pola noite deixaban unha palangana ou caldeiro con auga e flores para lavarse a cara con ela pola maña.

Era a noite das trasnadas dos mozos.

 Aproveitaban a noite para entrar nas cuadras dos veciños e sacar ós carros que logo levaban ós montes ou outros lugares escondidos, con desesperación dos donos que  levantarse á  maña non sabían onde estaban. Un día colléronlle o burro ó Ferreiro de Albín e ataron a corda á campá da igrexa –co alta que está-,  e o burro ó querer comer agachaba a cabeza e tocaba a campá. Noutra ocasión roubaron a campá de Fondo de Vila e atárona a capela de San Pedro. Pola noite facían moito ruído, tocábase o corno que estaba aburatado,  e tamén se tocaba   unha gran carraca.

 Facíanse outras cousas.  As mozas do pobo das Bouzas –supoño que doutros pobos tamén-, a véspera collían unhas  flores pequenas de catro pétalos –non sei cales serían- e pasábanas pola cara, pois crían que rexuvenecía. Tamén as mozas de San Pedro polo día da festa ían á misa adornando a cabeza con flores. Algúns veciños ían ó San Xoán a Ribadavia e viñan con un pan bendito, que logo comía toda a familia.

As mulleres adornaban os camiños dos pobos, pola mañá traían e colocaban alí  grandes ramos de flores. Tamén se facían fumatas con sete herbas, os rapaces saltaban por riba.

Unha noite e un día no comezo do verán, moi festeiro por certo

FOTOS: igrexa de Macendo, capela de Santa Bárbarta, San Pedro (traseira).

LUIS  DE  ALBÍN.

.HISTORIAS  DE  MACENDO.

O PRINCIPIO DO   CHISQUERO.

Escribimos días atrás do tabaco e das dificultades para conseguilo.

Agora trataremos dos aparellos que se utilizaban para conseguir acender os “pitos,” cando non se acostumaba utilizar os mistos e chisqueiros

O aparello máis vello parece ser eran dúas pedras duras –posiblemente de cuarzo-, que frotándoas entre si producían unha chispa que se aproveitaba para prender un farrapo. O paso seguinte foi cando se empezou  utilizar á mecha – unha tela en forma de cilindro que se mercaba-  metíase nun canoto de caña, da que saía a punta por riba, sobre a mecha poñíase un cristal e se rascaba este contra unha pedra dura ata que saía a chispa. Foise mellorando con un ferro golpeábase igual  contra unha pedra dura.

O asunto mellorou moito cando nunha mesma peza ía nun canoto metálico  unha roda con pedra de chisqueiro –peza de contrabando moitas veces-, xirando esta roda co dedo producíase a chispa que prendía á mecha. Logo viña, como sempre, acercar o pito a mecha e a chupar.

Pasado o tempo verían os chisqueiros de gasolina, de gas, eléctricos, pero ese xa é outro mundo.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS   DE  MACENDO.

A  SERPE  QUE  MAMABA  O  LEITE  DAS  VACAS E CABRAS

O asunto ven dende moi lonxe, segundo conta a Biblia, alá no Xardín do Edén, onde tratou a serpe con Eva invitándoa a comer a mazá. Din os veciños que de estes tempos ven a trato das serpes cas femias.

Un veciño de Covelas tiña unha cabra boa que lle daba moito leite, pois estaba alimentada con fariña e millo, cando ía a munguila un dos ubres estaba baleiro, entón decidiu ir a feira a vender a cabra. Quedouse con unha vaca, decatábase que agora desaparecíalle o leite, e  tiña unha ovella berraba moito cando estaba a serpe. Os veciños dicían que vían cruzar  unha serpe moi grande que ocupaba todo o camiño. Entón decidiu buscala por toda a cuadra, e por mais que buscaba no daba con ela, pois debía de meterse entre o esterco. Logo deuse conta de que debía entrar por un burato, pechouno e a serpe non volveu.

Contan tamén que as serpes suben enroscándose por unha pata do gando, e mama con tanta suavidade que resúltalle moi agradable.

FOTOGRAFÍAS: relevo medieval de serpe e muller, munguindo de vaca e cabra (GOOGLE).

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

MACENDO  E   AS  BARCAS DO MIÑO.

Os veciños de Macendo tiveron sempre unha importante relación ca outra veira do río Miño. As barcas que estiveron en uso durante séculos, utilizadas polos de Macendo foron as de Puga (chamada barca de Barbantes), Astaríz, Prado e a Frieira,Oleiros, Santa Cruz, tamén a de Feá a Calvelos. Como este artigo resultaría moi extenso, vou citar as importantes razóns que levaban os veciños a cruzar o río Miño.

As feiras de Ribadavia e Barbantes (hoxe desaparecida).

Levar  a moer o centeo e o millo os muíños do outro lado do río.

Pasar os carros de bois con cubas de viño para a venda.

Ida e volta dos arrieiros, cas súas mulas cara a comarca do Carballiño.

Coller o tren Barbantes para ir a Ribadavia e para os segadores que ían a Castela.

Traer materiaes de construción ou de outro tipo.

E por último a mais utilizada acudir as festas do San Benito a Laias, o San Benito de Cuñas, o San Isidro e outras.

FOTOGRAFÍAS:

Barca miño (cedida por Rita Raña)

Barcadebarbantes (para levar os festeiros)

Barca de Barbantes miño (por o Marqués de  García del Villar).

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO

BODAS EN MACENDO NO 1930 (case 100 anos). As farras.

D. Antonio Reza Paz foi veciño do pobo de Tallón e  mestre de Macendo durante moitos anos. No ano 1930 sendo estudante, fixeron unha encuesta os alumnos sobre as costumes e vida dos pobos.  D. Antonio tamén a fixo, e  tiven a sorte de localizala na Fundación Vicente Risco en Allariz. Dela vou copiar a parte que fai referencia as vodas na Parroquia de Macendo e copiada tal como está escrita.

“Ese día que se casa un mozo con unha moza, buscan os padriños, e o mozo busca unhos cuantos amigos que sean mozos tamén, y a moza fai o mismo pero para que vayan no acompañamiento hasta a iglesia, e alí asisten a misa, e dispois o cura faille as suas ceremonias e beñense para a casa da moza donde teñen unha gran farra, teñen un bo xantar y a noite tamén unha boa cena, e para outro día ban todos que estaban o día antes e van a casa do mozo y alí bolben na ter outra gran farra casi como o día anterior, pero o pasar estos dous días beñen os do pobo da moza a pedirlle os dereitos o mozo, que son corenta ray.as con gaiteiro e si non llos da teñenlle a cornetada durante nove dias que e  tocarlle os cornos entre todos os mozos e as mozas”.

Tamén o cura dende o púlpito, durante a misa e durante tres domingos, lía as amoestacións. Estas consistían en informar da intención de casar os noivos, indicando o nome de cada un, pedíalle os asistentes a misa que informasen si sabían de algún tipo de impedimento social ou relixioso que non permitise a voda, que tiñan a obriga de informar. De este modo todo a mundo sabía quen se ía a casar.

Tamén me informou un veciño do pobo de Souto “cando levaban dúas semanas casados, despois da misa, mirando cara o altar de pé, os recen casados poñíaselles unha especie de toquilla ou toca polos hombros e a xente ríase e bromeaba e dicían están “xunguidos”. Debía de ser a cerimonia das “vinculacións”, que consistía e cubrir con un velo os dous esposos nun momento da misa, outras veces era con un manto cada un. Así sometíanse a obrigación de  conservar a santo matrimonio e educar os fillos na relixión católica e si podía ser dedicar algún o sacerdocio.

Amando, veciño do pobo do Couso, con mais de 90 anos cóntame o seguinte: os invitados facían  de regalo o noivo diñeiro ou unha colcha que ían comprar a Ribadavia. Nunha voda nos anos 40 puxeron   uns 20 pesetas e outros cinco cada un para  unha colcha. A comida era un cocido, o final tocaba unha orquesta e todos bailaban. Como na casa non había cobertería para todos, pedíase polas casa dos veciños, prestados platos, tenedores… a noite volvian os invitasdos e comer unha cea. Os platos trincábanos nas veiras para saber de que veciño eran. Había boas cociñeiras, tal como a Sra. Rosa de Albín.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

MEIGAS, ALLOS E FIGAS.

A xente comentaba “aquela muller é meiga”,  pensaban que  facían mal a persoas, pertencías, a casa, o gando, os nenos, collendo enfermidades ou morrendo.  Falaban as xentes, que sufrira estes males, sinalando a certas mulleres sen ter probas. Dicían que as meigas preparaban a maldición na casa.

Para evitar estes males había certas “oracións”, queimar certas plantas na lareira, poñer ramas de romeiro nas portas das casa. Pero  comprobei  a mulleres, e supoño que tamén homes,  levaban sempre no peto  dentes de allo, dicían que con eles se espantaban as meigas e non facían dano.

“Ponlle a figa que alí ven a meiga, e che pode botar o meigallo”. Dos cinco dedos que temos:  miudiño, seu sobriño, maior, furabolos e matapiollos-, facer a figa era meter o matapiollos entre o sobriño e o maior, botándoo para fora.

 Había mulleres que tiñan moita “forza” na vista, que  onde botaban o ollo facían dano. Un veciño de Albín viña un día con un mazadura nunha perna, e contaba que unha veciña doutro pobo habíalle botado a ollada. Polo cal estas mulleres debían levar sempre gafas escuras e mirar cara abaixo.

Os veciños de Macendo para quitar o “meigallo” íase pagando, a  Maside, Cortegada esta tiña unha pensión e atendíate o día seguinte.  Outro asunto que facían era relacionarse con familiares mortos ou ausentes. Vivíanse momentos moi tensos, a meiga chamaba o morto ou ausente a ía contestando as preguntas, escoitando a súa voz.

En Ribadavia o San Pedro Telmo patrón dos endiañados, pasaban por embaixo do altar retorcendose e dando grandes berros.

 Mais en broma dicíase “anda o demo na casa dos marcos”.

Tamén se conta que a noite de fin de ano, as meigas xuntábanse co demo no monte Fragoso, cerca do pobo de Ramiras

FOTOS: meiga e figa de google.

LUIS  DE  ALBÍN.

.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

DOUS  SONS  DESAPARECIDOS: A CORNETADA E O ASUBÍO.

Nos entroidos, nos reis, na avinza ou dereitos do noivo, e alá onde houbese folión tocábase o corno, como me contaba o Pepe da Moreira de Albín. Debía de ser dun boi ou dunha vaca, e para ter mellor son podía afiarse con unha subela ou outras ferramentas. No ano 1930, D. Antonio Reza –que foi mestre na escola de Tallón- , escribindo sobre a avinza ou pago dos dereitos do mozo, di: “Beñen os mozos do pueblo da moza a pedirlle os dereitos o mozo, que son corenta rey-as con gaiteiro, e se non llo da, tellénlle a CORNETADA, durante nove días, que e tocarlle os cornos entre todos mozos e mozas.

Nos tempos en que levaba o gando o monte, e  andábase laborando polos eidos, a xente era chamada, ou comunicábase con ela por medio  variacións do asubío.  Metíase na boca un dedo ou dous en posición horizontal e encollidos, e soprábase forte. O son do asubío escoitábase moi lonxe. Era unha linguaxe entendida polos veciños.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

COMO  LAVAR  A  ROUPA.

Os veciños cambiaban a roupa só unha vez a semana, así esta ía moi sucia polo traballo no campo, por cociñar na lareira, manter o facenda… polo que se facía moi traballoso lavala.

As mulleres levando un gran cesto a cabeza ían o lavadoiro –si o había- ou o regato, en pedras axeitadas ou nunha táboa comezaban a faena. O xabón había pouco, facíase na casa mesturando graxa de porco e sosa cáustica que se mercaba, tamén se marcaba  xabón  de contrabando.

Despois de fregala con xabón, volvíase a meter na cesta inda mollada, metíase nunha pota cas raspas de xabón que quedaran a botábase a ferver. Logo nunha cesta de cimbre ou de madeira, cuberto cun unha tela  de liño, botábase enriba a roupa quente saída da pota e tapábase cos bordes de liño que saían da cesta.

Por último  metíase todo elo entre el abono de la cuadra para que con el calor se secase.

Outra versión di que a roupa poñíase na cuadra para que se aclárase, para elo botábaselle cinza e xabón, lavábase e logo deixábase na cuadra no esterco para que se aclarase.

Andaban xentes en burro comprando  cinsa polos pobos.

LUIS DE ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

A CAMA DE FOLELLO.

Tempos atrás,  poucos  durmían na cama sobre colchóns de lá,  moitos facíano sobre colchóns de folello, pois a lá era necesaria para facer xerseis, calcetíns e outras prendas. O folello é a folla de millo. dicían que era fresco pro verán e quente para o inverno, o caso é que as follas xuntábanse facendo  durezas que molestaban ás partes do corpo, tamén ó dar  voltas e deitarse facían moito ruído. Todo elo complicábase, pois os “metálicos” das camas estaban feitos con cordas que que se cruzabas facendo nós. A todo elo había que contar con veciños: pulgas, chinches e piollos, que se encargaban de chuparlles o sangue.

Para solucionar elo  as fundas dos colchóns tiña uns buratos polos lados por onde se metían as mans e tamén os brazos para remexer as follas. Tamén de cando en vez sacábase toda a folla para aireala e volvéndoa a meter, para facer o colchón mais brando.

Nos “anos da fame” chegaron a utilizarse as fundas dos colchóns para facer roupa de vestir, tal como faldras para as mulleres e foron substituídas por sacos de fariña e outros.

LUIS DE ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

OS MARCOS SON SAGRADOS.

“Os marcos son sagrados e teñen causado mortes”,  dicíame un veciño de Macendo. Os marcos son pedras de forma alargada que teñen por fin o indicar os lindes das fincas e montes, á dereita e esquerda do marco van dúas pedra por baixo da terra que lle axudan a suxeitalo, a pesar de que estes van ben espetados na terra. O marco pola súa posición indica a dirección que leva o linde. Como estas pedras teñen pouca altura, para colocalos ou dar con eles, ou saber a dirección das lindes, as persoas colócanse mirando unhas cara as outras, poñendo os pes a esquerda e dereita do marco. Mais si queres cerrar unha finca,  hai que facer o peche dentro da túa finca deixando os marcos libres.   

Unha parte dos marcos fóronse perdendo ó abrir novos camiños, pistas.  En tempos cando a terra tiña moito valor pola miseria en que se vivía, os marcos tiñan unha gran importancia e o movelos daba lugar a enfrontamentos que chegaron a ser violentos.

No imaxinario galego tamén entran os marcos. Din que os que  moveron os marcos en vida, a súa morte están condenados volvelos  poñer no lugar que estaban, e estas ánimas andan polas noites buscando o mesmos. Como nunca os dan atopado, andan sempre vagando polos montes e eidos. O Manoel, andaba de cando en vez pola noite paseando polos montes, unha vez atopouse con unha ánima e díxolle:

  • Manoel, que fas aquí polas noites, anda vaite para a casa, que o día é teu e a noite e nosa.
  • O Manoel volveu  correndo para a súa casa e non volveu a pisar o monte.
  • LUIS DE ALBÍN.

HISTORIAS DE MACENDO.

CANDO QUERÍAN ENGANAR ÁS GALIÑAS.

O chegar os dous anos as galiñas tíñanse por vellas, que que xa non poñían ovos e matábanse. Para saber si as galiñas poñían ovos, metíanlle un dedo polo cu para saber se ían a poñer ovos, e si os ían a seguir poñendo.

As galiñas foron sempre animais que vivían cos veciños, xa no galiñeiro, xa no patio da casa, e tamén libres picando polos camiños. Os ovos eran e son  un alimento importante. O galiñeiro tíñano tódolos veciños, pois todos tiñan un curral na casa.  Cando a galiña facíase vella e non botaba ovos tocáballe a despedida do curral e con ela facíase  un bo caldo chamado “Caldo de galiña”- que lle daban as paridas-. O amo do poleiro era o galo, o madrugador, que nos anunciaba que xa había chegado o día. Hoxe nos galiñeiros non hai galo, por elo as galiñas están tristes. As galiñas tamén cantan cando poñen ovos.

O que queremos tratar é como tentaron tempos atrás, de como conseguir que as galiñas puxeran máis ovos por medio do engano, pousando no niño  ovos falsos. Estes ovos eran de chumbo, tamén  de madeira, outras veces coios que tiveran a forma parecida os ovos. O asunto parece que non deu moito resultado, pois deixouse de intentar pasado o tempo.

¡ Nin que as galiñas fosen parvas¡.

Atopei na casa o outro día, un ovo de goma tan ben feito e tan coloreado, que confundino con un verdadeiro.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO

ASTARÍZ, UN POBO CON ENCANTO.

O pobo de Astaríz, no concello de Castrelo de Miño, está situado entre a cidade de Ourense e a vila de Ribadavia, a 15 minutos de distancia en automóbil.

O pobo pódese dividir en dous grandes barrios, un  grupo de vivendas que se estenden á dereita e esquerda  da estrada  e outro o  interior situado en torno a igrexa parroquial e o vello camiño que conducía de Ourense a Ribadavia, o que podemos chamar “pobo vello”. A igrexa parroquial é un exemplo  magnífico do Barroco rural galego  que dispón tamén de soberbios retablos.

Este pobo “vello” formado –como case todos- por tortuosas e estreitas rúas, está cheo de encanto. Os veciños souberon fácelo así, ademais de ter as rúas totalmente limpas, souberon tamén rotulalas e adornar ás paredes, con todo tipo de ferramentas e outros obxectos tradicional es , os cales gardaban de sempre na súas casas.

Vale a pena visitalo, falar cos veciños, vivir as nosas e súas lembranzas, e tamén marcar unha vivenda -das poucas que quedan- con vistas ó río Miño e o amplo val cheo de viñas e hortas. Un encanto.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

OS  “CORPOS  SANTOS”

Unha das condicións que teñen algúns santos da igrexa católica -algúns polo menos-, é que  unha vez mortos e pasando os anos non empodrecen. Como tal pasearon, fai anos, por España o “brazo incorrupto de Santa Teresa”.

 Antigamente no había propiedades no cemiterio, e facíase un burato  libremente e alí enterrarábase o difunto. Dábase o caso de que o abrir, pasados anos, podíase topar con un corpo que se mantiña en boa parte sen empodrecer, dabánlle o nome de CORPOS SANTOS, ninguén lles tocaba e ata os veciños que tiñan terras a veira  no nas traballaban. A pesares de estar hoxe o cemiterio ateigado, quedaban sen explicación dous espacios sen ocupar, un no paso o cemiterio novo e outro na muradella diante da porta da igrexa, alí se atoparon con dous “corpos santos”.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

NOITE   DE   REISES. (REIS)

Os  invernos de antes eran moi fríos, moita choiva e moita xeada, a pesares non se estaba sempre ó pé da lareira. Había as festas de Santa Bárbara en Fondodevila, as de Santa Lucía en Meizo, Noiteboa e Navidade nas casas. A noite de cabodano os veciños de Ramiras facían CACHARELAS no alto do pobo., e comezado o ano a FESTA DAS CÉDULAS, logo Reises e remata o mes cás festas parroquiales de SAN ANTONIO ABADE. A noite de Reises era a noite mais alegre de todas elas.

A NOITE DE REIS pasábase cantando panxoliñas. Entre os cantantes destacaban O Ferreiro da Cochinera, os da Chelita, o tío Antonio do pobo de Covelas, O Guedellas de Meizo, O Eduardo, O Piturrio o Vello, O Xerelo de San Pedro, Os Paces, Cacheiros, Campantes e o Alfonso do pobo das Bouzas. Os mellores cantantes parece ser que eran os veciños de Meizo.

Empezábase bebendo viño con mel ben revolto –antes en Meizo había moitas colmeas-, isto preparaba á gorxa-, logo íase polos camiños facendo parada de pobo en pobo, diante de cada casa. Os veciños invitaban a noces, castañas e outras cousas – daban o aguinaldo-, e xente destas casas íase xuntando, o grupo medrando cada vez mais –chegou a haber ata duascentas persoas-.

Pasábase toda a noite cantando e bebendo  licor café e augardente de herbas. Tamén se obrigaba á xente a erguerse da cama inda que fose ás catro da mañá a xuntarse ó grupo.  En algunha casa o dono invitaba a comer rosquillas caseiras ,chourizos asados, viño, licor café e pasaban boa parte da noite na súa casa cantando.

Ós que lle quedaban forzas remataban na taberna do Mariano de Meizo –facía café de pota revolto con un tizón e colado con calcetín-, e logo á misa do Guntín á primeira hora da mañá.

A  CHARANGA ERA MOI RUIDOSA, acompañaban as voces con instrumentos caseiros: botellas de anís rascándolle co revés das culleres , tixolas, potas, cunchas  e ata algún corno. As panxoliñas eran enxebres conservadas desde sempre na memoria dos veciños, mesturando galego e castelán. Por non facer a cousa moi larga vai algunhas partes. Empezaban así:

Señores que viven dentro de esta casa

Oigan los misterios de esta noche santa

San José y mas María caminaban para Belen

Ibanlle cantar os reis a Jesús de Nazaret

San José iba moi triste porque iba por montañas

Y María iba alegre por levar a Jesús nas entrañas.

Si nos han de dar os Reyes

No nos han de delatar

Que somos de largas tierras

Tenemos mucho que andar.

FOTOGRAFÍAS: excursión grove, mozas de antes cantando os reises.

LUIS DE ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

ENTERROS  CON  MÚSICA.

Un caloroso día de verán, ó pasar por diante da igrexa vin con sorpresa  que detrás da caixa do morto e  acompañantes ía tocando unha banda de música, logo mentres ían soltando ás cordas da caixa para metela no burato, a banda seguiu tocando ata o último momento. Resultaba ser “O Purrela, veciño de Ramiras que foi acordo co neto.

Falando do asunto contan que xa fai anos, cando morría algún mozo ou moza – non había as medicinas que hai hoxe-, os seus amigos acordaban

contratar   unha banda –xuntando os cartos como podían, dentro dos poucos que había-, para honrar  así súa memoria.

Outro caso, inda non fai un ano, foi o de un veciño da Bouza, que pediu os seus herdeiros, que no enterro estivesen uns mariachis mexicanos. Como o ouvido é o último sentido que se perde –segundo din-, o bo home, xa no cemiterio escoitaría con agrado unhas rancheras.

Cucurrucucu…. canta… ba.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

TORRE  DE SANDE.

Sobre a torre de Sande hai información en Google, polo que copiar o mesmo penso que non ven o caso. Intentarei escribir algo novo, ou que non está moi claro.

O castelo dos Condes de Sande, pasou a ser propiedade dos monxes beneditinos de Celanova por cesión do rei de León Alfonso VII (1126-1157),  o seu abade tomou o título de Conde. Informes de investigadores coidan que mais que unha cesión do Rei, foi un mal arranxo que fixeron os monxes para conseguilo, algúns chámanlle roubo.

O castelo erguido sobre uns penedos dende el vese gran parte das terras que o  circundan, nomeadas nos documentos como Terras de Montes,  comprendía as terras de Cartelle, de Macendo – o nome era Macendo de Montes-, e outras mais. O castelo foi entón  o centro, dependente de Celanova, para desde alí cobrar os foros de boa parte de estas terras que pertencían o mosteiro. Ca desamortización do século XIX, e a obrigado abandono das propiedades, púxose a venda a pasou a mans particulares.

Da súa importancia inda recordan hoxe os vellos o dito:  Castelo de Sande – pernas de avión (paxaro) – cantas terras vexo – todas miñas son.

Fai algún tempo fun por alí, está totalmente abandonado, e imposible subir ata el, a pesar de ser Monumento Histórico Nacional.

Durante moitos séculos a parroquia de Macendo, pertecente a Terra de Montes, mantivo moitas relacións con Sande e Celanova. O castelo de Sande pasou a ser o grande centro de goberno e recaudación de moitas terrras da Parroquia de Macendo que pertecían o mosteiro beneditino. No pobo de Albín tiveron un PRIORATO, a “casa dos monxes”, que en boa parte hoxe se conserva. Tamén lembran veciños, que grandes pelexos de viño eran levados a Celanova.

No pobo de Tallón, co nome de GRANXA, hai un lugar que debeu pertecer a unha orde relixiosa.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

A  B I C A

Fai anos había moitas herdades de millo na Parroquia, necesitábase para  dar alimento ás persoas facendo a bica, e tamén como alimento para os animais . Os canastros enchíanse de espigas e moitos balcóns lucían  espigas colgadas e os muíños tiñan traballo por unha temporada 

A bica facíase na casa xa no forno que estaba no patio, xa na lareira. Ca fariña de millo  facíase unha masa mesturada con auga e sal, logo poñíase esta masa enriba dunha prancha de ferro –outro din dunhas verzas-, logo tapado todo co chamado “testador” ou “testeiro” tamén de ferro. Estando ben quente o forno da casa ou a lareira pousábase nestes,  e por último íanse botando enriba e ó redor do testador  brasas. Pasado un cuarto de hora a bica xa estaba lista.

A bica era pan para varios días. Comíase ca leite, podía meterse dentro un cacho de touciño, a mañá para espabilar para o traballo comíase bica acompañada a veces cun  vaso de augardente ou licor café. Sabía moito con sardiñas e con leite

Tamén se facía outros pans na casa mesturando millo e centeo (boroa) e tamén se mercaba pan ós panadeiros. Esta bica da que estamos contando non ten nada que ver ca bica de Trives

FOTOS: lareira, forno familiar, prancha e “testador”, bica.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

OS  EMPANADOS.

Os empanados eran nenos e persoas maiores que se puñan un pano nas procesións e outros actos relixiosos, era unha mais das formas de relixiosidade e devoción. Na Parroquia de Macendo debeu de chegar a ser case como unha cofraría,  á terminación da mesma debeu de ser nos anos 50 ou 60 do século pasado. Debeu de ser de mulleres.

Os empanados era unhas persoas que tiñan a obriga de levar posta, nas procesións e outras activades da igrexa, unha tela pechada, que non levaba capucha meténdose pola cabeza. En Macendo era de cor branca, habendo outras con pintas. Eran puxadas como as andas da Virxe, cada un procuraba puxar polo seu pano, que despois usaba. Os empanados poñíanse así para librarse dunha enfermidade ou de outros males.

No tempo do cura Felix vivía con el unha irmá solteira, esta despois da puxa quedouse cás telas. Dende entón non houbo máis empanados.

FOTO: procesión no día das festas. A muller que leva a anda a dereita parece que vai empanada.

Procesion do 15.jpg.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS   DE  MACENDO.

1936:  TEATRO NO POBO  DE  FREÁS.

Nos animados Entroidos de fai moitos anos, facíanse polos  veciños representacións teatrais. O libro só o tiña o que facía de director, polo que os actores aprendían o mesmo repetíndoo moitas veces –como se facía cá táboa de multiplicar éo catecismo do P. Astete-. O escenario estaba  formado por un armazón de madeira, adornado e tapado con colchas da cama –eran coloradas e brillantes-, prestadas polos veciños. No pobo da Bouza chegou a representarse ó D. Juan Tenorio de Zorrilla.

No xornal El Pueblo Gallego” con data 2-2-1936 aparece un artigo onde fala da obra de teatro representada nestas datas polos veciños do pobo de Freás  e que tivo un importante éxito. Aí vai:

2-2-1936. EL PUEBLO GALLEGO – VIGO. MACENDO (ORENSE).

UNA VELADA TEATRAL (FREÁS).

El pasado domingo se celebró en el pueblo de Freás, una velada teatral, poniendo en escena “La razón del silencio”, durante el transcurso de la misma se vió interrumpida por frecuentes ovaciones, recompensa a que

 se hicieron acreedores los jovenes interpretes de tan divertida comedia, en la que resaltó la labor realizada por los hermanos Rivera de Barregueiro. A todos ellos y en especial a su infatigable animador  Ladislao felicitación por el éxito logrado en el salón Novoa.

FOTOGRAFÍAS:  El Pueblo gallego. Freás vista.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

DE  FREÁS EN CASTRELO DE MIÑO.

A  VIRXE DA PENEDA

O Santuario da Nosa Señora da Peneda, situado no Parque Nacional Portugués da Peneda-Gerez, é  concorrido por moitos veciños da provincia de Ourense. Según a tradición portuguesa, no ano 1220 unha rapariga que gardaba algunha cabras, a “Señora” apareceulle baixo a forma dunha pomba branca, e pediulle ós veciños da Gaviera, que edificasen naquel lugar unha ermida.

 Benilde de Albín “A Campanta”, que tería hoxe 100 anos, ten outra versión: a Virxe da Peneda encontrárona uns nenos no comunal da Rañadoira, que está debaixo do pobo da Cancela indo cara o río Fragoso,  cando a Cancela pertencía a Parroquia de Macendo, o cura non tivo interese pola imaxe e déixoulla levar a unha portuguesa na manga da camisa, xa que é unha imaxe moi pequena. E a portuguesa levouna a Portugal onde esta. Dixome tamén esta poesía.

Virxe Santa da Peneda

Quen che trouxo de Galicia

Foi unha portuguesa

Na manga dunha camisa.

FOTOGRAFÍA: Santuario da Virxe da Peneda.

LUIS  DE  ALBÍN

HISTORIAS  DE  MACENDO

IRMÁNS  DE  LEITE

Conta a xente de antes, cando os servicios médicos eran poucos e non había moito con que pagalos, se unha muller estaba para parir acudíase a unha veciña do seu pobo ou de outro para que fíxese o oficio de parteira, muller que tiña experiencia xa que atendera a moitos nacementos.

Nacido o neno ou nena, era necesario alimentalo, que facíase e faise polos peitos da súa nai. A veces presentábanse problemas xa que  non daba leite dabondo ou non estaba en boas condicións.

Acudíase entón a unha familiar ou veciña que estaba naquel intres amantando a un fillo ou tivera a desgracia de que lle morrera o nacer – o tempo morrían nenos así—. Era de ver a unha muller dándolle un peito a cada neno de distinta nai.

Tamén conta a xente de antes, que os irmáns de leite, sempre se entendían e se levaron ben entre eles.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS   DE   MACENDO.

O TOURO DO OVIDIO E COMO CUBRIR AS VACAS.

Había touros na Ermida, en Vilela, Celeirón, Xestosa, o dono cobraba entre cinco e dez pesetas por cubrir as vacas, o mas coñecido e recoñecido de todos era o Ovidio de Casardeita. Vivía  das  terras e do “traballo” de un gran touro fraco que non  daba feito, xa que había moitas vacas na Parroquia. Os veciños de Macendo –case sempre polas mañás-, levaban ás vacas para que o touro do Ovidio as cubrise e quedasen preñadas, e el encargábase de que a cousa saíse como debía ser, animando e empurrando para que cada un estivese na posición axeitada.

Se a vaca ía moi escalentada e sobrepasada botábaselle o boi e a vaca un caldeiro de auga na cruceta e dábaselle ca aguillada. Para que a vaca tivera gana de touro, pasáballe unha piña polo lombo e dábanselle  nove graos de ruda envoltos nunha verza.  Tamén había días en que entre a vaca e touro non se puñan dacordo, entón o Ovidio de Casardeita, púñase a berrar e culpar a dúas veciñas, que dicía que lle botaban o meigallo.  De tódalas maneiras non sempre era así, pois o touro volvía a cubrir a vaca por segunda vez, por si a primeira fallaba. Os nenos que andaban por alí, que como tódolos  nenos son moi curiosos querían velo todo, e a xente espantábaos, que aquelo non era para eles.

Volvíase ca vaca para a casa, e esperábase a parida do becerro, pero iso queda para contar outro día.

A veces andaba a xornal, era moi traballador, as mulleres non lle cobraba si se deixaban “querer”, pero esto era conto mais que verdade. Estaba casado ou separado, tivo unha filla que se casou en Santomé. Levou unha andaluza que vivía en Prado, e que cando se enfadaba ela facíalle “caricias”. Foi o que tivo a primeira carretilla da parroquia, o primeiro motor para sacar auga e tamén a primeira cavadora con unha panca que se baixaba e subía.

LUIS  DE  ALBÍN

A   FEIRA   DE   CASTRELO.

Fai uns anos un domingo domingo  fun a facer unha visita  a Feira de Castrelo. Cando as feiras unhas están en decadencia outras desaparecen,  a de Castrelo ten unha boa marcha. As feiras de sempre contaban con gran cantidade de gando e produtos do campo, que hoxe case desapareceron.

Conta con un bo escenario a veira do Miño  no espazo do Náutico por onde se estenden os feirantes ata a piscina municipal, alí hai entre outras cousas: polbeiras, maquinaria agrícola, ferretería, cestería, aves, plantío, queixos, produtos do porco, churreira, pan e empanadas  e outros.

As feiras de antes é en boa parte cousa pasada, os que veñen hoxe as feiras non pensan só en comprar e vender, tamén a pasalo ben e terminarían por non volver o ver sempre o mesmo.

O bo escenario do Náutico cas  actividades deportivas  e feirantes é sen dúbida a xoia do Concello. Os gobernantes de hoxe deben de mellorar e ampliar o traballo que iniciaron con éxito os antecesores, e proxectar todo elo en aproveitamento de toda a veciñanza, por elo dou unhas opinións:

Colocar unha pantalla, na entrada ou sitio visible, que vaia pasando imaxes e información de actividades municipais, deportivas, bares e restaurantes do concello, casas e vivendas en venda e aluguer…

Aproveitar estes eventos para dar  a coñecer ás parroquias do Concello por medio de visitas turísticas e gastronómicas, visita os pobos de Astaríz (Axudalo a manter o ornato), Santa María ca igrexa, castro de Santa Lucía, algunha bodega e viña exemplar, e outras. Potenciar e informar dos bares e restaurantes que hai o longo do Concello, indicando distancia, teléfonos, especialidades…

Xa pensando un pouco mais alá, completábase todo ca posta en marcha das augas termales –hoxe abandonadas-, un hotel balneario. Todo en conxunto sería un complexo turístico-deportivo- termal posiblemente de valor nacional e crearía postos de traballo.

Tampouco estaría mal unha musiquiña suave o día da feira… e que os gobernantes non perdan o tempo buscando o enfrontamento.

FOTOGRAFÍAS: Feira de C. 1, maquinaría, 2 vista xeral, 3, peneiras, cestos, 4, animais vivos, 5, plantío e xoguetes, 6, carnes e queixos, 8, pan e empanadas.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS DE MACENDO.

XUNGUIR  OS NOIVOS.

Un parente contoume fai tempo sobre unha costume que se facía na igrexa parroquial antigamente. Esta consistía en que o domingo seguinte da voda e diante do altar os casados poñíaselle unha toca ou outra prenda que cubría os ombreiros dos dous. O asunto daba lugar a bromas e risas dos asistentes, e dicíanlle que estaban xunguidos.

O asunto quedou así, ata que o outro día lendo o libro  “EL coronel “Cachamuiña” de Emilio Estévez Rodríguez na pax. 725, di o seguinte:

“bendición nupcial era la ceremonia facultativa no esencial para la validez del sacramento matrimonial. Bendición que solía acompañarse con las VELACIONES… para darle mayor solemnidade al matrimonio, consistía en CUBRIR CON UN VELO a los dos esposos en un momento de la misa. Se practicaba por lo común inmediatamente después del casamiento.

Parece ser que o de “Xunguir os noivos” ten a súa explicación.

FOTOS: la ceremonia de la velación” de missperlada.com

Retablo de la iglesia de Macendo.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO

A  CORRIDA  DO  GALO.

Era segundo os escritores clásicos españoles o día da gran festa dos estudantes que coincidía co Entroido, logo, segundo parece, foi quedando nas escolas dos pobos. Era unha costume un pouco bárbara.

Na escola de Tallón, que dirixía o mestre D. Antonio Reza, os nenos de cada pobo (Albín, Tallón, San Pedro, Souto) traían un galo, logo corríano, a veces a pedradas polo monte, medio machucado entregábanllo o mestre. Outras veces  eran un par de capós que compraban os nenos.

O mestre recibido o galo, invitaba ós rapaces (sobre sesenta) a unha merenda, en tempos era con unha ola viño con galletas, anos mas tarde unha chocolatada.

FOTOGRAFÍAS: D. Antonio con nenos e escola de Tallón hoxe.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

SANTA BÁRBARA DE FONDODEVILA E AS PELEXAS.

Fai mas de cen anos o xornal “Ancora”(20-5-1903) dicía: “Bendecida por el párroco SR. Viso Fdez, se ha  abierto al culto una nueva capilla eregida en honor de Santa Bárbara. El día de la bendición y el domingo último se celebró la fiesta. Dirigió la palabra a la numerosa concurrencia el licenciado Sr. Viso, párroco de la feligresía de Macendo”.

As igrexas parroquial e as capelas –estas doadas por persoas con posibilidades-, ían acompañadas por terras (destros) para o mantemento, así unha viña arréndase a Juan Raña, logo a unha veciña de Ramiras. Esta capela estivo moitos anos esborrallada debido contan que por un incendio, fai poucos anos volveron a recuperala. A festividade da Santa ía acompañada da festa, ata fai mas de cincuenta anos celebrábase no lugar do Paraño.

Dicían os mozos de antes  “se non ai paus no hai festa que valga”, e así o facían  naqueles tempos. Lemos o que dicía os xornais do ano 1901: “En la romería de Santa Bárbara… por si había que tocar la música un vals o una muiñeira, se promovió una reyerta entre los mozos de Parada de Castrelo, de la Bouza y de Fondo de vila, hubo tiros, palos y pedras.

LUIS DE ALBÍN.

 

HISTORIAS DE MACENDO

AS  ADEGAS  DOS  MONTAÑESES.

Os veciños de Macendo chaman montañeses ós da comarca de Celanova e sobre todo ós do concello de Cartelle. Como o viño era preciso nas comidas e no traballo, e as terras non eran axeitadas para elo, dispuñan de pequenas adegas e viñas para cumprir esta necesidade na parroquia de Macendo.

Veciños de Vilar de Vacas, Bagullo, Cartelle, Valdaríz, Carballal… tiñan adegas e terras nos pobos de Pousada, Tallón e Albín. Viñan con cabalerías e carros, facendo os traballos das viñas, e con mais tempo na vendima. Metido o viño na adega pouco a pouco levábano para a montaña o longo do ano. Tamén tiñan bodegas na Cuqueira.

Hoxe daquela queda  a lembranza, e as pequenas adegas están hoxe esborralladas.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

CANDO METÍAN OS NENOS NAS CUBAS.

Cos anos a madeira das cubas collían sarrio, polo que era necesario un lavado e fregado á “conciencia” e queimar dentro mecha de sofre.  Para elo metíanse, con dificultade, os homes pola boca para facer esta faena.

Si a cuba era pequena e tiña a boca tamén así, non podían entrar os homes, pero si os rapaces e facían eles  estes traballos.

Fotografía do Museo do Viño de Galicia.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

O VIÑO  VAI NA  CABAZA.

Vendimade vendimadores

Na vendima do meu pai

O viño vai  na CABAZA

O pan na cestiña vai.

A cabaza ou cabazo ten moitas utilidades: na cociña para facer comidas e lambetadas, para meter na tripa dos saborosos chourizos ceboleiros despois de  rascala con unha concha de vieira, para na codia facerlle uns buratos e metendo unha vela dentro, meter medo a noite dos defuntos,  os malos estudantes recollían moitas  “cabazas”. O canastro tamén se chama cabaceiro.”

Na cantiga popular a cabaza servía para levar viño, para elo había que preparala. O ir medrando atábaselle unha corda polo lugar apropiado para que collese a forma desexada, logo seca abríaselle  un pequeno burato por onde se quitaba todo o interior e quedaba solo a codia. Enchíase de viño e o burato tapábase con un tapón. Pola parte mais estreita atábase unha corda ou correa e podía levarse colgada. Non recordo ben, penso que os garrafóns foron substituíndo as humildes cabazas.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS    DE   MACENDO.

MEDICOS, CURANDEIRAS E PRACTICANTES.

Cando non existía a Seguridad Social, a medicina era feita polos médicos do Concello, acudíase tamén os de Ribadavia, como o “Salado”, O “Bejarano”,  algunha vez a Ourense e ata a Santiago, pero había moita xente pobre que acudía os médicos tarde e mal sobre todo cos vellos.

Atendían os médicos titulares do Concello, tamén o do pobo de Puga. Pola parroquia de Macendo ó que mais se acudía era o veciño de Troncoso D. Luis Villarino  Areas. D. Luis foi un destacado estudante na universidade de Santiago, logo de volta exerceu a profesión polas parroquias do arredor polos anos 30 e 40 do século pasado. Na parroquia de Macendo, e supoño que en outras, tiña un contrato anual (avinza) que os  veciños pagaban por ano, igual que cobraban en tempos o censo os monxes de Celanova. D. Luis cobraba os da parte de aquí da igrexa unha ola de viño e os de alá unha tega (20 quilos) de millo. Ultimamente pagábase en diñeiro.  Un veciño encargábase de cobrala  polos pobos, e ía baleirando nas artesas e nas cubas, o recolledor tiña que dar unha segunda volta xa que todo nos cabía nun carro. D. Luis visitaba aos viaxando nun cabalo, o chegar a casa do enfermo tíllanlle preparado un vaso de augardente, logo preguntaba onde estaba este.

O traballo de CURANDEIRAS E PRACTICANTES

Esta xente facía un labor moi importante sobre todo ca xente pobre. Cando había unha muller para parir, unha señora vella de Albín  con moita experiencia atendía a todos os nacementos. Os veciños sabían os beneficios de moitas herbas e plantas. A Sra. Dolores e outras mulleres  eran de curandeiras facendo infusións, emplastos, curando neste xeito, a veces mellor que os médicos.

Por último nomearemos a Amelia de Albín, David “O Cartellao” e o Antonio de Covelas, eles que fixeron a “mili” en Sanidade, bos sanitarios que poñían todo tipo de inxeccións e curas. Todas elas e eles facían o servicio sen interese algún.

LUIS  DE  ALBIN.

 

HISTORIAS  DE   MACENDO

MACENDO  TERRA  DE MAZÁS.

Seguindo en Google ós historiadores A. Rodríguez Colmenero e F. Cabeza Quiles que fan uns estudios sobre a Galicia Romana e os topónimos de Galicia tentando a orixe, entre outras moitas das terras de Macendo.

Para eles Macendo deriva de MANZANETUM e de MATTIANETU, que fan alusión á maceira e á froita dela. Hai que ter en conta o importante que ten este cultivo en tempos pasados como base de alimentación nas zonas rurais, e para  fabricación da sidra. Hai testemuño deste cultivo xa no ano 947. Un veciño contoume que o pobo de Macendo existiu, eran unhas casiñas que estaban situadas la zona da GRANXA, caendo hacia Covelas, como lle contaron os antepasados. A villa romana xeneralmete era unha gran extensión de terra ca vivenda do “señor”. AlBÍN deriva de Albinius, e mas remotamente de Albius. Nun escrito do ano 1033, atopamos unha “villa de Señorín”

Tallón é unha pequena parte separada de unha leira grande ou anaco de terra rectangular utilizado como sementeiro.

A tódolos veciños de MANZANETUM, e os lectores do artigo desexámoslle felices festas e feliz ano novo.

FOTOGRAFÍA: VISTA DE MACENDO DENDE SAN TROCADO.

LUIS  DE  ALBÍN

HISTORIAS DE MACENDO

O QUE COMPROU UNHA BURRA PARA IR A SEGA A CASTELA.

En tempos os segadores ían a pé á sega a Castela, a Madrid por exemplo leváballe dez días, a pobreza era tanta que víanse obrigados a pedir prestado  diñeiro para facer a viaxe, neste caso que contamos tamén para unha burra  que les levaba aparellos. Un contrato que me deixou Antonio “Campante” así  foi:

“Digo yo Vicente Billar de Fondo de Vila de la Parroquia de S. María de Macendo que me obligo y que quedo obligado con mis Bienes a satistacer a Vicente Paz de las Bouzas de la Parroquia de S. Esteban del ayuntamiento de Castrelo de Miño, la cantidad de doscientos ochenta y cinco reales procedidos de un pollino que me llevo para su servico de castilla y demas que a el le convenga y me ofrezco a pagar dicha cantidad que en presencia de los testigos, se trato en el mes de agosto de 1880.

Y no verificandolo en dicho mes doy le el derecho de que me pueda ejecutar con justicia a mi o aquien  mi derecho represente y para seguro les doy este.

Bouzas, 30 de mayo de 1880.

A volta da sega, a burra si era vella ou valía pouco quedaba alí en Castela. Os prestamos había que devolvelos, e case sempre con eles ía acompañado un queixo curado castelán.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS   DE  MACENDO.

17 de XANEIRO SAN ANTONIO VERDADEIRO.

“O demo tentou ao San Antonio e o Noso Señor converteuno en porco”, por elo ten un porco os seus pes. O San Antonio Abade, que se celebra no mes de xaneiro na parroquia de Macendo, tamén recobe o nome de San Antonio “lacoeiro”, e explicamos as razóns.

Era costume nos pobos de Galicia, onde se celebra o San Antonio que se mercara un porco, poñíaselle unha campaíña o pescozo, e ía de pobo en pobo e de casa en casa onde dábanlle e comer e durmir, o chegar o día de San Antonio o porco era puxado para a festa do Santo. contáronme fai tempo que nesta Parroquia nosa, fai anos tamén se facía o mesmo, anque poucos días quedaba farto. Din que –non sei si todo elo é certo-, un ano no seu recorrer chegou ó pobo da Bouza e alí desapareceu sen que ninguén quixera dar conta do porquiño. Desde entón non se volveu a falar do asunto.

O San Antonio é a festa do Inverno na parroquia de Macendo. A festa relixiosa comezaba con un novenario rematando con unha misa cantada o día do Santo ó que acudía moita xente.

Os  pobos que levaban a comisión das festas, ían polas portas pedindo  lacóns, e algunhas outras partes do porco, a xente dáballos ofrecéndollos o santo, algúns eran moi pequenos o que indica a miseria en que se vivía. Logo todos xuntos e de unha vez subastábanse. Viña xente de Ourense que participaba na subasta. O recaudado quedaba para a Comisión de Festas. Tamén se subastaban capóns e pitos, o recaudado era para o cura

… regalado todo cachuchas e lacóns que eran subastados no adro da igrexa polo sancristán. Viña xente de Ourense sobre todo dos bares, que mercaba a subasta.

Doaban o cerdo a S. Antonio para que este non collera enfermidades. Si el cerdo comenzaba a cogear, casi siempre por lo pouco que comía, se mataba y ya no se esperaba mas.

O día do San Antonio era coñecido fora da Parroquia sobre todo pola puxa dos lacóns. Dias antes, os que levaban a Comisión das festas, ían polas portas pedindo lacóns, a xente e dábanllos ofrecéndoos ó Santo para que ,librase os animais de coller enfermidades. Algúns lacóns eran tan pequenos que di a miseria en que se vivía.

Rematada a misa a xente ía ó alpendre, que está a entrada do adro, onde estaban colgados os lacóns en ringleira. A puxa era de unha sola vez e dirixida pola sancristán, por elo viñan xentes de Ourense, particulares e dos bares da cidade.

Pola tarde tiña lugar a bendición dos campos e dos animais. En procesión íase ó alto do Canadeiro, e dende alí o cura co hisopo botáballe a bendición  os campos e os animais, a xente botábaos ó campo da festa, os camiños e os patios  para que a recibiran.

Contratábase unha banda de música, de Cartelle, Alongos… que tiña que ir pasando por tódolos pobos da parroquia, por ser inverno tiñan que cruzar monte e viñas por non poder pisar a lama dos camiños camiños e choiva poñéndose perdidos. A tarde tocaban no alpendre ou no camiño a Pousada onde se celebraba a festa. Para comer os músicos repartíanse de dous en dous  polas casas dos veciños.

A festa nos bos tempos duraba dous días. As mulleres estrenaban vestidos.

Dando unha pequena información dos xornais

Macendoblog-internet

Polo S. A. colocábanse xamóns e lacóns colgados o longo debaixo do alpendre. Eran subastados o acabar a misa, viña xente de Ourense, particulares e bares. Subastábanse todos os productos xuntos.

Era subasta no adro polo sancristán. Algunhas mulleres pola festa estrenaban vestidos.

Galiciana.

El Pueblo Gallego 23-1-59. Fiesta de San Antonio 17 y 18. Ofrecimiento de lacones.

El Pueblo Gallego 11-1-36: Creación del sindicato gallego. Fiesta de San Antonio: Con gran solemnidad se está celebrando el novenario en honor de San Antonio, cuya festividad tendrá lugar el próximo día 17. Dado el entusiasmo reinante en sus organizadores y si el tiempo no lo permite promete resultar brillantisima dicha fiesta.

Fotografías: bendición desde o Canadeiro e imaxe de San Antonio Abade co porquiño que di a tradición é o demo que tentou a Santo castigado por Deus, alpendre, igrexa.

LUIS DE ALBIN.

HISTORIAS   DE   MACENDO.

CAZA E GUISOTE DE GATO.

Vai o ato metido nun saco

Vai o gato pra terra de Laxe

Vai gato metido nun saco

Hai gatiño xa non volve mais

Cantiga popular

Os gatos de antes eran bravos e moitos non tiñan dono, vixiaban a xente desde lonxe, e pola fame que pasaban entraban nas cociñas e saían moitas veces a paus e patadas. Nas noites do inverno pasaban a “xaneira” cantando o “concerto amoroso”.

Unha das trasnadas dos mozos de antes era a caza do gato. Visto na cociña, bodega ou outro lugar cerrado, a pesar de levar paus e sacos, os mozos tiñan que estar moi espertos para que entrase no saco, xa que o gato daba tremendos saltos ata o teito, chegando ata romper os cristais das ventás. Entrado no saco este atábase e era agora mais doado matalo.

Logo de esfolalo e bañalo en vinagre colgábase ó sereno nunha árbore ou na bodega por dous ou mais días. Despois de cortarlle o rabo, as patas e a cabeza que non se aproveitaban, era ben adobado e pasaba a cazola, preparado como si fora lebre. Moito non tería que comer pois os gatos pasaban moita fame. As bromas viñan a hora de comelo cando os que non sabían do asunto dicíanlle que o que xantaban  era coello ou lebre.

Debeu de ser de estes feitos de onde ben o de “Metéronlle gato por lebre”.

Cantos gatiños pasaron o outro mundo sin querelo.

 Luis de albín.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

O VALDEÓN

No pequeno val situado entre os pobos de Meizo, Fondodevila e Casardeita, e en moitos outros lugares do Concello, ó chegar os meses de verán empezaban a escoitarse os renxidos dos valdeóns que ían sacando a auga dos regatos e pozas para regar ás herdades. No val atópanse moitas pozas, pozos e regatos. Co tempo viñeron  os “motores” e foron indo ó abandono.

Vamos a contar como era o valerón:

O PÉ OU BASE  é unha peza que se asentaba no chan en vertical. Era de madeira, case sempre de sobreiro,    tamén un poste de pedra de forma cadrada como o que se pon nas viñas.

O pé remataba no alto en dúas gallas paralelas aburatadas (GANCHA OU FORQUITA), entre elas colocábase o EIXE, e balanceando sobre o eixe estaba atravesado o

BALDEÓN facendo cruz no alto do pé. este vai  pousado entre as dúas gallas e cruzado polo eixe. O baldeón é un  pao de forma cilíndrica e longo que  no extremo traseiro leva amarrado unha pedra de certo peso. Esta pedra levaba un burato ou pasador que  por onde se metía un pau ou un ferro para suxeitala,  a veces un  arameo tamén ou  unha verga ou bímbeo.

A BARANDA OU PÉRTEGA é un pau delgado que cae en  vertical enriba da poza, vai colgada na parte dianteira do baldeón,   por medio unha corda,  a veces unha correa, ou dúas correas, unha por cada lado. Este permite un pequeno espazo  que fai que a baranda poda bailar ó entoxo do regante. A baranda ou pertega no  extremo debaixo  leva un artiluxio para colgar o caldeiro. Faise un rebaixe no fondo, atáselle no extremo unha TARAVELA  de madeira por medio dun cravo, que a súa vez leva unha pequena peza de coiro, que permite que a tarabela poida xirar a esquerda e dereita. Posta a tarabela en posición paralela á baranda queda unha pequena extensión por onde pode entrar o aro do caldeiro, metido ó caldeiro, outro aro de ferro,   permite cerrar por arriba o espazo entre a baranda e a taravela.

E como se fai o traballo de sacar auga da poza, pozo ou regato. Colgado  o caldeiro na taravela, e collendo a baranda cas dúas mans tírase para abaixo ata meter ó caldeiro na auga, e logo cheo  erguese e baleirase fora no rego e así seguindo, así o balerón vai para adiante e atrás. Cando se trata dun regato, fanse unhas marcas nas pedras das paredes para colocar taboas e cortar a auga do regato, facendo un pequedno encoro.

Que vantaxes ten  este mecanismo, por unha parte a pedra colocada na parte de atrás do valdeón fai de contrapeso rebaixando moito o esforzo o erguer o caldeiro, por outra parte tirando da baranda  hai que erguerse e agacharse moito menos

Un bo invento que utilizaban os exipcios e os árabes.

FOTOGRAFÍAS: val de Fondodevila, valdeón (2), poza, marcas no regato (2). As marcas facíanse para colocar táboas e cortar a auga do regato facendo un pequeno encoro.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO

CANDO O DEMO ANDA SOLTO,

O Demo anda solto, témolo presente na fala de tódolos días:

Non vaia ser que o demo che tente.

Parece que tes o demo no corpo.

O demo cando non ten que facer mata as moscas co rabo.

Os veciños de Macendo tiñan e teñen que ver co DEMO. Vamos a velo:

No convento de Santo Domingo, o 29 de Abril, celébrase en Ribadavia a festividade de San. Pedro Mártir patrón dos endemoniados, a xente tiña a costume de pasar por embaixo do altar do Santo, facíanse colas de mais dun quilómetro. Algúns poñíanse histéricos e berraban moito. Había un pan bendito que se levaba para a casa para espantar os demos.

As pontes están asociadas unas veces os santos e outras veces os demos. Polas noites debaixo do arco da PONTE DE BARXELAS está o demo, que non sae de alí, xa que o estar a ponte entre dúas parroquias non sabe a cal escoller.

Deus é o meu pai, Santa María a miña nai, SAN VICENTE meu parente quen me puxo a cruz na frente, que o DEMO  non me tente, nin de noite nin de día, nin no fin da miña vida. Este santo foi tentado polo demo e chegou a ser un exorcista invencible.

No TRASTEIRO do adro da igrexa estaban unhas imaxes, de mais de un metro de altura, que o cura queimou para liberalo. Estas imaxes dos veciños de COVELAS, una era SAN VICENTE e outra o DEMO, que tiña na man un tridente, orellas erguidas e rabo longo, que metía medo. Os veciños de Covelas parece que querían protexerse do demo. Tamén a pouco de ser queimado o demo, o cura empezou a poñerse doente.

O demo tamén andaba cerca do pobo de RAMIRAS. A noite de final de ano, 31 de decembro, xuntábanse tódalas meigas, bruxas… no campo de Santa Susana no monte  Fragoso, celebrando o “aquelarre” mandadas polo demo. O rematar todas, unha a unha, íanlle bicando o ollo do cu. Había veciños que vían unhas luces esa noite, e non se acercaban por medo.

Para rematar recollo un pequeno anaco do artigo “Reflexións en torno a una película sobre el diablo”, escrito polo coengo D. Ramiro González Cougil, natural da Parroquia de Macendo, publicado no xornal “La Región” de Ourense con data 29/11”2022.

“… que los hombres se enteren de que el demonio existe… existen hoy estudios sobre la presencia y actividad de Satanás en muchos ámbitos de la sociedad… diversas sectas, el ocultismo, esoterismo, ciertos estilos de música, tatuajes…”

FOTOGRAFÍAS: Covelas, Ramiras, cemiterio de Macendo, demo (google).

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE MACENDO

O ENTROIDO FAI CEN ANOS.

D, Antonio Reza Paz, foi veciño e mestre na escola de Tallón durante moitos anos. Sendo estudante, co nome de “Traballos de alumnos, Antonio Reza Paz. Publicación 1930”, escribe sobre unha serie de temas: montes, aldeas, refráns, comidas, vodas… e tamén do entroido. Por estar estes días nestas festas, copio este tema ó completo:

“Estes días xúntanse os veciños dun pobo, e poñen cada un tres ou catro pesetas, para xuntar para os gaiteiros por dous días e mais para a roupa que van buscar a Ribadavia para disfrazarse, esta roupa é alquilada, e primeiro día disfrázanse uns cantos, e bailan e nada mais.

Pero o segundo día van moitos disfrazados de todos os pueblos cercanos, os dun pueblo ou sea Tallón póñelle flores o carro, adornano moi ben e despoixa dúas burras tirando por el, dentro do carro van tres ou catro disfrazados, e van hasta o sitio donde hai festa.

E nas casas celebrase o entroido comendo cachucha e marrao.

Tentei copiar literarmente  o texto de D. Antonio. Iremos dedicando mais artigos o entroido na Parroquia de Macendo.

FOTOS: veciños de Macendo (a dereita D. Antonio).

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

O TESTAMENTO DO BURRO E OS ENTREMESES.

O entroido era a ocasión de facer a burla das persoas e dos acontecementos que sucederon o longo o ano. Elo levaba a enfrontamentos entre pobos: A Bouza contra Casardeita (os mais sonados), Albín contra Meizo… estes enfrontamentos eran paseos do burro, gaiteiros, bailes, bonecos e sobre todo os entremeses, composicións en verso en forma de cuartetos.

Había verdadeiros poetas que ían escribindo os entremeses o longo do ano: un veciño da Bouza, O Antonio de Covelas, o Odilo de Tallón – o mais famoso-, este como tiña pouca voz cantáballas o Aladino de Albín. Feito un rústico escenario de madeira, subían a el os rapaces tocando as cañotas de verzas, outros tocaban os cornos, o burro, e aqueles que ían cantar ou ler os entremeses. Vamos aescribir e comentar sobre algúns.

AS festas de Macendo celebrábanse no pobo de Albín, cando quixeron pasalas o campo do Canadeiro houbo moitos enfrontamentos, e ata se celebraron algúns anos nos dous pobos o mesmo tempo. O Florindo de Vilela facía chocolate na casa e logo ía vendelo polos pobos e a saída da misa. Era dos partidarios de que a festa fose no Canadeiro:

O Florindo de Vilela

Ese gran chocolateiro

Inda daba tres cadelas

Para a festa no Canadeiro.

O mozo que quería ter relacións ca moza de outro pobo, tiña que pagar os veciños do pobo dela os dereitos da “Congrua”. Consistía en pagar os mozos cen pesetas, gaiteiro… os que non cumprían burlábanse deles, tacábanlle os cornos… un mozo negouse a pagar a “congrua” e cantáronlle:

Barbas tristes rapuñeiro

Neste pobo de Covelas

Róubachenos o rico amor (a moza)

No nos diches tres cadelas.

Había un veciño que era coxo dunha perna, e había unha enfermidade que se chamaba o “Coxo”, curala era “Correr o coxo”, facendo xogo ca  mesma palabra fíxose este estremés.

No pobo de San Pedro

Fixeron unha procesión

Para correrlle o coxo

O D. de Tallón.

Un veciño de Albín debeu de perder o porco, e cantáronlle:

A verdade é que das casas

Este é o primeiro

E logo de quen era o marrau

Era do Benito Cacheiro.

Había outras en castelán:

O carallo 29, foi a festa dos novelos, si o vedes por alá, dádelle carne con pelos.

Carmiña si vas al prado, pecha bien la portezuela, que hay un torito bravo , que quiere entrar en tu pradera.

Os entremeser eran moi esperados, a xente ría e divertíase moito. Remata o entroido e xa se vai preparando para o ano que ven.

Fotos: Benito Cacheiro e outros, campo  do Canadeiro, cañotas e burro.

LUIS DE ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

O HENGE DA BOUZA.

Fai un tempo, o veciño de Astaríz Ismael Baz e mais eu, fixemos unha visita o henge da Bouza. O nome de Henge –ven do inglés-, tamén chamado roda, ten un diámetro de 110 metros e unha elevación de terreo de medio metro. Está abandonado, cuberto de piñeiros, atravesado por unha pista forestal…

Debemos de rehabilitalo por moitas razóns: a antigüidade pode ser de 4-5 mil anos (Cristo naceu fai só 2 mil), suponse que alí celebrábanse acontecementos relixiosos, estudiar os astros, carro solar, cemiterio, celebracións sociaes… Tamén e dos poucos que existen en Galicia e en Europa.

Por intereses militares os alemáns, e logo os americanos no ano 1957, fotografaron España dende avións. O xeólogo vigués Oscar Pazos Rodríguez descubriu o henge e avisou a Patrimonio. Os veciños deberíamos loitar por atopar os petróglifos das Bouzas, as antas da Bouza, a igrexa vella de Macendo e mais… Temos que coñecer e coidar a riqueza cultural  da Parroquia de Macendo, que é a súa identidade.

FOTOGRAFÍAS: fotografía do henge da Boiuza do ano 1957, do henge hoxe, dun henge galego.

LUIS DE ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO

A “TALLA” DOS QUINTOS.

Los quintos, los quintos, se van a marchar,

Pobrecitas madres, lo que chorarán.

Cantiga popular.

O cumprir os vinte anos, unha mañá de domingo, os mozos eran citados nos concellos para ser tallados. Consistía en ser chamados un a un para medirlle a altura e o peso., era un día de alegría e convivencia, xa que coincidían os mozos de tódalas parroquias. O ano seguinte volvían a ser chamados, pero esta vez para facer o servicio militar, destinados a varios cuarteles da Península, a maioría tocáballe ir a África.

O recordo quedou tan importante, que aqueles mozos cando falaban da súa idade, daban a quinta a que pertecían “eu son da quinta do ano…”. no ano 1963, fíxose o alistamento sendo alcalde o veciños de Macendo D. Antonio Rodríguez Estévez.

O xornal “La Región”, con data de marzo de 1963, dicía:

Castrelo de Miño. El domingo 17 de los corrientes tuvo lugar un acto de “medición de los quintos”, del alistamiento de 1963, cuyo acto fué presidido por el nuevo alcalde, coronel de artillería D. Antonio Rodríguez Estévez (veciño de Macendo), asistido del delegado militar, brigada de infantería D. Benito Osorio Blanco, médico municipal D. Antonio Bello Mosquera y el pleno de la corporación municipal…

FOTOGRAFÍAS: Coronel e soldado de infantería.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS DE MACENDO.

BREVE RELACIÓN DAS ETAPAS  CONSTRUCTIVAS DA IGREXA  PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE MACENDO.

Primeiramente agradecer á Corporación do Concello de Castrelo de Miño o esforzo para conseguir a subvención da Xunta d Galicia para limpeza e reparación do retablo, así como o acto de inauguración do mesmo. Aproveito esta ocasión para facer unha breve relación dos tempos da construción e reparación conseguintes.

IGREXA ANTIGA.

Temos información de la antiga igrexa, situada no lugar de Freixo.

Ano 1712: “foro en Freixo… que parte de dicha viña en el camino que va de la iglesia de Macendo a Meizo

“al término de Freixo do rego da viña, lugar de Tallón, término de la iglesia”.

Ano 1775: “parece que es necesario la construcción de una nueva iglesia… ha caido un pedazo de pared y está amenazando ruína todo el cuerpo de ella… no cabe en ella una tercera parte de los fieles.

Ano 1779: libro de visitas”… quitó la fiesta, dejando en so vigor la cofradía para que sirviese para la reparación de la iglesia lo que gastaba en comilonas y borracheras”.

IGREXA NOVA.

Cartela da fachada: “esta iglesia de refugio y sagrado hízose siendo abad el licenciado D. Pedro González Caballero año 1786”. Construida por Mathias Gómez natural da freguesía de San Miguel de Carballeda por 20.000 reales de vellón… acabarase a obra en 18 meses. Carpintería por Manuel Lois por 8.000 reales.

Non sabemos a data da construción do retablo. Na parte baixa do mesmo figura a data da pintura no ano 1845, sendo abade Vicente Barrio. Posiblemente por problemas económicos entre a construción do mesmo e a pintura pasan anos en pintarse.

Xornais “Noroeste de Galicia” e “Galicia Nova, órgano gallego en América” nos anos 1908 e 1909: “En Macendo se han terminado las obras de reparación de la torre de la iglesia parroquial, que hace un siglo sufriera grandes desperfectos a causa de una descarga eléctrica y ultimamente amenazaba ruína”.

A principio dos anos 70 do século  pasado os muros norte e sur ameazan con  derrubarse, o Ministerio de Cultura corre cos gastos de levantamento dos mesmos,

O 1 de novembro  do 2022, a Consellería de Cultura, Universidades.. corre cos gastos de limpeza e restauración do retablo, con unha subvención de cerca de 70.000 euros.

FOTOGRAFÍAS: retablo e autoridades, retablo parte alta, maroma.

LUIS DE ALBÍN.

 

HISTORIA  DE  FREÁS.

AS FERMOSAS E SIMPÁTICAS IRMANCIÑAS CARMIÑA E PEPITA NOVOA.

Nas longas e frías noites do inverno –contoume unha veciña do pobo de Astaríz-, os veciños xuntábanse ó redor do lume da lareira, calcetaban, fiaban, rezaban o rosario en latín e falaban moitos contos do presente e do pasado. Un dos asuntos de conversa era a familia de D. Antonio Novoa, o laureado capitán de Freás, e das netas Carmiña e Pepita, fillas do segundo matrimonio de Manuel Novoa Mauricio e Julia López, estes morreron novos quedando aquelas orfas, entón botou mao de elas Josefa,  irmá de Xulia.

As irmáns foron motivo de moitas conversas: por quedar orfas, por andar mui xuntas e unidas, por ser moi fermosas. Carmiña era conversadora, andaba moito fora da casa, Pepita polo contrario era caseira, tiña unha casa chea de flores e adornos. Como mozas que eran, ían a festas, vodas e bautizos.

A PRENSA DE AQUEL TEMPO DEDICOULLE ALGUNHAS CRÓNICAS.

Xornal “La Zarpa” 1/7/1936. Una boda

En  la iglesia de Sta. María de Astaríz.., unificaron sus amores… la bella y simpática señorita Ramira González Novoa y el joven José Rodríguez Pousa… terminada la ceremonia religiosa, los novios y numerosos invitados, entre los cuales se encontraban las bellas y simpáticas señoritas Elvira, Pepita y Carmiñaa Novoa… se trasladaron a la casa de los padres de la desposada, donde fueron obsequiados con un banquete admirablemente servido. A continuación hubo un baile entre el elemento juvenil, resultando animadísimo.

Xornal “El Pueblo Gallego”, 12/3/1936. De sociedad.

Después de permanecer la temporada carnavalesca en Orense, al lado de sus parientes los señores de Armada, regresaron a su casa solariega de Freás-Astaríz, los bellas y simpáticas hermanitas Carmiña y Pepita Novoa.

Destinado ó Concello de Castrelo de Miño chegou un día un mozo, médico castelan Manuel Padilla García. Debeu quedar enfeitizado da fermosura de Carmiña, de tal xeito que casou con ela. Manuel enfermou dun cáncer na mandíbula que o levaría amorte os 48 anos de idade –está soterrado no cemiterio de Astaríz-. Carmiña queda viúva con catro fillos, preocupada polo seu futuro decide vir a vivir a Ourense. Bos estudantes, o mais novo Roberto foi un alto cargo no Partido Popular, e fundador e propietario de dúas academias na cidade.

Os veciños de Freás lembran a dúas velliñas sentadas o sol. Pepita e Carmiña permaneceron xuntas ata o final das súas vidas. A casa solariega de Freás, despois foi escola, logo foi vendida a un veciño que non se preocupou de conservala, estando hoxe en ruína.

FOTOGRAFÍAS enviadas por Noemo E. Novoa desde Bos Aires.

Novoas de Freás (o fondo o río Miño, niños Novoa, lápida do médico Padilla, Casa do Casar de Vide.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS   DE   MACENDO,

AQUELES ENTROIDOS DE ANTES

O entroido era a despedida antes de entrar la Coáresma: acabáronse  as festas, cantos, bailes, comer carne –na casa dos pobres xa quedaba pouca- mentres os curas fartábanos de predicas e oracións. O entroido era unha festa dos veciñas e para os veciños. Ó martes dábaselle tanta importancia, que os mozos disfrazados ían as viñas, e con bímbeos sacudían a xente que estivera traballando.

Os pobos mais festeiros eran Meizo –que montaban bailes no campo de Santa Lucía, Casardeita e a Bouza que andaban sempre enfrontados. Na Bouza por dous días pagaban a un gaiteiro cinco pesos e mantidos, pola mañá os veciños ían cantando e bailando polo pobo adiante, a xente íalle dando chourizos, ceboleiros ,touciño… que logo comían entre eles. Tamén chegaron a facer obras de teatro, unha delas foi a de Don Juan Tenorio.

O entroido en Macendo non se entende sen o burro,  tiraban dos carros de vacas moi adornados, levando neles mecos e festeiros, facíanse burros de madeira, e ata aproveitouse que morrera un burro, para pasear o defunto polos pobos.

Os pobos mais enfrontados eran a Bouza e Casardeita. Os da Bouza facían un burros de madeira, que podía menear a cabeza, e poñíano cara a Casardeita para burlarse deles. Cando as burlas chegaban mais alá era nos entremeses, coplas que se lían ou cantaban no alto dun palco improvisado.

Tamén había outras bromas, a muller que levaba un caldeiro con auga e un coitelo grande e vello buscando homes a quen afeitar. O entroido era tamén ocasión dun bo xantar comendo a cachola do porco.

Das coplas ou entremeses dedicarémoslle outro artigo, que ben o merece.

FOTOGRAFÍAS: pobo de Casardeita, entroido Macendo ano 2023, meco de Meizo e burro (google).

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS   DE   MACENDO.

A  PUXA  DOS  SANTOS.

Lembro a que debeu de ser a derradeira vez que se fixo a puxa polas andas da Virxe da Asunción e San Roque nas festas de Macendo. Chegada a procesión as portas da igrexa, logo o sancristán empezou a levantar a voz… mellor que o conte o que foi veciño de Albín Antonio Villamarín “Campante”.

“O chegar a procesión de volta a porta da igrexa, situados Alí os santos, todo quedaba en silencio, o sancristán colocábanse na parte dianteira e toma a palabra para iniciar a puxas das andas. Comeza polas das Virxe:

¿E pola parte de adiante canto ofrecen?. A partir da primeira oferta o sancristán vai cantando, 500  pts. a la una…. e antes de chegar as tres esperaba que está fose subindo ata chegar a mais alta… rematando, a las tres ¿Vamos non hai que de mais?. Queda adjudicada.

Sempre se sigue o proceso empezase puxando as andas de adiante e logo as de atrás, primeiro as da Virxe da Asunción, as de San Roque o día seguinte. O valor maior eran as andas dianteiras sobre as traseiras e as da Virxe mais que as de San Roque. Os ofrecidos que quedaban ca puxa tomaban o poder das andas e entraban fachendosos levando os santos, mentres no adro estoupaban bombas e foguetes.

As puxas remataron un día en que o cura D. Xosé Guntín dixo: “a Virxe non é unha vaca para subastala”.

FOTOGRAFÍAS: de procesións antigas e da actual.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

OS   GAITEIROS.

Mexar sen botar un peido

É como gaiteiro sen tamborileiro.

Naqueles tempos en que había na Parroquia moitos mozos e mozas e pouco en que divertirse, acudíase os gaiteiros. A “gaiteirada” facíase na festa das cédulas, entroido, na “avinza” dos mozos, maios, vendima da Cuqueira, o domingo seguinte o San Roque cando sobraban cartos das festas, no taloxo do Mariano e sempre que se presentase a ocasión.

Cando se tocaba de bailaba mais era os domingos pola tarde case sempre con gaiteiros e tamén co acordeón, o “Cachorro” de Fondodevila poñía na ventá unha gramola. Todo valía para botar un baile, como botaba a mellor bailadora da Parroquia, a Blasinda de Ramiras.

Na parroquia houbo varios gaiteiros  e tamborileiros. O  mais grande gaiteiro foi o Manolo de Señorín, que eu coñecín xa retirado que tiña unha gaita vella, que para tocala había que ter “peito de lobo”,  outros gaiteiros foron Antonio Raña de Fondodevila, Fidel da Ermida, outro de Ramiras. Acompañaban os gaiteiros co bombo o Félix de Señorín, Pepe Raña, Manolo “Pardao”, e na caixa o “Chato” de San Pedro, Modesto, Benito, Pepe de Fondevila que dicía “Esta caixa é de pel de cabra, por eso ladra como unha cadela”.

¿E quen pagaba os gaiteiros?. Poñamos o caso do domingo pola tarde, que viña moitas veces o gaiteiro de Parada cos axudantes cobrando 5 pts. o Ángel de Meizo encargábase de ir pedindo os mozos “a voluntá”, ata chegar as cinco pts.

Parece ser que tocaban as cancións de sempre e tamén as “modernas” de entón.

FOTOGRAFÍAS: campo de Santa Lucía e cruceiro de Macendo onde tocaba o gaiteiro, gaiteiros en branco e negro.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

OS   XORNALEIROS

Eran mulleres e homes que traballaban por un xornal no campo, cobrando por cada día de traballo, era case sempre para os grandes propietarios de terras, os que chamaban “os ricos”, había ricos en Macendo, Vide e tamén noutras parroquias do Concello. Daban traballo case todo o ano: rozar toxos, abrir gabias, esfollar, sulfatar, vendimar, era un traballo feito a man cando a maquinaria non existía e tampouco os horarios –de sol a sol-. Para a xente humilde do concello de Cartelle e Macendo era unha maneira de poder comer e si era posible traer algún diñeiro para a casa. Conta algún, que non cobraban con cartos, senon con media bola de pan de millo, mal feito e mal cocido, ou un canastro de patacas, e caladiños sen dicir nin pío. De beber viño das estremas mesturado con sal.

Como exemplo podemos contar o Casar de Vide, propiedade do Marqués de Santa Cruz, que  tiña un administrador asturiano a cargo das propiedades. Os xornaleiros polo camiño tiñan que aproveitar para traer o lombo un feixe de toxos e chegar o romper o día. Xuntos no patio bebían uns grolos de augardente con un cacho de bica, coller as ferramentas e comezar o traballo, parando pouco para comer o mediodía, e o anoitecer volver a casa a pe, que era de varios quilómetros.

Cóntanse moitas historias: o que chegaba algo tarde ou sobraba tiña que dar a volta para a casa, mulleres pobres que escondían anacos de pan na roupa para a súa casa, en Barral un administrador tiraba os sachos polo muro o que os collía tiña traballo, o viño era malo e con auga –a viñota-, a comida de verzas e pouco mais… os curas traballábaselle de balde.

A xente foi deixando estes traballos cando se abriu a emigración a Suíza e Alemaña. O non haber xornaleiros as viñas xa non eran rendibles, fóronse abandonando, o Marqués decidiu vender o Casar e tódalas propiedades.

FOTOGRAFÍAS: Vendima e Casar de Vide.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS   DE   MACENDO

O SANCRISTÁN DE ANTES.

Era unha persoa importante nas parroquias galegas. Era en parte un profesional da igrexa despois do cura. Naqueles tempos, non fai moito, cando a relixión dirixía a vida dos veciños durante o ano, o sancristán cobraba a cada veciño un ferrado de centeo ou trigo, xuntando na Parroquia unha cantidade importante. Polos moitos veciños que había en Macendo, íase xuntando nunha casa en cada pobo, que logo o sancristán ía recollendo. Os veciños de Albín e Tallón no pagaban pola obriga que tiñan de vixiar na chabola do adro os mortos que aparecían nos camiños ata que chegase o forense para que fixera a autoxia.

Quen buscaba o novo sancristán era o cura. Un rapaz espabilado, que xa pasara moitas veces por monaguillo. O cura acudía os pobos da Parroquia montado no cabalo e o sancristán acudía a pe a súa veira levando as ferramentas do oficio. Mais cal era o seu traballo para merecer estes pagos: saber tocar e combinar os toques das campás, tocar tódolos días o mediodía, misas, festas, novenas, defuntos, preparar a igrexa, ir o pe do cura ca saqueta recollendo as esmolas dos responsos e festas….  tamén acompañaba o cura nas bendicións da Pascua recollendo os ovos, no viático dos enfermos, dirixir a puxa dos santos e dos lacóns polo San Antonio… vodas, bautizos…

Non sei si era merecente do que recibía dos veciños. Para o coidado da igrexa era necesaria unha persoa, tiña que saber latín, pois entón case todo era ese idioma.

LUIS  DE  ALBÍN.

FOTOGRAFÍA: sancristán.  

HISTORIAS  DE  MACENDO.

O ESPANTALLO.

Ca chegada da primavera renacen os campos e con ela crían os paxaros e voando buscan alimento nas sementes, nos cultivos, nas froiteiras… os veciños que tamén ven voar o esforzo do seu traballo, tamén buscan a solución cos espantallos, que a veces non se conseguía e había que ir a pe a espantalos.

O espantallo ou espanta paxaros facíase con un par de paus cravados en forma de cruz, cubertos con palla e sobre todo elo vestíase con roupas vellas e sombreiros de palla, cravado no chan simulaba unha persoa. Dos moitos paxaros que aniñaban estaban o paporrubio, cuco, bubela, pitorrei, cirrio, anduriña… todos eles beneficiosos xa que se alimentan de insectos, vermes.. outros como os corvos, pegas, pardais, merlos ían o millo, guisantes, as ervellas, cereixas…

Era un problema mais entre os moitos que tiñan os labregos.

FOTOGRAFÍAS: espantallos en forma de neno e de cruz, outro en Fondodevila, niño no fondo do balcón da nosa casa.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS   DE   MACENDO.

COMO SE COMÍA E BEBÍA  ANTES.

Fai bastantes anos a maneira de comer e beber diferenciábase moito de como facemos hoxe. Vamos a contala.

Sendo moi neno co meu pai acudín a unha comida que foi así: puxeron unha pota no medio da mesa e os familiares sentáronse o redor dela, co garfo nunha man e un cacho de pan na outra ían sacando tallada a tallada uns tras outros, sen pasarse ningún deles e falando o tempo moito e alto, comentando a vez da tallada que lle tocaba.

Un veciño de Pousada contoume que antes as familias comían na mesma fonte e bebían pola mesma xerra. O primeiro en beber era o pai, logo ía pasando o resto da familia seguindo a categoría ata chegar a un irmán. Este collía o xerro o poñíao o seu lado, e non acostumaba a beber ata que lle parecese, polo que os que faltaban rabiaban de sede, tiñan que aguantar ata que a xerra pasase seguindo a quenda.

Na casa dun “rico” xuntábanse a mesa a familia, criadas e xornaleiros. O comezo da comida unha rapaza colleu o xerro para beber, entón o “rico” díxolle. “Non te poñas a beber que inda non bebeu o amo”. Aquel amo non bebía ata rematar a comida.

FOTOGRAFÍAS: xente comendo hoxe, galegos de antes asegundo Lagarde.

LUIS  DE ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

A  VELLA  PONTE  DE  BARXELAS.

A vella ponte de Barxelas servía para cruzar o regato Fragoso que separa ás Parroquias de Astaríz e Macendo, e os pobos de A Cancela e Souto. Para pasar por esta ponte de pedra estreita, que presenta unha curva á entrada, hai que  facer unha perigosa maniobra, moi conseguida polo gran chofer chamado Rouco.

Esta estreita ponte era cruzada polos panadeiros de Astaríz, cabalerías, carros de bois, e xente que viña de cruzar o río Miño por Barbantes e Puga. Desta Ponte contanse istorias, entre as cales a do “bautismo de medianoite”, da que escribo noutro lugar. Fai anos fixeron unha ponte nova case pegada a vella, ancha e dereita. A vella esquecida, botada a perder mántense rexa, complertamente abandonada polo Concello quen ten a obriga de cuidala. Tampouco se pescan, a súa veira, as aguías e troitas de antes.

Naqueles tempos a ponte era unha gran necesidade, as pasarelas de madeira eran un perigo, e remataban arrastradas pola medra do regato, tal que os veciños de Macendo tiñan que bordear pola parroquia de San Esteban.

Sobre a historia da construcción da vella ponte de Barxelas fun conquerindo algunha información partindo dos xornais.

LA Región 20/01/1912

Comienzo de las obras del río Cazuela (Cancela)… las obras a cargo de los maestros canteros C., B. C., M. R., … este puente hace mas de 40 años que estaba en proyecto…

La Región 04/03/1924

Una tempestad derribó el puente, quedando el paso, ya peligroso, in terrumpido para carros y el paso a pie.

La Región 27/07/1927

En la Casa Consistorial de C. de M., subasta para la construcción del puente sobre el riachuelo Barxelas.

Xosé Lois en Castrelo Vivo

O canteiro de Freás José Pérez que procedía de Bearíz, foi un dos coautores da ponte de Barxelas e da torre da igrexa de Macendo.

La Región 4/3/1924

… manifestar ante la dignisima corporación municipal que el día 31 de mayo… a consecuencia de una tempestad que descargó una fuerte avenida de aguas, que derrumbó el puente de Barxelas del río Fragoso, quedando ya así el paso ya peligroso que ya había anteriormente interrumpido no solo para los carros y transportes, sino para el paso a pie, ya que no se puede hacer sin peligro.

La Región 30/12/1925 y 27/7/1927

El 30 de enero se celebrará en la Casa Consistorial de Castrelo de Miño, la subasta para la construcción sobre el riachuelo “Barxelas”… autorizar a la Dirección de Vías y Obras para comezar la próxima semana el puente de Barxelas en Macendo.

Xosé Lois en “Castrelo Vivo”.

O vello canteiro de Freás José Pérez procedía de Bearíz, fundador dunha saga de canteiros e un dos coautores da Ponte de Barxelas. Foi excomungado polo bispo de Ourense, posiblemente na derradeira reparación da Torre de Macendo, alá polos anos 30, o establecer un litixio co bispado de Ourense por sobrecostes, e nesa reparación gañoulle o xuizo o bispado, e o bispo en vendeta excomungouno.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS DE MACENDO.

“É MAIS FALSO QUE A TORRE DE MACENDO”.

Contábame Antonio Villamarín “Campante”, que os da Ribeira, que cando tiñan algún veciño que non era de fiar dicían que “é mais falso que a torre de Macendo”, xa que esta se esborrallara moitas veces dende as construción da Igrexa no ano 1786.

Había a costume que para espantar as tormentas, que facían moito dano, o sancristán subía o campanario e tocaba as campanas con forza, con tan mala fortuna que caeu alí un raio e matouno.

Nas reparacións contan os vellos, que se construíra para subir as pedras un andamio cas maromas que ían desde o Campanario ata o Seixo, carraban os bois “a molida” a pedra dende o Alborado, que os bois ían e volvían solos ata o andamio, e que paraban no sitio marcado sen que ninguén os guiase.

Os xornais “Noroeste de Galicia” e “Nova Galicia” órgano dos galegos en América, nos anos 1908 e 1909 contan:

En Macendo se han terminado los obras de reparación de la Torre de esta iglesia parroquial, que hace un siglo sufriera grandes desperfectos a causa de una descarga eléctrica y ultimamente amenazaba ruína,

SE ha terminado la reparación de la Torre de la iglesia Parroquial de Macendo. Tiene 33m. de elevación y ostenta un magnífico pararrayos.

Para rematar escribe Ramón Otero Pedrayo, dunha viaxe que debeu facer polo Ribeiro: “Mírase o Pazo de Ourantes, o da Cabadiña, o Olivar (Puga), Alongos, arriba do mais preto o Priorato da Granxa (¿Tallón?), en Ramiras o seu coto, e o pe a Casa Nova” FALTA TORRE DE MACENDO.

Otero Pedrayo: “Serra de Martiñá… e polo puente que señala o rumbo…  no alto a torre de Macendo (Biblioteca Pública de Ourense CD 2, con la voz de Otero Pedrayo, en el 37)

FOTOGRAFÍA: o río Miño antes do encoro.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS DE MACENDO.

A FESTA DAS CÉDULAS.

Unha tradición fai moitos anos esquecida e a Festa das Cédulas.

A noite de fin de ano os mozos facían unha gran fogata no adro da igrexa e facían as cédulas. Poñían  nuns papeles os nomes das mozas e dos mozos dentro dunhas gorras. O día seguinte o saír da misa, collíase o nome do mozo e da moza cada un na súa gorra, así cadraban parellas moi distintas, que era causa dunha gran broma, podía cadrar unha moza nova, con un vello entrado en anos

Había músicos e música, que estas parellas tiñan que bailar entre si, así seguía unha gran festa con gaiteiro  pola tarde. Unha vez había cinco irmáns de Fondevila, chamadas “As Armeiras”, e fixeron que a todas lle tocase un solo mozo.

Noutros lugares en esta festa, o mozo estaba comprometido durante o ano de coidar da moza que lle tocase.

FOTOGRAFÍA: Procesión do 15.

LUIS  DE  ALBÍN.

 

HISTORIAS  DE  MACENDO.

PRÉSTAMOS E PRESTAMISTAS.

Cando había dificultades para negociar cos bancos e, e as necesidades dos veciños eran moitas, había que acudir ós prestamistas. Estes eran case sempre veciños do Concello de Castrelo – tamén se falaba de algún da vila de Celanova-, “grandes” propietarios que dispoñan de sobrantes de diñeiro: de Covelas. As Bouzas, Vide e outros., sobre todo as viúvas con fillos.

Veciños que se encontraban en apuros para cubrir as necesidades do día ar unha saca de fariña e facer o pan na casa, o arrieiro para comprar unha cabalería, para ir a sega a Castela, para emigrar a América, facer algún arranxo necesario na casa… O préstamo e os intereses esperaban pagarse co diñeiro se vendía a colleita do viño, venda do becerro ou a vaca, vir da sega a Castela,  a volta do emigrante, que podía facer tamén de prestamista.

O préstamo facíase con certas condicións: fianza, aval, interese, duración e diñeiro a prestar. Tiña lugar visitando a casa do prestamista, despois dunha larga conversa, e de chegar ó acordo, facíase un documento privado firmado por todos os  interesados.

Ante a petición do diñeiro –que o prestamista tendía a rebaixar-,  este buscaba as maiores garantías de que o documento se cumprise ademais de propiedades, buscábase unha segunda garantía por medio dos avalistas, que garantían tamén a cumprimento do contrato, que podía ser anual, e tamén por meses e anos . O interese  era do 8%, inda que podía chegar ó 13, 17 e ata ó 30%.

Os apuros podían ser tantos que, a veces os veciños ían a traballar nas viñas dos “ricos”, ou levábanlle un regalo – o lombelo do porco- para non telos en contra, ya que necesitaban do diñero deles.

FOTOGRAFÍAS DOS POBOS DE COVELAS E DE VIDE.

LUIS   DE  ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO

AS  VIAXES A PÉ  A  OURENSE E O POZO MAIMÓN.

.En tempos os únicos coches de que se dispoñía eran os de liña e os de feiras e festas, por e outros motivos facíanse a pé, inda que para ir a Ourense tíñamos o mítico “Rouco”. Desde Macendo seguíanse dúas rotas.

Unha rota era por Señorín, O Regueiro, Xestosa, Toén, logo atallando polo monte ata o alto de San Benito para chegar a Ourense, tamén se podía partir do porto de San Pedro. Eran lugares pobres e fríos no inverno,  con casas con tellados de palla.  Tamén se podería chamar “o camiño das oveiras”, xa que por aquí ían as veciñas – a Blasinda-, que levando un gran cesto a cabeza ían vendelos o Polvorín e a praza de abastos  de Ourense. O ferreiro de Macendo traía dende Ourense a pé e o lombo ferros e carbón para a forxa. Os veciños de Macendo eran por estes lugares mal vistos de aí o dito: “Trelle, Trellerma, Xestosa e Mugares, que o demo leve estes catro lugares”

Outra viaxe –sobre vinte quilómetros-  era baixando por Souto, A Cancela, Santa Lucia e xa na estrada provincial por Troncoso, Puga, Alongos, Reza, Ourense. A saída facíase de noite para chegar ó pozo Maimón, no Rio Miño – á altura de Freixendo- ó romper o día, logo tamén había que volver a pé, levando e traendo animales a feira.

Na estrada a altura do pozo Maimón, no río Miño, a xente ía con medo – pozo negro, tamén chamado Pozo do Inferno-,  escura chea de arborada e vapores das augas termales da veira, onde aparecían animalas descoñecidos choutando e animas pasando, pois alí, está demostrado historicamente que   fai moitos anos, facendo unha viaxe en Cabalería esperárono e botárono ó Miño e afogouse o bispo de Ourense Francisco Alonso. E que cando berrabas “morreu o bispo”, contestaba o Río bispoo, bispooo”

Conta un veciño de Macendo, que pasou por alí no medio da noite camiño de Ourense, que viu saír do monte e pararse na  estrada un home alto, que levaba na man un pau largo (báculo), e un gorro alto (mitra) na cabeza, e que levou un susto tremendo. Era a ánima do bispo Francisco Alonso. Tamén  aparecían por alí ladróns que lle roubaban todo o que levaban e algún deixárono denudo, din que se conserva unha “caseta” onde se escondían e vivían.

FOTOGRAFÍAS: pozo Maimón e antiga estrada de Castrelo.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

MACENDO E RIBADAVIA.

A xente de Macendo a veces facía as compras e a vendas en Ourense, pero o lugar habitual era a “Vila”. Íase ás feiras, ás festas e o longo  do ano. A Ribadavia íase a case todo: xastre, modista, perruqueira, avogados, médicos, farmacia, calzado, roupa, mercería e ata caixas para os defuntos, e naturalmente  alimentos. A asistencia era maior nas feiras e  festas. Os camiños á “Vila” desde Macendo eran boa parte a pé, collendo o tren en Barbantes, pasando o Miño en barca desde a Friera a Ventosela , e os días de feira  por Cartelle no coche dos “Sen Xeito”.

A FEIRA era un día grande para Ribadavia, a que acudían moitos veciños de Macendo. En  todo o “Barrio Vello” os baixos estaban ocupados  por pequenos comercios e tabernas, e as rúas e prazas  polos vendedores de sementes, plantío, ferramentas… e en outros tempos millo, trigo, centeo, patacas… que traían en pequenas cantidades os veciños dos pobos do derredor. Mentres o gando, porcos, ovellas, cabras, ocupaban o campo da feira. Completaban o panorama os pobres, charlatáns, vendedores de remedios e outros.

Había xente de Macendo que acudía soamente as feiras ,para informarse e parolar cos amigos. Todos os que acudían as feiras, e tiñan posibilidades económicas, enchían as tabernas onde en mesas e bancos longos  de madeira cheirando a lixivia, dábanlle  o polvo, as postas de carne e os callos acompañando con xerros  de viño e cafés.

Os días das festas, tamen acudían a Ribadavia moitos veciños de Macendo:

Na Virxe do Portal, na procesión unha muller levaba un neno pequeno metido nunha caixa ou cesto. No San Lázaro, facíase unha procesión que ía desde o convento de Santo Domingo ata alí, unha veciña que lle querían cortar un brazo foi alí e curouse. No San Xoán a xente mercaba un “pan Bendito”, que levaba para a casa e comía del toda a familia e por último no  San Pedro Telmo, avogoso dos que tiñan os malos espíritos metidos no corpo, falaba o diaño dentro, metíanse pasando po debaixo do santo, facendo ringleiras de mis dun quilómetro, e algúns saían sans.

Macendo era mais que hoxe terra de moito VIÑO, e boa parte ía a parar a Ribadavia, o recorrido era en carros de bois pasando polo pobo das Bouzas e a Cuqueira  ou  por Pousada e Astaríz. As fortes pendentes e os carros moi pesados e sen freos obrigaban a poñerlle troncos diante das rodas e tirar con cordas para atrás. Si levaban pelexos ían pasando dun lugar a outro do carro dependendo das dificultades do camiño.

Por último, Ribadavia tamén viña a Macendo: os rosquilleiros  e a banda de música polas festas e pola Coáresma os frades predicadores franciscanos e de outras ordes.

FOTOGRAFÍAS: Ribadavia  e feira de Ribadavia, e barca do Miño de Google.

LUIS  DE ALBÍN.

HISTORIAS  DE  MACENDO.

  •  
  • O “PAPUXA” NA LEMBRANZA

Unha noite fría do outono, alá polos anos sesenta,  nós metemos por unha escura rúa en Ribadavia. Só unha luz saía por unha vella  porta de madeira apenas aberta. Entramos na taberna do “Papuxa”. só unha pequena lámpada  iluminaba a estancia a media luz.

Sobre un chan de terra negra e dura, a esquerda unha mesa de madeira e con  un banco corrido pegado a parede, no fondo unha lareira de pedra con moita cinsa e uns paus  ardendo, no alto colgados dun arameo uns peixes que estaban a secar, logo no fondo, pasando a dereita unha porta de madeira e na outra esquina un pequeno fregadoiro  aparentaba ter moitos anos, pegada unha mesiña de madeira e enriba  xerras e grandes cuncas de louza, e un pequeno pipote de viño, logo sentado nun asento  o “Papuxa”, parecía home de mediana idade e home de campo, o alcance da man  estaban  chourizos e pan. Contáranos que alí había que servirse pola túa conta, e el  só falaba, mais ben pouco, e cobraba o consumo.

Collemos as grandes cuncas de “pedra” e enchémolas xirando a chave de madeira do pipotiño, pasounos o “Papuxa” uns chourizos e pan sen erguerse do asento, sentados nuns baixos troncos ó pe do lume, puxemos o viño a quentar na veira das brasas e metemos os chourizos nelas. O “Papuxa” dende o asento deunos o consello:

Metede ben os chourizos nas brasas, e non sacalos ata que “chillen”.

Así o fixemos. Dimos conta do pan, chourizos e detrás dunha cunca foi outra, logo lavamos e colocamos a louza no seu sitio, pagamos na man a home que seguía sentado e saimos esperando ver e recoñecer ó camiño de volta.

Pouco tempo despois noutra visita, xa non estaban os peixes no arameo, sentado no longo banco de madeira, cadrou entrar un home  labrego entrado en anos acompañado por  unha elegante moza, sentados a nosa beira –o viño fai amistades-, e escoitando a nosa conversa sobre MACENDO, pronto entrou no asunto, e entre  cuncas de viño tinto, foi contando os anos nas terras de MACENDO,  terra de moito e bo viño, as carretadas nos bois ata Ribadavia, cheas de perigos, os camiños, a ponte de Castrelo, o paso nas barcas, a venta en Ribadavia o “Freixido” e a outros bodegueiros, a marcha dos pipotes no tren  para apagar a sede os veciños das Rias Galegas.

A moza contounos que era a súa filla, que levaba anos traballando en Madrid, que de cando en vez viña pasar uns días co seu pai que vivía só, e  pedíralle que o acompañase facer a “procesión” por algunhas tabernas da “vila” e  alí estaban os dous. Tocaba despedirse do “Papuxa”, pois segundo contaban vendía só viño da súa colleita, entón pechaba a taberna e non volvía  a abrir a taberna ata a nova colleita.

Cando saimos o Papuxa seguía quedando sentado.

LUIS  DE  ALBÍN.

HISTORIAS   DE   MACENDO.

O CORONEL

“ AQUÍ DESCANSAN LOS RESTOS MORTALES DEL QUE FUE HIJO PREDILECTO DE ESTE PUEBLO DE MACENDO EL EXMO. SR. D. ANTONIO RODRÍGUEZ ESTÉVEZ CORONEL DEL ARMA DE  ARTILLERÍA D. E. P. EL PUEBLO EN RECOMPENSA DEL BIEN HECHO A ESTA PARROQUIA LE ERIGE ESTE MAUSOLEO”.

Na entrada lateral do cemiterio da parroquia de Santa María de Macendo, vese un sartego e na cabeceira do mesmo un busto de pedra dedicado ó  que foi natural e veciño da Parroquia D. Antonio Rodríguez Estévez. Os veciños de Macendo quixeron dedicar este sartego e este busto –feito por un escultor de Vigo-, ó home que sendo coronel de Artillería e vivindo en Madrid non  se esqueceu da súa xente e veu para mellorala en todo o posible.

O Coronel nace no pobo de Fondodevila o ano 1898, leva a cabo unha importante carreira militar, vivindo en Madrid. Retirado da vida militar ven a facer numerosas visitas a Macendo, percorrendo a Parroquia e participando en moitas  melloras. No ano 1953 está en Cartelle cá melloría da estrada, no ano 1955 na instalación da luz eléctrica, e no 1956 na inauguración da casa-escola na Hermida.

Con grandes ilusións  e esperanzas para Macendo entra como alcalde no Concello de Castrelo de Miño no ano 1963 onde permanece ata o  1968. Por estes anos sesenta teñen lugar as grandes granizadas nas que se perde a colleita do viño e trae a miseria os veciños, el consigue axudas económicas e da traballo, sobre todo na  construcción  da estrada.

Esta  estrada dende Astaríz o Palmeiro foi un esforzo enorme no que tivo que poñerse a fondo para conseguir diñeiro e tamén ante a oposición forte dos veciños –sobre todo os de Freás-, que vían perder os eidos e viñas, entón o seu único medio de vida. A estrada dada a grandeza da obra –para aqueles tempos-, ven merece outro artigo.

O Coronel débenselle outras moitas melloras  reparación da capela de Santa Bárbara, a escola da Hermida –hoxe abandonada-, a luz eléctrica – nas festas do ano 1955-, a medida da ola de viño, que en Macendo era de 17 litros mentres que no Ribeiro era de 16  medio… conseguiu permisos para os quintos, pero sobre todo encheu a xente de ilusións e de esperanzas.

Nos anos de alcalde comezaron as diferencias cos políticos da Ribeira, que querían impoñer as súas ideas, que o le vou a deixar a alcaldía o cabo de cinco anos.  En Macendo fíxose este cuarteto

MACENDO TU SERÁS GRANDE

Y TE SABRÁS DEFENDER

CONTRA ENEMIGOS DE ABAJO

AUNQUE VAYAS CON FERRER.

Boa parte do tempo como alcalde viviu en Freás con unha compañeira que veu de Madrid  pero pasaba moito tempo en Fondodevila cá familia. Deixada a alcaldía pasaba largas tempadas en Madrid e foise retirando e perdendo amigos, morrendo os 75 anos.

Un  fillo, xa morto o Coronel, apareceu un día por Macendo,  mercou unha casa en Fondodevila, pasou aquí as vacacións algúns anos. Un neto do coronel vive en Ribadavia.

FOTOGRAFÍAS de Rita Raña: coronel na academia militar, o coronel, coronel e mozos.  Cartela e sartego.

LUIS   DE   ALBÍN.