CASTRELO INFORMA

http://macendo.blogspot.es/img/concello7.jpeg

 

Os do Concello queren matar dous paxaros dun tiro.

Foi distribuido os veciños, días atrás, un libro con tofografías a tado cor, informando de todo o que fixo perante o mando da actual corporación, é como estamos nas vísperas das eleccións municipais, véselle a primeira ou segunda intención.

 

O contido do libro, divídese en varios apartados: información municipal,turismo, benestar, obras e infraestructuras, cultura, emprego, formación e deporte. Coido que non se lle esqueceu nada.

 

Por comentar algún apartado, farei mención do titulado MEMORIA DE CASTRELO, polo interés especial para os veciños que viven fora, e que viven tamén das lembranzas. Para poder ver tódalas fotografías  debedes de entrar en www.memoriadecastrelo.org

 

http://macendo.blogspot.es/img/concello8.jpeg 

Tamén quero comentar un recadro que aparece no xornal «La Voz de Galicia», dando coñecemento dos concellos máis aforradores de Galicia. O de Castrelo quédalle no caixón a cantidade de 1.114.234 Euros. Se queren gastalos, dóulle o meu parecer:

 

FACER UNHA ENTRADA DE COCHES, PARA AS VIVENDAS DOS VECIÑOS DA MOREIRA DE ALBÍN

 

EMPEDRAR A AIRA DE ALBÍN, TAL COMO ESTIVO NOS MELLORES TEMPOS.

 

REPARAR O CHAN E AS PAREDES DA CAPELA DE SAN ANTONIO DE ALBÍN, QUE TEN O RETÁBULO MÁIS ANTIGO DO CONCELLO.

 

Como feito todo esto aínda va sobrar cartos, darlle unha axuda o Presidente Zapatero, para que non teña que ir pedirllos os chinos.

 

LUIS DE ALBÍN.