DOMINGO DE RAMOS

A mañá, as once, no fixo falta madrugar, tivemos a misa e bendición de ramos. Foi un día de sol. Todos chegamos contentos o adro, co noso ramiño de loureiro, e alí diante da porta principal da igrexa parroquial, D. Delmiro botóunos a bendición. Logo tivemos a misa.

http://macendo.blogspot.es/img/ssanto009.jpeg 

 

Pasámolo ben, i eso que os veciños lembran tempos de antes, en que viñan con grandes ramos adornados con frores, que eran colocados o redor do altar, no chan. Os que se lucían por ser os máis grandes, eran os veciños do pobo de Ramiras. Había procesión ata o cruceiro, que agora non pode ser, pois o cura ten que atender varias parroquias.

http://macendo.blogspot.es/img/ssanto010.jpeg 

 

O rematar a misa pasamos o pendello, que está a saída do adro, onde fai anos se puxaban os lacóns, pola festa do S. Antonio. Alí os do Concello invitáronnos a uns ¡Pinchos¡ compostos por cola-cao, leite, manteiga, pan, refrescos… auga…,

 

http://macendo.blogspot.es/img/ssanto011.jpeg 

 

 Pero había ¡Trampa¡, así son os políticos. A intención, con eso que se traen as mulleres da igualdade, era ver os homes con maldil posto, por eso a superconcelleira Rita, non dudou en darnos mandiles a feixes. E puxémolos diante de tódalas presentes. Non o crían. Pasámolo ben e todo foi broma.

 

http://macendo.blogspot.es/img/castrelofc.04.jpeg 

 

A tarde, a partir das cinco e media, celebróuse o derradeiro partido de futbol desta tempada. Foi contra o D. Loureiro, rematou como empezou, con empate. O Castrelo CF., tivo este ano unha tempada millor e queda pola mitade da taboa.

 

DE CANDO EN VEZ, VALE A PENA PASAR O FIN DE DEMANA EN MACENDO.

 

UN SAÚDO

 

LUIS DE ALBÍN.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

76 − 72 =